Internet & Pontevedra 2 xullo 2008
Naceu www.pontevedracultura.org
Pode que xa coñezades esta web que foi presentada hai un par de semanas na nosa cidade, concretamente nun acto na Casa das campás, no casco vello pontevedrés, pero por se acaso non sabedes nada do tema achégovos esta nova. Trátase dunha web ou portal cultural con unha chea de información de actividades de todo tipo a desenvolver na nosa cidade, navegando un pouco por ela estes dias puiden atopar información de concertos, de teatro, ou de cinema, a súa navegación é bastante sinxela e tedes cumprida información con datas e horarios de moitas das actividades que se han desenrolar en Pontevedra de aqui en diante, para a xente que coma min, non podemos botarlle unha ollada ao xornal tódolos dias é unha axuda imprescindible contar cunha web destas características, asi que xa sabedes, poñédea nos vosos favoritos e estaredes ao tanto de todo o que se move na nosa cidade, sobre todo este verán que ven cheo de concertos e actividades varias para non parar en todo o dia.

A súa url é www.pontevedracultura.org, e por certo, non vaiades pensar que teño algo que ver con eles, nin moito menos, o meu é altruismo puro e duro, somentes quixen compartir con vós esta información que coido é sobradamente importante para calqueira veciño da nosa cidade con "inquedanzas" culturais.
chúzame -







o 2008-07-02 ás 4.52 pm 1.Sísar dixo …
Gracias por la info, ya le pongo ahora un enlace a esta página. Estamos faltos de más presencia en la red y creo que esta página es un acierto.
Saúdos
o 2008-07-02 ás 7.02 pm 2.Ulmo de Arxila dixo …
Xa sei que non ten nada que ver co contido do teu post, Breo, mais deixo-che aqui a ligazón a unha notícia que creo que che interesará:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=319216
o 2008-07-03 ás 3.29 pm 3.breogain dixo …
Pareceume unha boa idea e o mínimo que podia facer é axudar a difundila, penso que é unha páxina moi currada e na que hai multitude de información de eventos culturais na nosa cidade…
Ulmo
Acabo de botarlle unha ollada e ficar perplexo, de verdade que hai certas actitudes que non alcanzo a comprender, en fin, o de xente como Oscar Pereiro de verdade que non o entendo, e despois pretenderá entrar no Karpin Galicia algún dia
Un saúdo para todos
o 2008-07-03 ás 11.49 pm 4.Julio dixo …
Unha boa nova sen duda. Non todo van ser blogs ou webs que pechan, POR SORTE!!!! (ÚLTIMAMENTE ESTÁ DE MODA O DE PECHAR POLO QUE VEXO)
FELIZ VERÁN A TOD@S
o 2008-07-05 ás 12.08 pm 5.breogain dixo …
Que tal Julio, pois hai dias que sabia desta web cultural pero non tivera tempo de postealo antes, supuxen que seria moi interesante para tod@s, ten cumprida información de multitude de eventos que terán lugar na nosa cidade, e para estar informados pode que sexa unha das mellores canles que temos.
E no tocante ao de pechar web’s e blogues non sei, polo de agora non coñezo (alomenos de Pontevedra) ningunha que pechara, Luis o de Radio Macuto pecha un pero abre dous, un en cada idioma, máis blogues polo tanto
Un saúdo a todos