Música 1 Setembro 2008
“In extremo”, folk-metal dende centroeuropa
Son unha referencia da música metal mesturada cós sons medievais máis antigos e remotos. In extremo (do latín "na fin ou no extremo") é unha banda alemana de folk-metal que xurdiu aló polo ano 1995, comezaron tocando en pequenos festivais medievais ao longo de todo o territorio alemán e pouco a pouco foron collendo sona en toda Europa, a súa música inspírase en melodias populares do Medievo que son interpretadas principalmente por gaitas, harpas, laúdes ou bombardas, pero tamén por outros instrumentos construidos por eles mesmos. A banda, que está na liña de grupos como Corvus Corax, Rammstein ou (salvando as distancias) Hedningarna, -aos cales tiven a oportunidade de ollar hai anos nun concerto que deron na Coruña- interpreta tanto cancións en alemán como noutros idiomas, latín, noruego, sueco ou mesmo galego-portugués medieval, a súa estética destaca polo emprego de vestimentas alusivas á época que inclúe tamén armaduras, fixádevos nas tatuaxes baseadas (supoño) en gravados célticos ou rúnicos, dicir tamén que este xénero do folk-metal ten un mercado impresionante en Centroeuropa, onde hai toda unha lexión de grupos que o practican.
O tema que vos traio aqui titúlase Liam e pertence ao seu disco Mein Rasend Herz, cabe destaca-lo fatástico son en directo que ten esta banda e a magnífica posta en escea, incluindo tamén a pirocténia que fai que os seus concertos sexan espectaculares, como estamos na semana previa á Feira Franca 2008 un pouco de música para ir quentando o fin de semana non está de máis, desfrutade do video e da fin de semana que nos agarda a tódolos pontevedreses e aos foráneos que nos han visitar neste venres e sábado.
chúzame -







o 2008-09-02 ás 8.13 am 1.Nel dixo …
Curiosa proposta. Vou ver se baixo algo deles e atopo tamén ese tema en galego-portugués. A estética é rompedora e parece que soan ben aínda que, por prexuízos, e coñecendo algúns precedentes, hasme dicir se non se sitúan en ambientes NS (lembrarás que se chegou a dicir algo parecido de Rammstein).
Que tal os hednirgarna ao vivo? Estes si que son tremendos.
o 2008-09-02 ás 11.38 am 2.Ulmo de Arxila dixo …
Oe, Breo, ese tema en galego-portugués non será a cantiga de Afonso X “Santa Maria, estrela do dia”? É que hai algun tempo escuitei que un grupo metal alemán fixera unha versión desa cantiga, e ao mellor tratava-se deste.
Tamén teño ouvido que algunhas destas bandas pecava de certa simpatia co neo-nazismo. En fin, supoño que, como en muitos casos, serán rumores que se estenderon inxustamente a todos os grupos.
Un saúdo
o 2008-09-02 ás 3.35 pm 3.breogain dixo …
Pois dos Rammstein algo tiña escoitado pero ao final quedou en nada, adoita acontecer con moitos grupos alemáns que de entrada xa son sospeitosos de coquetear có NS e todo ese mundiño, en principio e segundo teño lido e escoitado os In extremo e tamén os Corvus Corax (que tamén coñeceredes) foron sospeitosos destes temas pero coido que nada teñen que ver, agora, que parte do público que está ahí abaixo nese video poida pertencer aos ambientes NS pode ser, nunca se sabe, polo de pronto nos seus temas non falan de supremacia nin historias desas, somentes de historias épicas medievais, paganas e relixiosas… nada máis.
O tema ese en galego-portugués do que vos falo pois coido que si é algunha cantiga de Afonso X, pero non sei concretamente cal, pescudade algo na súa web e na rede a ver que atopades, e informade logo
por certo, achégase a fin de semana e con ela o ambente medieval en Pontevedra, eu vestireime de labrego como o ano pasado, pasarémolo en grande.
Saúdos
o 2008-09-03 ás 10.48 am 4.Ulmo de Arxila dixo …
Boa escolla a de vestires-te de lavrego, Breo! A ver se entre uns cantos armades unha boa revolta irmandiña
Non sei que pasa nestes últimos tempos, que as feiras medievais están a ter un auxe espectacular. Comezaron os de Riba d’Ávia e agora temo-las en Ponte Vedra, en Betanzos (unha feira preciosa, esta última, paga a pena visitá-la), en Corcubión, agora tamén en Vilalva… E falta fazia, pois, anacronismos á parte (que niso a xente non se fixa, nen falta que fai), xa era hora de que comezásemos a promocionar unha parte esencial da nosa cultura como é o mundo medieval. Adiante pois, e que o pasedes en grande!
o 2008-09-03 ás 3.07 pm 5.breogain dixo …
e esquéceste da “Festa do esquecemento” que coido fan na comarca da Límia, tamén o asalto irmandiño ao Castelo de Moeche, está ben todas estas festas que rememoran o noso pasado, é unha cousa boa non esquecernos de todo isto, sexamos castrexos ou sexamos celtas, o pasado está ahí e debelos conservar a nosa inmensa riqueza cultural.
E descoida que desfrutarei a tope da festa, agardemos que o tempo que temos hoxe non se repita o venres pola noite e mailo sábado.
Un saúdo
o 2008-09-03 ás 5.50 pm 6.breogain dixo …
por certo Nel
aos Hedningarna olleinos en directo hai uns dez anos no Coliseo de A Coruña, foi espectacular, daquela estreaban coido que o seu disco “Sagla Tën”, menudo concerto de son e de entrega do grupo, aqueles instrumentos inventados por eles, tremendo !!
Un saúdo
o 2008-09-04 ás 12.22 am 7.breogain dixo …
Ulmo
aqui tes toda a discografia completa dos IN EXTREMO en rapidshare por se queres escoitalos
http://www.taringa.net/posts/musica/1290310/In-Extremo-(Discografia).html
por certo, hai varios temas como Stella splendes, como poden ou Madre deus que teñen pinta de ser orixinarios do cancioneiro galego-portugués…investiga ti algo por ahí
un saúdo