Caixón de xastre &Fotografía 29 maio 2008
Unhas vacacións en Dublín I (Epílogo)
Xa estou de volta, antes de nada dicirvos, que a viaxe en avión directamente dende o aeroporto de Santiago de Compostela dura algo menos de dúas horas, polo tanto é un traxecto relativamente curto e que pasa nun abrir e pechar de ollos, do que si veño canso é de patear toda a cidade de Dublín, unha cidade cun perímetro abraiante, non pode ser menos nun sitio onde practicamente non hai edificios de máis de catro ou cinco alturas, o punto máis alto debe de se-lo Spire, un monumento no centro da cidade que ten 150 metros de altura, o segundo punto máis alto coido que será o "Gravity bar" da fábrica de Guinness.

A cidade de Baile Átha Cliath, -que é o nome que recibe Dublín en língua gaélica-, semella un museo ao aire libre, ten infinidade de cousas que ollar, polo tanto nos tres dias que estivemos alí poidemos contemplar parte delas pero non todas, posto que a excursión que tiñamos pensado facer ás aforas non puido ser por falla de tempo. O que destacaría principalmente da cidade é a amabilidade das súas xentes, en varias ocasións achegáronse canda a nós para ofrecernos a súa axuda na pescuda dalgunha rúa ou lugar que estabamos a localizar no mapa, tamén destacaria o feito de que Dublín ten que aturar un vento forte e persistente ao longo de todo o dia, algo que semella non preocupar moitos aos seus habitantes, posto que a maioria da xente ia en mangas de camisa e as mulleres mesmo en chanclas ou sandalias un sábado de madrugada, algo impensable nestas latitudes a 12 ou 13 graos e con ese vento. Dublin é unha mestura de razas e nacionalidades e iso refléxase por exemplo nos restaurantes que podemos atopar polas rúas, libaneses, nepalíes, indús, iraníes, polacos... polas rúas practicamente so atopabas xente xove, a media de idade é duns 25/30 anos e iso nótase por exemplo nos parques, na grande cantidade de xente que circula en bicicleta ou en calqueira pub, ateigado de xente calqueira dia da semana, e cando falo de calqueira dia refírome a luns e martes, e iso que eles madrugan moito, pero a súa pinta no pub falando cós amigos, ollando un partido de hurling ou as carreiras de cabalos ninguén llo pode quitar.
Polo de agora nada máis, nos vindeiros dias irei poñendo algunha foto e contándovos algo máis da miña experiencia na capital de Irlanda, pero para ir abrindo boca botádelle unha ollada á miña galeria de flick-r, xa teño colgadas algunhas fotos.







o 2008-05-29 ás 11.20 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Os U2 están a piques de construir unha torre na zona do porto onde queren meter os seus estudos, a piques de ser derrubados?
viches o Clarence Hotel? É dos U2, penso que está ao carón dun río…
o 2008-05-29 ás 3.00 pm 2.breogain dixo …
Pois habia uns cantos hoteis ao carón do rio Liffey, que é o que divide a cidade de Dublin en dúas partes ben diferenciadas, na parte norte están os barrios máis humildes e obreiros e na sur atópase a clase máis acomodada, coas súas casas de estilo victoriano.
A verdade non sei se algún dos hoteis era o Clarence, buscareino no google hearth pois se andiven por ali, pero pode ser, de tódalas maneiras quedáronme algunhas cousas por ollar, como os estudos de U2 que ti me comentaras ou o cárcere de Kilmainham Gaol onde estiveron Éamon de Valera e os derradeiros presos do I.R.A.
Un saúdo
o 2008-05-30 ás 10.13 am 3.Ulmo de Arxila dixo …
Mi má, Breo, que pasada de fotos! Encanta-me a que tes coa bandeira galega diante da fábrica de Guinness. Dá gosto contar cun viaxeiro coma ti, que sempre leva o País alá onde vaia!
Agardamos expectantes as tuas novas crónicas. Un saúdo!
o 2008-05-30 ás 11.01 pm 4.Julio Torres dixo …
Alégrome que todo fose ben. Benvido!!
Un saúdo, amigos
Carpe Diem
o 2008-06-03 ás 1.20 am 5.Rick dixo …
El Clarence es uno que estaba en el lado del Temple Bar, al lado del rio, que tenía el último piso (una buhardilla) de color verde. 3000 € la noche, casi ná.
Se me olvidó comentarlo, pero para ir de viaje recomiendo la sguias del Lonely Planet, son acojonantes: nosotros con la de Irlanda no necesitamos nada más…
o 2008-06-03 ás 9.33 am 6.breogain dixo …
Graciñas Rick, o de Lonely plantet xa o coñecia das reportaxes da televisión, magníficos reportaxes sen dúbida, pero non se me ocorreu coller unha guia desas, pillamos unha na oficiña de turismo de Dublin que para valer 6 euros non estivo nada mal, axudounos bastante.
Un saúdo e graciñas