Cargando...

Actualidade & Galiza 17 maio 2008

Poesia contra a ignorancia…

DEITADO FRENTE Ó MAR...

 

Língua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura áceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque si, porque me gusta
e quero estar cós meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra língua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

 

Extracto de Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Un comentario a “Poesia contra a ignorancia…”

  1. o 2008-05-20 ás 10.36 am 1.maruxa dixo …

    Bonito poema reivindicativo da nosa lingua !!

    O triste é que dende moitos ámbitos da vida social a defensa do galego se faga porque está de moda,por facer un lavado de cara,pq o contrario sería políticamente incorrecto…e non por conviccións reais.Logo non podemos estrañarnos de que dentro do ámbito familiar o seu uso sexa residual na meirande parte dos casos.

    A única forma de defender o galego é usándoo.E non vale a falacia de “soy tan gallego como el que más”,iso sí, hablo castellano.O pasado domingo en Santiago de Compostela milleiros de galegos e galegas defendemos o dereito a vivirmos en galego pq é de xustiza que se cumplan as leis de normalización, e é paradóxico que nun país cuxa lingua orixinal sexa o galego, teñamos que reivindicar poder vivir na nosa lingua con normalidade cando xa debería ser así de xeito natural.

    Respeto a liberdade individual de cadaquen,pero esixo que se respeten en igualdade de condicións os dereitos lingüísticos da poboación galega que libremente decide vivir na súa lingua, e non se lle poñan atrancos no eido laboral,na xustiza,…etc.onde a día de hoxe danse situacións de discriminación por falar galego máis propias de épocas pasadas.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.