Música 5 xuño 2008
U2 dende os “quays” de Dublin
O amigo Andrés Milleiro, un apaixonado da música destes irlandeses, envioume hai uns dias este video que tedes a continuación, trátase do tema de sobra coñecido por todos beautiful day interpretado en directo pola banda irlandesa dende a azotea do Clarence hotel, un negocio da súa propiedade na cidade de Dublin. Andrés xa me manifestara en varias ocasións a súa afección por esta banda de rock, e tamén me instara a face-la rota de U2 na miña recente visita á cidade de Dublín,-onde son numerosas as referencias a eles que hai na cidade- pero por falla de tempo non puido ser, agora que puiden olla-lo video fágome máis ou menos unha idea de onde pode estar localizado este hotel de 5 estrelas, na zona que lle veñen chamando os "quays", os arredores do rio Liffey, polo tanto de seguro que pasei por diante de camiño á fábrica de Guinness. Son moitas as lembranzas que me veñen á cabeza ao ollar estas imaxes de novo, a ponte de ha'ppeny brigde, os autobuses de Dublin-bus nunha cidade de tráfico heavy, o vento tremendo que facia sempre na cidade ou esas casiñas baixas ao carón do rio Liffey.
Graciñas por lembrame todo isto Andrés !!
chúzame -







o 2008-06-05 ás 2.44 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
De nada oh
o 2008-06-05 ás 8.37 pm 2.breogain dixo …
e vendo as imaxes lembro tamén a amabilidade e a boa disponibilidade que tiñan sempre os dublineses, unha xente marabillosa sempre disposta a botar unha man ao forasteiro,menuda deberon montar nese concerto “improvisado” na azotea do Clarence non…? a xente pola rúa a pararse e case ao final do video pódese ollar que non eran poucos
un saúdo Andrés
P.D. por certo, agarda por ti empaquetadiño aqui o teu agasallo directamente dende Dublin, cando queiras ven por el