Comentarios en Blogues pola língua

Por: Ulmo de Arxila
E iso que era asturiano. Seguro que ese homiño nen sequer tiña nocións de asturiano, pois de ser asi entenderia sen problema o galego. Que triste, meu Deus. Pero máis triste ainda é o feito de que haxa galegos que teñen esa mesma atitude.

Por: breogain
É triste, moi triste que teñamos que rifar por un idioma, é ben triste que nunha xuntanza da comunidade de veciños na que somos vinte persoas, teñamos que trocar de idioma porque un deles (aludindo á súa condición de asturiano) diga que non entende o galego e que ten que facer un enorme esforzo para entendernos, aluciante pero certo, a nosa administradora tivo que trocar de idioma e tamén moitos dos veciños que estabamos a falar porque ese home di que non nos entendia.

En fin…

Por: breogain
a min dame que algunha xente está a ver na língua unha arma política, se este ou aquel xornal se escreben en galego é que son nacionalistas ou están na órbita do nacionalismo, se esta ou aquela empresa se publicita en galego é que detrás dela hai un afiliado ao B.N.G. ou alguén do nacionalismo ou independentismo galego, non se pode pensar que hai detrás un galego que non rexeita do seu idioma, ou acaso os que falan en galego neste País son os nacionalistas? estase a cometer ese erro e moitos dos comerciantes cecais non queiran da-lo paso por temor a iso, a que os confundan có que non son.

Un saúdo

Por: Ulmo de Arxila
No da rotulazón, os empresários funcionan por inércias. Levan toda a vida rotulando e anunciando en español, inconscientemente muitas vezes. Cando surxe a posibilidade de faze-lo en galego, o de sempre: o sentimento de ameaza e de desconcerto. E xustifican-no sempre igual: é que non vende (que terá que ver o idioma do rótulo coa calidade dos produtos que se venden???), é que non se vai entender (o 90% dos galegos entenden o galego!!!), etc. etc. A min soa-me a escusas.

Como as que dan os xornais para non publicaren-se en galego. Unha vez escuitei o director de La Voz de Galicia (por suposto, coincidindo cun Dia das Letras Galegas) lamentando-se de que “oxalá algun dia podamos editar un xornal integramente en galego”. A pelota está no seu tellado, mais non fan máis que tirá-la fóra.  Parece como se agardasen a ter unha sociedade 100% alfabetizada en galego para dar o paso. E non se queren dar conta (porque non lles convén) de que a direczón é xustamente a contrária, de que o galego está a perder-se a velocidades vertixionasas sen que a ninguen lle importe e que eles, que deverian desenvolver un papel fundamental para corrixir a situazón, son uns dos principais responsáveis. Pero claro, con publicar un suplemento de cultura en galego xa limpamos a consciéncia, e deica outro ano…

Por: breogain
Eu no tema das subvencións son da opinión de que non se deberia subvencionar nin por facelo en galego nin por facelo en castelán, cada un có seu negocio privado pode facer o que lle veña en gaña, por suposto que non vou negar a maior, gostaríame que houbera máis comercios rotulados en galego, por suposto que si, pero de ahí a multar por rotular en castelán como en Catalunya ou subvencionar ao que o faga en galego e non en castelán non estou dacordo. Cada empresario pode te-las súas propias conviccións, ogallá aqui a xente estivera máis concienciada do que agora mesmo está e rotulara de “motu propio” pero para chegar a iso inda resta un bo treito, e agora mesmo como digo, ao empresario interésalle a súa conta de resultados, non o idioma no que se traballe.

Un saúdo a todos

Por: Sísar
Absolutamente dacordo con todo o escrito no artigo por Breogain, punto por punto.

Co que non estoy dacordo (e refírome o recente anuncio sobre o galego nos comercios)e con non conceder subvecions a que rotule noutro idioma. E estas subvecions son de axuda o empregeo e demais, nada que ver. Antes se puñas o letreiro en galego o a documentacion da empresa tamén en galego tiñas importantes subvencións. Claro que se pode mellorar pero o de impoñer e propio doutras épocas.

