Cargando...

Música 29 xullo 2008

Festival “Vibrasons 08″ en Pontevedra

Terá lugar na Praza da Ferrería (houbo troco de ubicación) da nosa cidade os dias 31 de xullo, 1 e 2 de agosto e será a súa segunda edición, o ano pasado tocaran os Cooper e non puiden ir a ollalos, unha mágoa, pero algún dos asistentes subiu un video ao portal youtube e se tedes curiosidade podedes botarlle unha ollada aqui. Para os que non coñezades todavia o festival, comentarvos que bebe de diversos ritmos que van dende o funk, soul ou rythm&blues ate o rock ou a música indie, como foi o caso dalgúns grupos  do ano pasado, dos que destacaron por riba de todos Cooper ou Los Coronas. Un dos puntos fortes do Vibrasons 08, que terá lugar en pleno corazón do casco vello da cidade de Pontevedra, é a súa gratuidade, tódolos concertos son de balde pero o aforo é limitado, asi que se queredes ollar a grupos como o composto polos galegos (e arxentinos) Phantom Club dádevos presa en chegar, de seguro que desfrutaredes/desfrutaremos dos seus acordes nun marco incomparable. Para ir abrindo boca aqui tedes un video dos Phantom Club precisamente, chámase Funksiona e pertence ao seu primeiro disco.

Tendo en conta o amplo abano de ritmos musicais que nos propoñen, persoalmente pediria un grupo de ska ou rocksteady como os Transilvanians para o vindeiro ano.

 

Chuzame! chúzame -

4 comentarios a “Festival “Vibrasons 08″ en Pontevedra”

  1. o 2008-07-29 ás 11.14 am 1.F. Míguez dixo …

    Moitas gracias pola info. Hai tempo que me pasaron algo dos Pretty Things e igual me cunde achegarme a velos, a ver si podo. Unha aperta.

  2. o 2008-07-29 ás 9.40 pm 2.breogain dixo …

    Pois xa sabes, os concertos son todos de balde, na súa web tes a info dos horarios e tamén dos grupos, se te achegas por Pontevedra desfruta deles.

    Un saúdo :)

  3. o 2008-07-31 ás 10.56 am 3.Luis dixo …

    Eu acudín o ano pasado a todos os concertos, fora na praza do Teucro, e estivera xenial, gozaramos moito da música, e afortunadamente do tempo, porque fixeran unhas noites de luar espectaculares.
    Eu este ano non poderei acudir por traballo, que mal!
    A ver si logro ir polo menos ao último concerto.
    Veña, un saúdo!

  4. o 2008-07-31 ás 9.22 pm 4.breogain dixo …

    Luis

    ou sexa que supoño que ollarias aos Cooper non ??, pois menuda sorte, gústame o grupo, teño bastantes cancións deles e están moi ben, non escoito demasiada música indie pero de cando en vez escoito a Los Planetas e hai cousa dun ano Cooper e paga a pena, ten temazos como Diciembre, Cierra los ojos…. fai unha pescuda no youtube e escóitaas.

    un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.