A feira de Cuspedriños (Cotobade)

A pasada fin de semana achegueime a Cuspedriños, unha aldea do concello de Cotobade, as poucos quilómetros de Pontevedra, e por se algún de vós pensa que estou a contar un conto, direivos que Cuspedriños é tan real como o Quinto Pino (A Coruña). Éste foi o seu segundo ano que se celebraba, e puiden comprobar persoalmente que a recuperación dunha das feiras de gando máis importantes desta zona foi todo un éxito, celebrábase aló polo mes de Nadal e nos seus pendellos un podia desgustar calqueira produto gastronómico, dende chourizos, callos ou calqueira postre, até viños e licores de todo tipo, paseando por aquel mercado que se asemellaba moito ao que se facia aló polos anos 60, onde os tratantes de gando vendian bois, cabalos, ovellas ou carneiros. Na feira habia moita xente ataviada con roupas da época, incluso puiden subir a unha reliquia do transporte colectivo, un autobús propiedade da empresa Cuiña e que databa coido que do ano 1956, unha marabilla. Por suposto e como non podían faltar, ademais da gastronomía tamén participaron os artesáns do coiro e mesmo de instrumentos musicais tradicionais, alí estaban os luthiers de Os Alegres de Pontevedra, cós seus charrascos, pandeiretas e bombos ao carón das zocas e das figuras de forxa fermosamente elabouradas.

En resumo, un domingo para desfrutar en compaña, tomando un viño e unha ración do polbo á feira nun ambente de festa e de alta montaña, segundo puiden comprobar no programa que repartían, o sábado houbo guateque pola noite e o domingo diversas actividades para os máis cativos. A feira de Cuspedriños foi recuperada pola concelleira nacionalista Lina Garrido, a encargada da área de Promoción Económica e Turismo do Concello de Cotobade e coa colaboura da Conselleria de Medio Rural, que todo hai que dicilo.
Para o vindeiro ano achegádevos por alí, seguro que non vos defraudará.







o 2008-05-20 ás 6.16 pm 1.Julio Torres dixo …
Moi boa nova.
Sobre o dos lugares, teño unha amiga que era do 5º Pino, concello de O Pino. As bromas, loxicamente, estaba a orde do día, trala pregunas “¿onde vives?”
Por certo, tamén existe Villadiego, en Burgos.
Non sei se Villarriba e Villabajo tamén…(coido que estas dúas non)
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
o 2008-05-20 ás 9.34 pm 2.Ulmo de Arxila dixo …
Que envexa Breo! Moi boa pinta tiña esa feira.
O do Quinto Pino é a primeira noticia que teño. De Cuspedriños xa sabía, e é un topónimo moi simpático porque non significa outra cousa que “curros de pedra” (CURROS PETRINEOS > *Curspedriños > Cuspedriños).
Un saúdo!
o 2008-05-20 ás 10.25 pm 3.breogain dixo …
Pois efectivamente, algo tiña escoitado de que por ahí ian os tiros do significado do topónimo de Cuspedriños, a verdade é que o sitio é fermoso, unha vez pasado o centro de San Xurxo de Sacos (dirección Ourense)hai un desvio á dereita para Cuspedriños, dende alí son un par de quilómetros e chegas a un pequeno povo cunha igrexa ben xeitosa no medio, alí tiñan varios pendellos con artesáns mostrando os seus traballos, o mercado restaurado (todo o armazón era de madeiros grandes, moi chulo) habia un curro e por suposto moitos postos de gastronomía, íanseme os ollos aos chourizos, cacheiras… a cabeza có arrecendo dos callos e os chourizos asados,ummm, unha marabilla.
Para o ano repetirei a experiencia, alí apoiado na barra dunha tasca tomando unha cunca de ribeiro (o meu colega barrantes) e escoitando o son das gaitas e o rebulbio da feira
Un saúdo