Un saúdo

Por: Ulmo de Arxila
Boas, Breo. Antes de nada, o meu coñecimento do idioma non é nada do outro mundo, simplesmente son cousas que che van quedando de estudar durante os anos da carreira. No dos políticos tes toooooooooooooooooooooooooooda a razón; e é unha das nosas batallas particulares. A ver, eu apoio a todos eses falantes que, expresando-se toda a vida en español, deciden pasar-se ao galego. Certamente son un exemplo, e ainda que non falen o galego con toda a corrección coa que o fala un galego-falante de sempre, hai que apoiá-los e animá-los, cousa que poucas vezes se fai.

Outra cousa é a xente que non é consciente de certas obrigas que leva aparellado o seu cargo, e que non se molestan o máis mínimo por coñecer algunhas normas básicas do galego: a colocazón dos pronomes, por exemplo. O de Touriño é sangrante, o de Feijoo, como dizemos por aqui, “chéjalle ben”… e Quintana… pois en fin, vai-se salvando.

No do galego e o portugués coincido no esencial con Breo. Persoalmente considero que son variantes dun mesmo sistema lingüístico, e que haveria que ir adoptando devagar a ortografia do portugués, mais MANTENDO SEMPRE as particularidades LÉXICAS, SINTÁCTICAS e por suposto FONÉTICAS do galego. Unha cousa non quita a outra. Non pensemos que por escreveremos  en vez de  imos pasar a pronunciar “à lisboeta”. Pronunciaremos à galega, mais cunhas mínimas mudanzas ortográficas, un mínimo esforzo que nos pode traer imensas compensazóns (a internacionalizazón do galego, por exemplo, que xa non é pouco).

Sempre é un prazer poder falar destes temas nunha ágora tan xeitosa coma esta! Un saudiño para os seareiros todos da Ponte Vella.

Por: breogain
Eu entendo que haxa trocos nas normativas…..é algo normal e como tal témolo que ollar, eu non vou meterme en discusións lingüisticas de alto nível coma vos (fiquei abraiado do voso coñecemento do idioma,en serio)máis o que si podo afirmar é que un idioma senón evoluciona morre, e como tantos idiomas o galego está obrigado a evolucionar para sobreviver, estou con Julio en que o galego tivo unha época (non sei se na actulidade) de achegarse ao castelán, lembro cando trocaron primaveira por “primavera” e penso que tampouco era correcta o vocablo “estrela” e algunha máis, prefiro sinceiramente que a evolución sexa cara ao portugués, sempre sendo diferentes, porque penso que inda que saimos dun tronco común na actualidade non hai porqué voltarse a xunguir nun mesmo idioma, está claro que a povoación de fala portuguesa é inmensa e iso pódenos abrir portas tanto culturais como económicas, pero coido que estou no certo cando digo que debemos estar separados como dous idiomas diferentes, inda que teñamos moitas semellanzas, e fálavos unha persoa que acredita na normativa de galego de mínimos…

Outra cousa que quero comentar, non vos parece que os primeiros que deberian dar exemplo son os políticos e ás veces dan un espectáculo lamentábel cando falan? estouvos a falar por exemplo do noso presidente Touriño, ás veces pítanme os ouvidos cando escoito a este home, penso que ate o sr. Feijoo fala mellor, de Anxo Quintana pouco podo dicir, penso que tamén poderia mellorar inda que non fala mal de todo.

Un saúdo aos tres

Por: Ulmo de Arxila
Nel, pode-se dizer máis alto pero non máis claro.

Saudiños

Por: Nel
Exactamente é como di Ulmo. “Avogado”, “marabilla” e, en xeral, o uso do b e do v responde á etimoloxía latina. No castelán non é así. Hai unha palabra paradigmática: “móbil” e os seus derivados. Julio, como se escribe en francés, italiano, inglés, catalán, portugués….? E en castelán? O do te e o che quedou tamén ben explicado.

O galego, como todos os idioma,s necesita unha norma estándar e esta faise con criterios lingüísticos. O castelán ten unha tradición escrita moi asentada e non hai cambios nin actualizacións como no galego mais estas reformas danse mesmo en idiomas tan potentes como o alemán, e vaia lío que se armou alá hai 3-4 anos, ou agora en Portugal máis do mesmo.

Saúdos