Deportes & Pontevedra 22 Maio 2008
Metidos de cheo na fase de ascenso
Un ano máis -e non perdín a conta, non vaiades pensar- o Pontevedra C.F. e por extensión toda a nosa cidade está metida de cheo no soño de subir á Segunda División A, a chamada Liga BBVA, nome éste que non ven sendo máis que un invento de tantos desta sociedade mercantilista e consumista na que vivemos. Pois ben, como vos comentaba, o pasado luns dia dezanove foi o sorteo dos emparellamentos e ao conxunto granate tocoulle en primeira rolda a A.D. Ceuta, un rival cuns números moi semellantes ao cadro pontevedrés, pero que nin de lonxe era o favorito das quinielas para este sorteo, segundo a votación que fixemos no foro non-oficial do Pontevedra C.F., o rival desexado por todos era o Zamora, un desprazamento máis ben curto e no que a marea granate de seguro estaria apoiando en masa ao noso equipo. Pero agora o que toca é o Ceuta, o partido será o vindeiro sábado 24 pola noitiña, retransmitido en directo por Localia Pontevedra, eu non estarei alí para ollalo en directo nin tampouco aqui para escoitalo pola radio ou ollalo por Localia, a esas horas da tarde-noite supoño estarei nalgún pub de Dublín tomándome unha pinta de Guinness e pode que teña que atura-lo festival de Eurovisión, -xa que os irlandeses tamén levan un friki deses-, asi que deixei aviso ao amigo Andrés Milleiro para que me teña ao tanto do resultado do partido, no de volta xa estarei pola casa e se pasamos xogaremos contra o vencedor do Girona-Barakaldo, unha boa viaxe esa á cidade basca de Barakaldo, pero iso é outro cantar e non imos a poñer o carro diante dos bois, non vaia se-lo conto como noutros anos e por tanto falar...
Ogallá teñamos sorte e academos un bo resultado na ida, tódolos socios e siareiros granates estamos có equipo e polo que contan a cidade e mailas súas institucións tamén se comezan a mover, estes dias haberá varias roldas de prensa para informarnos de iniciativas por parte do comercio e a hosteleria da cidade, o clube polo de agora informou que os prezos para o partido de volta serán os mesmos que os do ano pasado, asi que xa sabedes, a enche-lo municipal de Pasarón.
Sorte granates !!!
chuzame -







o 2008-05-23 ás 2.28 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …
Aúpa Ponte Vedriña! Os meus mellores desexos de parte dun deportivista de pro.
E para o ano que vén, Ponte Vedra-Celta!
o 2008-05-23 ás 3.35 pm 2.Brugal con Cola dixo …
SUbimos???
Ome Claro!!!
Como no subamos…
Por cierto pásalo bien en tu viaje!!
Saludos
o 2008-05-23 ás 6.22 pm 3.breogain dixo …
eu teño boas vibraciós e coido que este ano pode ser o do arelado ascenso a 2ª división, o máis importante agora é traer un bo resultado de Ceuta e aqui rematalos, supoño que para o partido da casa estará recuperado o “capi” vázquez e o campo estará cheo, eu por se acaso xa teño a miña entrada dende hai un par de dias, non vaia se-lo conto.
Un saúdo a todos e sorte aos granates en terras norte-africanas
o 2008-05-23 ás 9.17 pm 4.deisler dixo …
Eu tamén penso que este ano toca…a Ceuta non irei,pero á volta en Pasarón procurarei non faltar.
Disfruta de viaxe,breogain, e xa sabes…queremos fotos !
o 2008-05-24 ás 5.39 pm 5.Julio Torres dixo …
Coido que este ano ascendemos. Coinicido.
Un saúdo a tod@s desde Sanxenxo
Carpe Diem