Cargando...

Deportes 10 Maio 2008

Xogámonos o pase ao Play-off !!

E como se adoita dicir nestes casos, temos que gañar polo civil ou polo criminal, asi que non queda outra, nada de clasificacións virtuais nin contos, temos que saca-los tres puntos na casa e toma-lo último partido fóra de Pontevedra coma un mero trámite. 

O Pontevedra C.F. xoga esta noite do sábado en Pasarón o seu derradeiro partido da liga regular 07-08 fronte a súa afección e contra o colista da táboa, o C.D. San Isidro, está claro que non podemos confiarnos, os xogadores deberán sair totalmente concentrados dende o primeiro minuto e nós estaremos alí con eles, atreveriame a dicir que de seguro o equipo rival estará primado, posto que hai moitos intereses ademais dos meramente deportivos para engancharse á cabeza da táboa e son moitos os que veñen apretando forte detrás, nunca tan desputada estivo unha clasificación para a fase coma este ano. Persoalmente agardo que haxa unha boa entrada no vello municipal de Pasarón, a directiva tivo o detalle de obsequiarnos a cada socio con outra entrada de balde para agasallar a un amigo ou a un familiar, e con iso acadar un magnífico ambente nas bancadas có cal poder presionar máis se cabe ao rival, ademais o espectáculo das tarxetas tamén promete.

O dito, non vos perdades o partido desta noite de sábado, non hai excusa de ningún tipo, xa podedes quedar coa pandilla para tomar unha cervexa antes porque de seguro o ambente nos arredores será xa de pre-fase, non quero que con isto semelle que hai demasiada euforia, pero os siareiros granates respostaremos unha vez máis á chamada do clube, agora tócalle ao equipo ser quén de clasificarse.

Chuzame! chuzame -

7 comentarios a “Xogámonos o pase ao Play-off !!”

  1. o 2008-05-10 ás 3.41 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    No te preocupes que hoy nos metemos.

    A ver si este año no dan el lamentable espectaculo del año pasado cuando empezaran a sacar las amarillas.

    Recuerdo que sacaron 2 tarjetas en un minuto a vazqez y dumast porque no querian sacar una falta, jaja. El árbitro pitando y el vazquez diciendole que no, jaja, fue muy bueno. Pero lo mejor es que le enseña la tarjeta a vazquez y dumast hace lo mismo.

    Saludos y hoy 4 a 0 con 2 de rifle ya veras

    Saludos

  2. o 2008-05-10 ás 4.34 pm 2.breogain dixo …

    Ola Brugal…

    ten por seguro que haberá lio de tarxetas hoxe outra vez, hai uns cantos xogadores apercibidos de sanción que asi que metamos un par de chicharros haberá “festival”..jajaja.

    un saúdo e a pola fase :)

  3. o 2008-05-11 ás 11.30 am 3.breogain dixo …

    pois nada, o Pontevedra venceu ao colista sen pisar demasiado o acelerador, victoria por 3 a 0 con goles de Javi “rifle” Rodriguez, Charles de fermosa vaselina e de Gato.Con esta victoria asegurámonos o segundo posto e polo tanto a seguridade de xoga-lo segundo partido da primeira eliminatoria na casa, particularmente unha fantástica nova para min que o dia do partido de ida estarei en Irlanda e non poderia estar presente en Pasarón.
    O sorteo da fase será o vindeiro luns 19 de Maio, daquela saberemo-los nosos rivais deste ano, ogallá teñamos sorte desta volta.

    A polo ascenso :)

  4. o 2008-05-11 ás 2.33 pm 4.deisler dixo …

    Este ano toca subir…
    Eu ainda non sei se poderei estar en Pasarón no play off,pero se non pode ser, espero poder achegarme o partido de ida, se non é moi lonxe…

    Saúdos !

  5. o 2008-05-11 ás 5.10 pm 5.Jorge C. dixo …

    Que grande.

    3-0

    Por culpa dos exames vou perder a oportunidade de defender o fútbol da nosa cidade!

    Tes un premio no meu Blog.

    Saúdos.

  6. o 2008-05-12 ás 5.26 pm 6.O Traveseiro dixo …

    Parabéns e moita sorte na fase de ascenso. A ver se hai sorte e tamén se clasifican o Lugo e o Fabril.

  7. o 2008-05-12 ás 9.33 pm 7.breogain dixo …

    Pois non estaria mal que xogaramos tres equipos galegos a fase de ascenso, unha mágoa o Ourense. E personalmente agardo todo o mellor para Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, o Depor a Europa e o Celta que se salve e non baixe, un histórico como el non merece estar en Segunda B.

    Saúdos granates :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image