Cargando...

Deportes 6 xuño 2008

Fútbol, fútbol e máis fútbol…

Coido que a ninguén se lle escapará o feito de que ese fin de semana comeza a Euro-2008, ou o que vén sendo o mesmo, a Eurocopa de fútbol a celebrar conxuntamente entre Suiza e Austria dende hoxe ate o vindeiro dia 29 de Xuño, dia no que se xogará a final en Viena. Supoño que non fará falla dicirvos que son un grande afeccionado ao fútbol, e unha vez rematada a tempada do Pontevedra C.F. hai que atopar outro entretemento para o verán (aparte de traballar claro), polo tanto eu e outros moitos afeccionados a este nobre deporte do balompé desfrutaremos dunha voráxine de partidos e máis partidos ao longo de case un mes, a razón de dous por dia e en horario non-laborable (o segundo deles) magnífica hora polo tanto.

Personalmente, as miñas apostas para esta Eurocopa-2008 son Italia, Portugal, Alemaña e Holanda, é máis, unha das favoritas para gañar na final de Viena coido que pode ser Portugal, a selección lusa ten un equipazo e asi ben, se polo de agora sempre tropezou nos derradeiros partidos, coido que desta volta o equipo dos Deco, Ricardo Carvalho, Paulo Ferreira ou Nuno Gomes poderán traballar á perfección para un dianteiro en racha como Cristiano Ronaldo, que tentará se-la estrela desta competición e demostrarlle a todos que ben vale os cartos que piden por el. No tema da selección española pouco que dicir, sendo sinceiro, coido que será máis do mesmo, por moitos xogadores que haxa na Premier League o combinado español non acaba de atopa-lo seu sitio e moito menos cun adestrador cuestionado por todos como é Luis Aragonés, ogallá pasen de cuartos, inda que dubido moito que iso aconteza.

Por certo, cales son as vosas apostas ?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Fútbol, fútbol e máis fútbol…”

  1. o 2008-06-08 ás 5.13 pm 1.O Traveseiro dixo …

    A min gustaríame que a gañara Portugal, ou, no seu defecto, Holanda ou a República Checa. Iso por gusto persoal, co corazón, mais ca cabeza eu aposto por Alemaña, ou senón as clásicas Italia e Francia, que sempre chegan lonxe.

  2. o 2008-06-08 ás 10.33 pm 2.deisler dixo …

    Polo de agora non estou seguindo moito o torneo, cando cheguen partidos mais fortes supoño que xa estarei mais atento.
    Os meus favoritos son Italia e Portugal…ainda que ós alemans non hai que descartalos

  3. o 2008-06-09 ás 11.50 am 3.Ulmo de Arxila dixo …

    Pois eu, persoalmente, irei con Portugal (por razóns culturais e lingüísticas, e porque o Cristiano Ronaldo é un crack) e coa Suíza (polo Cabanas, que é o único galego do torneo). Asi e todo, eu tamén creo que os favoritos poden ser os italianos, que sempre están aí, e os alemáns.

  4. o 2008-06-10 ás 3.04 pm 4.breogain dixo …

    Polo de agora as miñas favoritas, Portugal e Holanda fixeron os, ate o de agora, mellores partidos do que vai de Eurocopa. Tremendo partidazo o da “laranxa mecánica” onte fronte á escuadra azzurra :)

    E hoxe xoga España, supoño que fronte a Russia non terán moitos problemas, o forte virá con Grecia.

    Un saúdo e desfrutade da Eurocopa :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.