Internet 12 xuño 2008
Xuntanza de blogueiros pontevedreses
Pois nada, redundando unha vez máis no tema, e por se alguén inda non está ao tanto, o vindeiro venres dia 13, e a iso das 20:00 horas -supoño que un servidor chegará un chisco máis tarde- na cafetería Hippo da nosa querida Pontevedra, terá lugar o que uns deron por chamar a 1ª Xuntanza Planeta Pontevedra e outros demos por chamarlle a II beers&blogs Pontevedra, ao final tanto ten un nome coma o outro, pero eu case que me quedo có segundo, por aquilo de tomarlle unhas cervexas e algunha tapiña se cadra falando dos nosos blogues ou de calqueira cousa que nos pete, como rajar dos políticos locais, falar da folga do transporte ou da 65 horas semanais, xa veremos que acontece.
O dito, mañá dia 13 de Xuño do 2008 ás 20:00 horas, o blogomillo/blogosfera pontevedresa está chamada a está xuntanza na cafeteria Hippo para coñecernos e falar de cote, no meu caso será a primeira xuntanza blogueira á que vou asistir, asi que algo cortado estarei, pero non hai problema posto que xa teño un par de puntais de colegas, Andrés Milleiro e Manuls, dous "granates" coma min e residentes en Pontevedra que tamén asistirán a tan "magno" evento.







o 2008-06-12 ás 9.18 pm 1.Julio dixo …
Caray, que pena non telo sabido antes………..
Bueno, outra vez será.
Un saúdo, amigos
Carpe Diem
o 2008-06-13 ás 3.07 pm 2.breogain dixo …
Pois é unha mágoa, polo que puiden ollar na web de planeta pontevedra, xa estamos uns cantos anotados, asi que alomenos verémono-los caretos e tomaremos unhas cervexas, ou uns refrescos, iso depende de cada quén
Un saúdo
o 2008-06-14 ás 12.17 pm 3.breogain dixo …
Pois non estivo mal esta II beers&blogs de Pontevedra argallada pola xente de Planeta Pontevedra, xuntámonos seis blogueiros da nosa cidade e tomamos unhas cervexas acompañadas dunhas croquetas cojonudas (¿verdade? Manuls) e unhas patacas bravas moi bravas (¿verdade Andrés?)…. falamos (falaron) de tecnoloxia, trebellos e web’s, porque eu a verdade do tema non controlo demasiado, asi que dediqueime máis ben a escoitar e a ver se pillaba algo..jajaja, a min vaime máis o .txt, do demais pouco a pouco vou aprendendo, un pouco sendo autodidacta e outro pouco que lle vou preguntando a Milleiro
O dito, non estivo mal a xuntanza á que acodimos para botar unhas risas e coñecerno-las caras, o máis simpático é que dos seis, coñecíamonos tres por un lado e tres polo outro. Xa falando con Andrés á saida, lembreime de que non sacara ningunha foto para mostrarvos, asi que a única foto que tirei có meu móbil, -tan orgulloso que estou do meu Ericsson K750 e aquilo era o peorciño que alí habia- foi a deste trebello cojonudo, un Assus EEC PC un mini-ordenador guapísimo no que lle puiden botar unha ollada ao meu blogue gracias á wifi do Hippo, previa solicitude da contraseña, que o camareiro nos trouxo nun papeliño e que ocupada dunhas ringleiras (qué de números). Penso tamén que haberá por ahí un podcast en breve de Tortilladepatata.net falando do evento (ou un podcast, xa non sei)
Estivo ben, alomenos unha vez ao ano poderiamos repetila, para a vindeira que se apunte máis xente, que en http://www.planetapontevedra.com somos unha chea deles…non valen excusas, que eu cheguei tarde e coa língua fóra (viña do choio) pero alí estiven…
o 2008-06-14 ás 9.47 pm 4.Jorge C. dixo …
Boas Breogain!
Eu ó final non puiden ir… estaba nun momento destes de pura concentración memorística e non deixei de xapar..
pero habería que organizar unha neste verán, xa que seguro non viría mellor a todos.
Con respeto ó teu comentario no meu Blog, estou moi dacordo contigo, que optimismo teño moi pouco, máis se se escoitan as palabras dos veciños de salgueiriños, a seca, valdecorvos, etc…
santa clara… cuios veciños tiveron que pidir axuda a Telmo Martín para que o goberno escoite as súas demandas.
Noutros tempos, cun goberno do pp na alcaldía, teríamos manifestacións pedindo dimisións, pero eiquí a culpa a temos os que criticamos, non os que gobernan. E isto non é polo que me dixeches, senón porque é a verdade.
Unha aperta amigo