Cargando...

Caixón de xastre 10 Xuño 2008

Unhas vacacións en Dublin II (cultura)

Se hai algo pon enriba de todo, que un forasteiro pode ollar na súa visita á capital de Irlanda son monumentos, o primeiro que nos chamaria a atención unha vez aterremos en calqueira das rúas do centro de Dublín son a infinidade de edificios e monumentos con historia que esta cidade atesoura. Se lle preguntamos a calqueira dublinés por algo que non poidamos deixar de ollar nunha visita duns cantos dias, de seguro que él respostaríanos que a Catedral de San Patricio, o Trinity College ou Castelo de Dublín, pero isto tamén depende da idade do interpelado, porque se falamos cunha persoa moza (son maioria nesta cidade) é moi probable que nos falara do Temple bar ou da fábrica de Guinness.

Un consello quérovos dar, Dublin é unha cidade para percorrer a pe, e ben cómpren alomenos tres ou catro dias para poder dicir que a visitamos a conciencia, no meu caso estiven tres dias, dos cales un foi domingo e quedáronme no tinteiro un par de cousas que quixera ter visitado, principalmente o cárcere de Kilmainhan Gaol, onde se rodaron escenas de películas como En el nombre del padre, e que ven sendo todo un símbolo para o nacionalismo irlandés na súa loita contra os ingleses, tamé ficamos sen visitar a fábrica do irish whiskey Jameson e unha visita a Glendalough, no Condado de Wicklow, unha paraxe natural moi fermosa á cal non puidemos ir por falla de tempo.

E logo, ¿que foi o que visitamos? Pois o Trinity College, a universidade máis antiga de Irlanda, fundada no ano 1592 e na que puidemos olla-la exposición do Book of Kells, o libro dos celtas, manuscritos dos que non puiden tirar fotografías, posto que en tódolos edificios que visitamos está prohibido o emprego de cámaras de foto e video, iso si, na maioria das visitas tivemos que pagar por entrar, o importe oscilaba entre os 8-10 euros por barba persoa. Tamén estivemos no Castelo de Dublin e os seus xardins anexos, nos que se celebraba o dia de África cun multitudinario concerto ao aire libre, na catedral de San Patricio, que data do ano 1191 e atopábase en obras, mala sorte, polas obras e por non poder tirar fotos dentro tampouco. Pasamos tamén pola Christ Church Cathedral e mailo museo Dublinia, que están un ao carón do outro na rúa St. Michael's Hill, a catedral é anglicana e unha das tres que hai en Dublin, tamén ollamos a Custom House, edificio éste impresionante.

Polo demais, pasear por unha cidade coma a de Dublin sempre é gratificante , o que máis nos pode chama-la atención é o tremendo vento reinante ao longo de todo o dia, tanto ten estar perto do rio Liffey como polo medio de rúas máis estreitas, sempre zoa o vento e moi forte, o tráfico é moi denso dende primeira hora da mañá -e logo queixámonos de Pontevedra- polo tanto hai que andar con moita precaución e ollar sempre á dereita -xa está indicado no chan- antes de cruzar unha rúa, de tódalas maneiras, os dublineses non fan moito caso dos semáforos. A oferta comercial é impresionante, hai unha chea de mercadillos coma o de George Street Arcade, tendas de roupa e música e por suposto pubs, pero dos pub's (public house) xa vos falarei nun capítulo aparte. Pasear por rúas como Grafton Street, Henry Street ou O'Connell Street é unha gozada, alí poderedes atopar calquer agasallos ou recordo que queirades traer da vosa visita, recoméndovos os almacéns Carrolls para mercar agasallos e os almacéns Penney's se queredes algo de roupa, son increiblemente baratos para os prezos de Dublin, pero máis barato todavia é sacarse unha foto con calqueira das estátuas que poderás atopar nas rúas do centro da cidade, como por exemplo a de Molly Malone ou a de James Joyce, por citar un par delas.

En resumo, non se pode dicir que se coñeza Irlanda por ter visitado Dublin, nin moito menos, pero foi un bo comezo para alguén coma min que nunca estivera ali antes, para unha vindeira ocasión agardo poder visitar algún lugar máis pequeno coma Kilkenny, Cork ou Galway, e poder estar en contacto coa Éire máis labrega, misteriosa e milenaria. Se estades interesados en visitar esta fantástica cidade podedes recopilar máis información na web Voy a dublin.com, un sitio moi interesante, con multitude de consellos e fotografias para planifica-la vosa viaxe á capital de Irlanda.

