Cargando...

Deportes 3 Xuño 2008

Isto xa comeza a ser unha penitencia…

Citando ao refraneiro popular, o acontecido o pasado domingo ven sendo algo moi semellante a aquelo que di que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra, no caso do Pontevedra C.F. tres veces, porque somos asi de chulos, que para iso somos a capital da provincia.

Xa case que recuperado do tremendo pao da eliminación -as primeiras de cambio- do play-off polo ascenso á Segunda División A, inda non me podo explicar o porqué dese baixón físico e de xogo precisamente no partido decisivo e precisamente xogando na casa, respaldados por 10.000 persoas e con un resultado no partido de ida bastante favorable, ¿que foi o que fallou desta volta?, se cadra ¿temos unha plantilla sen ambición?, ¿porqué se agochan algúns xogadores cando chega un partido tan decisivo?, ¿porqué non saimos concentrados todo o partido?... preguntas que despois duns dias de reflexión terán que respostar Nino Mirón e a directiva do clube, as cousas cando se planifican mal adoitan sair peor, polo tanto para o vindeiro ano haberá que facelas a conciencia, o ciclo de Xabi Gracia está esgotado, cómpre unha remodelación profunda na plantilla, comezando polo adestrador e o preparador físico e continuando por algúns directivos e moitos xogadores que non deron a talla, sobre todo moitas das novas incorporacións. Que contraten xente con ambición e gañas de superarse e ascender, non a xente que por veterana xa está curtida e queimada e no ten motivación de ningún tipo.

Dende esta bitácora tamén quero destaca-lo xesto da vicepresidenta Lupe Murillo, que literalemente se partiu a cara polos que somos socios de norte cando nos veu a defender dunha actitude manifestamente agresiva, chulesca e de abuso de poder por parte das forzas antidisturbios da policia nacional, que para rematar cunha pequena trifulca entre dous socios da nosa bancada, non se lle ocorreu outra cousa que cargar contra todos nós a porrazos e con botes de fume... lamentable, ogallá tomen cartas no asunto e se depuren responsabilidades.

Ata o ano que vén -pese a todo o que está a chover-, alí estaremos unha vez máis para retira-lo noso abono de norte e apoiar ao noso equipo, en 2ª B ou onde faga falla.

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “Isto xa comeza a ser unha penitencia…”

  1. o 2008-06-04 ás 1.11 am 1.Nel dixo …

    Sinto a derrota e o ascenso frustrado, outro ano será. Sobre os antidisturbios, eu non espero nada. Esta xente está mal da cabeza e está para iso. xa que viñeron da Coruña querían ter vido a Pontevedra para algo e decidiron mallar a ostias á xente. Nin van ter que dar explicacións nin nada, teñen manga ancha (o porrazo que recibiu Murillo ao pedirlle o número de placa é ben significativo).

    En fin, xente que gaña o pan baténdolle á poboación non merece ningún respecto.

  2. o 2008-06-05 ás 8.34 pm 2.breogain dixo …

    A verdade é que o partido do Pontevedra C.F. foi unha auténtica lástima, unha vergoña que a finais da tempada e segundo segundos déramos unha imaxe tan penosa nun partido no que nos xogábamos a vida…en fin, agardemos que para o vindeiro ano se faga un proxecto en condicións en con plenas garantias, porque de verdade que por afección non nos merecemos estar na segunda división B.

    Do tema dos “monos” de azul pouco que contar e máis do mesmo, zoscándolles á pobre xentiña que non fixo nada de nada, pensando nisto venme á cabeza cando tamén lle daban no lombo aos vellos de Vilaboa nas manifestación contra a empacadora, tamén eran eles daquela uns elementos perigosos e violentos…

    señor que tropa !!!

    un saúdo Nel

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.