Cargando...

Deportes 14 maio 2008

O textil español no ten quén o defenda

O xigante asiático irrumpe con forza na batalla das marcas deportivas, ou iso é o que semella á vista do contrato polo que a marcha chinesa Li-Ning equipará á selección española en tódalas súas modalidades deportivas para os vindeiros XX.OO. e Paraolímpicos de Pekín 2008. Esta marca que leva o nome do grande ximnasta chinés Li-Ning está tentando desbancar ás dúas grandes firmas de roupa deportiva Adidas e Nike, e que mellor escaparate que os Xogos Olímpicos a desputar no seu propio país. Li-Ning non é unha marca descoñecida no mundo do deporte, xa que dende hai anos que viste a varios dos equipos da N.B.A. norteamericana, o que si que non me agardaba era que acadaría un contrato có Comité Olímpico Español, pásome a explicar a continuación.

Entendo que Li-Ning é unha marca deportiva emerxente é ademais de China, polo tanto os prezos dos seus produtos é de supor que serán altamente competitivos, entendo tamén que coa actual crise económica non se pode andar a gasta-los cartos de calqueira maneira, pero inda asi, coido que o Comité Olímpico Español e por extensión o governo de España, deberían ter actuado cun pouco máis de visión de negocio e porqué non, de defensa dos intereses propios, sabedores de que na actualidade o único país que lle pode facer fronte ao mercado textil galego e español é o chinés, polo tanto non se debería facer unha insensatez como ésta e fortalecer inda máis ao teu rival.

Facendo unha similitude deportiva, ven sendo un caso semellante a aquel no que o Pontevedra C.F. deixou marchar a un dos seus principais xogadores que posteriormente foi a reforzar ao seu máximo rival na competición ligueira, o Rayo Vallecano de Madrid.

¿lembrádesvos?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “O textil español no ten quén o defenda”

  1. o 2008-05-14 ás 11.06 pm 1.Sísar dixo …

    Lo leí hace unos días Breogaín y le iba a hacer un post a esta noticia pero luego entre unas cosas y otras se me pasí. Coincido plenamente contigo. Me parece un error mayúsculo y de muy pocas miras. El deporte está para algo más que para hacer caja y puede ser un excelente escaparate de nuestra industria, sobre en la textil donde tenemos muy buenas marcas que enseñar por el mundo adelante.

    Es chocante ver como la histórica marca Kelme se debate entre la supervivencia o la venta (ahora mismo está intervenida) y nosotros llevando a una marca china.

    El ejemplo sí que no me ha gustado, no porque no esté de acuerdo sino porque no me parece apropiado. El otro día leía que la nueva primera dama francesa (si sí esa misma) solo viste marcas francesas en sus vestidos para proyectarlas internacionalmente. ¡cuánto hemos de aprender todavía!

  2. o 2008-05-16 ás 8.14 pm 2.breogain dixo …

    Ajá….

    Pode que o exemplo non sexa o máis indicado, pero a verdade eu tomeino como tal, non sei se saberás que este xogador (non quero da-lo nome) estivo dándolle voltas e máis voltas ao clube con que queria marchar e tal, chegouse a comentar de que non iria ao Rayo Vallecano porque era o noso principal rival na pugna polo ascenso, inclusive o mesmo xogador mercou a súas “carta de liberdade” cós seus cartos (ou quizais os do Rayo Vallecano) e durante uns dias non se soubo para onde ia, e logo saltou a sorpresa que foi maiúscula entre a afección granate, tanto prometer para logo reforzar ao noso competidor, foi un chasco moi grande. Agora, que pode que isto non sexa extrapolable ao tema sobre o que fixen o post, pero entendo que o governo español pecou de pouca lonxitude de miras e de non apostar polo textil propio, pero claro, a economía de libre mercado ten estas cousas e temos que aceptalas.

    Un saúdo Sísar

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.