Por certo, se queredes ollar algunha foto máis, pasádevos pola miña galería de Flick R, pouco a pouco irei subindo algunha máis.

Chuzame! chuzame -

6 comentarios a “Unhas vacacións en Dublin II (cultura)”

  1. o 2008-06-10 ás 4.32 pm 1.Rick dixo …

    Una pena que no te diera tiempo a todo:Kilmainhan Gaol esta bastante bien, pero sobre todo por Glendalough, una maravilla que merece la pena ver.
    La fábrica de Jameson no me la recomendaron, asi que no fuimos, pq no había tiempo para ver todo…

    El Libro de Kells a mi me decepcionó, la verdad…

  2. o 2008-06-11 ás 3.05 pm 2.breogain dixo …

    Ola Rick

    A verdade é que quedoume pena de non ter visitado o cárcere de Kilmainham Gaol, o da Jameson era por se tiña tempo, pero na miña axenda antes que o whisky estaba a cervexa :)

    No tema do Book of Kells pois a verdade, non estivo mal, pensei que seria unha exposición máis currada, sen tantos murais explicativos e todo en penunbra que nin unha soa foto puiden tirar, e logo onde estaban os libros era xa totalmente escuro, case que tropezabas coa xente e por suposto tampouco nada de fotos, habia nun recuncho un garda alí en penunbra apostado, olleino cando fun sair daquela estancia, no tempo que estiven alí non me percibín da súa presenza, semellaba un pantasma axexándonos.

    Un saúdo :)

  3. o 2008-06-11 ás 10.03 pm 3.Julio dixo …

    Hummm xa teño ganas de viaxar, pero este ano non poderei. Irlanda debe ser un país moi bonito polo que contas. Sí, xa sei que Dublín, como dis, e so unha cidade, pero se Dublín é bonita o resto será igual ou incluso mellor. A zona rural, por exemplo.

    A parte, comparten moitas cousas en común con Galicia. Ah, por certo, teño unha amiga que foi a Dublín e acabou voltando e casouse e vive alí. Ela é de pobo de mar. Non sei agora o lugar exacto onde vive.

    Hai anos cando foi os seus pais tiñan medo, porque aínda existía os actos terroristas que, hoxe, coido que xa non hai ou polo menos polos mesmos motivos que antes.

    En fin, que ougallá poida un día visitar Irlanda. O malo vai ser o meu english basic. Jejeje.

    Un saúdo, amigo
    Ah xa vin varias das fotos túas en Irlanda. Menudos sitios hai….

    Carpe Diem

  4. o 2008-06-13 ás 3.05 pm 4.breogain dixo …

    Non vaias a pensar que eu controlo moito o inglés, máis ou menos funme defendendo falando de vagar e pedídolle a eles que tamén me falaran despaciño para poderlles entender ben, porqué falan moi moi rápido, pero vamos, que a pouco que saibas algo de inglés, inda que non constrúas as frases perfectamente, pódeste facer entender sen moitos problemas.

    Pois nada Julio, recoméndoche esa viaxe, desfrutei con ela moito.

    Un saúdo :)

  5. o 2008-07-03 ás 4.00 pm 5.Ulmo de Arxila dixo …

    Estou de acordo co Breo, con que saibas expresar-te medianamente ben en inglés xa vale, porque eles, ao daren-se conta de que és estranxeiro, falan muito máis a modiño e fan frases máis compreensíveis. Asi que veña, a viaxar pola Commonwealth adiante!

  6. o 2008-07-03 ás 8.09 pm 6.breogain dixo …

    Ulmo

    Unha viaxe da que gostaria moito facer seria ao Intercéltico de Lorient, na Bretaña, o ano que lle adiquen o festival á Galiza, este ano coido que en Agosto será adicado á Illa de Man, pero cunha grande e boa representación galega, entre os que estarán os Quempallou, grupazo galego do que teño que falar un dia destes… :) coñecín a varios dos seus intregrantes.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.