Cargando...

Deportes 1 Xuño 2008

Dia crucial para o Pontevedra C.F.

Hoxe é un dia crucial para o futuro máis inmediato do Pontevedra C.F., nunhas poucas horas, en concreto ás 19:00 horas deste domingo que semella amencer apacible e sen ameaza de choiva, o equipo da capital do Lérez xógase o pase á seguinte eliminatoria da fase de ascenso á Segunda División A.

Nun dia coma hoxe venme á lembranza aquel fatídico dia da eliminación có Córdoba, despois de que nos remontaron un 2-0 ao noso favor no primeiro tempo, con isto non quero ser cenizo nin chamar á mala sorte, pero non está de máis lembra-los erros pasados para non voltar a cometelos, polo tanto hoxe, tanto os xogadores coma os siareiros granates temos que sair concentrados ao 200% e creer nas nosas propias posibilidades, non busquemos excusas de si Bonnis, Igor ou mesmo Fran Rico van ou non xoga-lo partido, có que temos haberá que sair a por todas e iso é o que imos facer. Polo que puiden escoitar e ollar nos pasados dias, haberá unha magnífica entrada no municipal de Pasarón, mesmo rozaremo-lo cheo con esa nova bancada de tribuna que hoxe estrenarán os máis distinguidos socios granates, eu pola miña banda farei o ritual de tódalas fases de ascenso, despois do xantar achegareime coa miña confraria a tomar unhas cervexas á praza da Verdura, para dende alí e en compaña de tódalas peñas granates, baixar xuntos cara ao estadio e animar dende a bancada de norte ao noso equipo unha vez máis.

Agardemos que hoxe superémolo primeiro chanzo cara ao ascenso, estou seguro que asi será.

Chuzame! chuzame -

9 comentarios a “Dia crucial para o Pontevedra C.F.”

  1. o 2008-06-01 ás 2.28 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Apuesto por un 3 a 2 con goles de Charles, Rifle y Sergio Castaño. Sufriremos pero pasaremos. Cuidado con los últimos minutos.

    Vamos Pontevedra!!

  2. o 2008-06-01 ás 2.51 pm 2.breogain dixo …

    eu asinaba ese resultado que comentas, ogallá xoguemos concentrados e tamén (porqué non) teñamos un chisco da sorte que nos faltou contra o Córdoba e mailo Sevilla B, este ano é o do ascenso, á terceira vai a vencida.

    Desfrutemos do partido, un saúdo Brugal :)

  3. o 2008-06-01 ás 6.09 pm 3.Julio Torres dixo …

    Veña Pontevedra HAI QUE ROER ÓS CEUTIES!!

  4. o 2008-06-01 ás 9.37 pm 4.Julio Torres dixo …

    brrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr!!!!

    Temos a maldición da primeira eliminatoria. Desde que se implantou este sistema non pasamos da primeira eliminatoria. A ver se co novo sistema do próximo ano hai máis sorte.

  5. o 2008-06-01 ás 9.39 pm 5.Luis dixo …

    Acabo de chegar a Pontevedra, e acabo de enterarme que o Pontevedra perdeu! Qué mágoa! E dixeron pola radio que ata houbo carga policial ao remate do partido! Espero que non fora nada…
    E nada, a ver se para o ano que ven temos máis sorte…

    De todolos xeitos creo que teñen que ver qué é o que acontece, non é normal que perdan sempre na fase de ascenso, e durante 3 anos consecutivos. Ao mellor teñen que preparalos psicolóxicamente pra os partidos.

    Un saúdo granate

  6. o 2008-06-01 ás 10.03 pm 6.Brugal con Cola dixo …

    que vergüenza tio…

  7. o 2008-06-02 ás 10.55 am 7.breogain dixo …

    lamentable, non ten outro calificativo, moitos millóns, campo novo, unha afección impresionante pero o equipo que un ano máis non deu a talla e ben o sabe Brugal con Cola coma socio, unha vergoña como di el, de verdade que onte sentin vergoña allea pola xente que (como algún amigo meu) non veu o resto do ano e onte tivo que aturar un espectáculo penoso e a actitude pasiva e sen pegada que tivo o conxunto granate.

    Xa haberá tempo para analizar todo isto, agora mesmo o único que teño é unha xenreira por dentro e unha impotencia como socio e afeccionado que dificilmente poderá ser “diluida” nuns cantos dias, é o terceiro ano consecutivo que esta xente non da a talla e non está á altura da súa afección e iso non llo podemos perdonar, levo anos de socio pero por primeira vez estou a cuestionarme se continuar séndoo o vindeiro ano, porque coido que non o merecen.

    Un aperta a todos

  8. o 2008-06-03 ás 9.19 am 8.Ulmo de Arxila dixo …

    Ante todo muita calma, rapazes. Agora escoce e estades anoxados, mais hai que mirar adiante, que este Pontevedriña non pode pasar muitos anos máis na Segunda B, por equipa e por afeizón.
    Muitos ánimos e deica a vindeira tempada!

  9. o 2008-06-03 ás 9.36 am 9.breogain dixo …

    Graciñas polas túas sentidas verbas Ulmo…

    Foi un pao grande, moi grande e que a afección pontevedresa non merece, xa quixeran moitos equipos de segunda división acoller nun partido a 10.000 siareiros entregados como os granates, pero iso agora non é xustificación algunha, agora hai que pensar no proxecto do vindeiro ano e face-las cousas ben, botar a máis de catro (incluido directivos) que hai no clube e planificar unha plantilla en condicións, xente con gañas, non mercenarios nin xente sen motivación algunha.

    unha aperta dende Pontevedra :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.