Axenda 24 xuño 2008
Xornada lúdico-formativa na Lama
A seguinte información achégama Maruxa, amiga e responsable local de Galiza Nova en Poio. Coméntame que o vindeiro dia 5 de xullo, a organización das mocidades do B.N.G. ten preparada unha xornada lúdico-formativa e de convivencia no concello de A Lama, na que ademais de algunha charla formativa a cargo de persoeiros do partido, como Rubén Cela, Iria Aboi ou Francisco Rodriguez, -o que fora deputado nas Cortes polo Bloque Nacionalista Galego-, haberá un xantar de confraternización entre tódolos militantes e simpatizantes nacionalistas e logo un atractivo roteiro polos arredores de A Lama. A xornada terá lugar ao longo de todo o dia, e como a seguridade é unha das súas preocupacións, haberá buses dende Pontevedra e Poio para trasladar á xente ate A Lama, persoalmente considéroo todo un acerto, posto que como vedes todos son facilidades para non ter que colle-lo coche e poder desfrutar do xantar e do posterior paseo sen preocuparse polo transporte.

O interesados poderán inscribirse pasando pola sede do B.N.G. de Pontevedra ou ben chamando ao seu teléfono, tamén no enderezo electrónico gznova_poio@yahoo.es , tedes de prazo para facelo toda esta semana. Por último, comentarvos que tanto o transporte coma o xantar son de balde, sairán autobuses dende Valga, Pontecaldelas, Barro, Caldas de Reis, Poio, por citar algunha das vilas da bisbarra, por suposto tamén dende Pontevedra, polo tanto é unha boa oportunidade para desfrutar dun dia de lecer polos arredores da Lama, non deixedes pasa-la ocasión de desfrutar da natureza en tan fermoso sitio.
Nota á marxe: Estiven botándolle unha ollada á web municipal e somentes podo dicir que é do máis cutre sinxelo que pode haber, que se poñan as pilas ou ben a xente do Concello de A Lama (Partido Popular) ou ben a xente de Integal S.L. -que polo que semella son os creadores da web-, porque a maioria das seccións se atopan sen actualizar e hoxendia unha web en condicións é unha das mellores tarxetas de presentación para calqueira empresa ou organismo, por suposto tamén para un concello.
chúzame -







o 2008-06-26 ás 1.24 am 1.maruxa dixo …
Ola!Xa queda menos para que remate o prazo para anotarse.Non lle deas + voltas e anímate.Chama ao`986858211 ou envía un mail ao enderezo que aparece no post.
saúdos para tod@s
Maruxa
Galiza Nova