Cargando...

Actualidade &Historia 16 xuño 2008

Galicia pasa oficialmente a chamarse Galicia

Ou iso semella despois do manifestado a pasada semana pola Real Academia da Língua Galega, pois segundo eles o único termo oficial para referirnos á nosa comunidade autónoma ou nacionalidade histórica (que non rexión) será o de Galicia. Teño lido moito estes dias no tocante a este tema, que descubrín da man de Sísar, un blogueiro de Pontevedra.

Poderian escreberse rios de tinta falando do pros ou dos contras de chamarlle dunha ou outra maneira a Galiza, pero nin son lingüista nin tampouco teño gañas de enfrascarme agora en discusións, que como desafortunadamente calificou outro blogueiro pontevedrés, -no le importan al populacho-. Coido que si lle importan inda que non serei eu quén rompa unha lanza en favor dun ou doutro termo, máis o que si teño claro é, que como galegofalante emprego o termo Galiza por respecto á nosa historia e non por un ancello de sermos diferentes aos demais, como teño lido nalgún artigo. Se Galiza xa se empregaba no medievo, quén é a Real Academia Galega para non recoñecelo como válido aludindo a que é o termo máis empregado pola povoación nos derradeiros séculos, periodo éste cunha clara influencia do idioma castelán. ¿un País pode ter dous nomes en dúas línguas co-oficiais? pois por suposto que si, sen ir máis lonxe, -e posto que estiven ali hai un par de semanas-, fixádevos no caso irlandés, un país onde conviven dous idiomas oficiais, irlandés e inglés, Ireland é o topónimo empregado en inglés e Éire ou Poblacht na Éireann en irlandés gaélico, e alí non teñen nengún tipo de problema, o mesmo acontece con Alba=Escocia e moitos casos máis. Se o galego e o portugués proceden dun tronco común, ¿porqué en Portugal empregan o termo Galiza e os galegos teremos que emprega-lo termo Galicia de forma oficial unicamente?, considero moi inxusta esta decisión dun organismo que, deberia ter coma principal obxectivo o de xungui-las diferentes correntes a prol dunha ou doutra norma ortográfica que temos en Galiza, para asi acada-lo arelado consenso e facer máis forte o noso idioma, un presente tal e como o estamo-lo a ter non augura un futuro esperanzador para o galego.

Polo tanto, eu estou dacordo en que se empreguen oficialmente o termo Galiza para o idioma galego e o termo Galicia para o idioma castelán e plantexo tamén a seguinte cuestión. Se a única maneira -establecida por lei- que hai para referirse á toponimia galega é en galego, ¿Cal sería entón o vocablo a empregar para referirnos ao nome do noso País? penso que por esta regla de tres claramente teria que ser Galiza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 comentarios a “Galicia pasa oficialmente a chamarse Galicia”

  1. o 2008-06-16 ás 7.00 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …

    Para que vexas, Breo, que hai xentiña que se mete a falar de temas que se lle escapan por completo, aí che vai esta ligazón:

    http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/06/08/0003_6886893.htm

    Como diz meu pai: “Canta burrámia hai nas cabeciñas!”

    O que me fai graza de todo este tema é que a Real Academia Galega tardou 5 meses en sacar un ditame ao respeito trás longa e complicada “deliberazón”; e nese ditame limitaron-se a reproduzir palavra por palavra o que dizen as normas ortográficas e morfolóxicas aprovadas há 5 anos.
    Por suposto que “Galiza” é a forma lexítima e a única que foneticamente encaixa nas regras da fonética histórica galega. Ao igual que a ninguén se lle ocorreria normativizar “gasolinera”, porque a forma que lle corresponde en galego ao español “-era” é “-eira”, por muito que na língua cotiá empreguemos “gasolinera”. Mais é que, a máis, “Galiza” é a forma abrumadoramente maioritária nos textos medievais escritos en Galiza; nos casteláns e nos documentos escritos en Galiza por xentes de fóra, predominava evidentemente a forma mediatizada polo castellano “Galicia” (e digo mediatizada porque, en castelán, GALLAECIA teria de dar “Gallecia” ou, como muito, “Gallicia”).
    Mais o problema de “Galiza / Galicia” é, como en muitos outros do mesmo tipo, que a xente mete-se a falar sen saber de qué fala, orientando-se por catro ou cinco prexuizos ideolóxicos e sen preocupar-se en invertir unhas horas en saber de ónde é que veñen as cousas e por qué son asi e non doutra maneira. Consecuéncias diso? Pois artigos como o do Luís Ventoso, meu pobre.

  2. o 2008-06-16 ás 9.09 pm 2.O Traveseiro dixo …

    Eu persoalmente son de “GaliZa”, e estou a prol de que sexa o nome oficial, pero “Galicia” non me soa alleo nin a castelán, outra cousa sería se dixeramos “Gallicia”, como ben apunta Ulmo.

    Eso si, o que fode, e bastante, e a ignorancia de culturetas e antigalegos que non teñen puta idea e usan este tema para atacar ao nacionalismo, cando non ten nada que ver usar “Galiza” co nacionalismo.

    Foder!, pero se aínda ves por aí pintadas antigas da delegación galega de C.E.D.A.D.E (fascistas españois) que poñen CEDADE GALIZA. Ou mesmo galeguistas que nin sequera son do Bloque que levan a pegata de GZ no coche, como Isaac Diaz Pardo.

    E logo esta a Frente Popular Galega e a Central Unitaria dos Traballadores, que usan Galicia e non pasa absolutamente nada. Non entendo esta polémica ca de problemas reais que hai no noso país.

  3. o 2008-06-17 ás 3.16 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …

    Subscrevo o dito ponto por ponto. Pode dizer-se máis alto; máis claro penso que non!

  4. o 2008-06-17 ás 3.25 pm 4.breogain dixo …

    O de ligar o termo “Galiza” có nacionalismo galego é unha apreciación errada moi común (para desgraza de todos) na sociedade galega e española por extensión, exactamente igual acontece con aqueles que din que a bandeira galega coa estrela é a bandeira do B.N.G., como se fóra inventada por eles ou propiedade deles, pois eses ben poderian pasarse un dia pola aula CASTELAO do Museo de Pontevedra, onde poderán ollar un pin que tiña o patriota galego non que sae representada a bandeira galega coa estrela, e daquela o B.N.G. non existia, polo tanto de invención dun partido nacionalista nada.

    Concordo coas vosas opinións e resúltame verdadeiramente lastimoso escoitar acusacións do estilo de que o galeguismo ou o nacionalismo galego pretende recuperar arcaismos ou hiperenxebrismos polo mero feito de sermos diferentes, de que voltarmos ao pasado. Señores, se unha língua non está afeita aos tempos que cambian, se unha língua non madura, esa língua está condenada a desaparecer, ninguén se botou as mans á cabeza cando se incluiron anglicismos á língua castellana como sandwich, béisbol ou film, préstamos doutros idiomas que todo o mundo aceptou (con resignación ou sen ela)de boa gana, pero cando o que se pretende é recuperar unha forma xenuinamente galega empregada no medievo, porque señores, a língua galega é moi rica e variada, pois claro, poñemo-los santos en novena e dicimos que estes queren voltar ao pasado ou queren radicaliza-la vida cotiá da xente con estas historias que a ninguén lle interesan…

    En fin, como ben di O Traveseiro, os galegos e galegas temos cousas moi importantes polas que rifar, a nosa língua non deberia ser unha delas, polo tanto unha proba máis de que non está normalizada e que nos resta moito por avanzar.

    Un saúdo :)

  5. o 2008-06-18 ás 2.10 pm 5.O Afiador dixo …

    Estes dias houvo que escoitar várias atrocidades sobre do emprego do termo Galiza. Resulta que, mais umha vez, é umha falsa polémica criada polo PSOE e os mass meia afins a el, como La Voz de Galicia. Se a RAG tivo que plegar-se perante os desejos do imperialismo espanhol foi porque no Estatuo de Autonomia do 81 e nas difererentes leis sío se recolhe o temo Galicia, porque a reforma que permite o uso de Galiza é da última era Fraga. portanto, é normal que o único termo legal seja Galicia, o que revela no fundo a inoperáncia da RAG para legislar em matéria de língua e por isso se entente a colonizaçom gráfica do galego e moitas outras cousas. Por história e por línguia o único termo ajeitado para denominar o nosso país é, queiram o PE e o PP ou nom, Galiza e senom mirem vocês no galego que se fala ao Sul do Minho e verám como é Galiza e como foi assí durante toda a Idade média.
    Que botem menos a língua a pacer e deixem de enganar à sociedade coa demagógia barata de sempre. Um saúdo!

  6. o 2008-06-25 ás 5.56 pm 6.Sísar dixo …

    Eu persoalmente nunca usaría a lingua como elemento de división. Como xa dixen respeto profundamente o termo e que o use que queira. Eu entédoo igual.

    Agora, no sei que carallo ten que ver o imperialismo espanhol como dí O afiador nesta cuestión que é exclusivamente nosa, máxime cando na RAG a corrente dominante é a lusista.

    ¿E por qué no se usou o termo Gallaecia? é que estiven lendo este páxina: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=864

  7. o 2008-06-27 ás 2.06 am 7.Ulmo de Arxila dixo …

    Sísar, quen che dixo a ti que na RAG dominan os lusistas, meu home????????? Todo o contrário, RAG e ILG son totalmente ánti-reintegracionistas.

  8. o 2008-06-28 ás 10.58 am 8.breogain dixo …

    Sísar

    Como ben apunta Ulmo, a corrente que domina na Real Academia da Língua Galega non é precisamente a lusista, eles máis ben serian propensos a achegar o galego ao castelán máis que ao portugués, eu persoalmente prefiro a normativa galega de mínimos, pero respecto a decisión doutra xente ao emprega-la de máximos, ao fin e ao cabo todos somos galegos, nin uns máis nin outros menos dependendo de que normativa empreguen. No tema de mesturar língua e política como ti ben apuntas, tampouco estou dacordo, non podemos entrar na batalla de emprega-lo idioma como arma defensiva, eu consideraba tan galego a Cuiña como a Xosé M. Beiras, os dous queren a súa terra na súa xusta medida e os dous empregan (empregaba no caso do finado Cuiña) o galego como a súa língua e iso é o que importa, defende-los nosos intereses dende diferentes puntos de vista pero cunha visión e un obxectivo común.

    O que si me “repatea” é que digan que a “estreleira” foi un invento do Bloque, esa bandeira xa se empregaba en tempos do rexionalismo, galeguismo e nacionalismo do Partido Galeguista e de Castelao, o Benegá non inventou nada, en tal caso será patrimonio do nacionalismo galego, non dun partido en concreto.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.