Deportes 30 xuño 2008
A mellor selección de Europa…

Hoxe non hai outra noticia, o deporte centrou tódalas conversas no traballo, na praia ou en calqueira parte, está claro que ninguén se puido sustraer ao acontecido onte, nunca tanto share tivo unha televisión española, algo máis de 14 millóns de telespectadores ou o que é o mesmo, un 80,9 % de audiencia para a final da Eurocopa de nacións, partidazo do máis alto nivel que enfrontaba ás seleccións de España e Alemaña. Como grande afeccionado ao fúbol que son por suposto que ollei o partido, como tantos pontevedreses que ao rematar sairon ás rúas, sobre todo á fonte diante do concello. Onte palpábase o ambente futbolístico en calqueira recuncho da cidade, tanto ou máis que nunha fase de ascenso do noso querido pontevedriña, e como o divertido e o máis emocionante é olla-lo partido cós colegas, tomeime unha cervexa antes do partido nunha coñecida cervexeria de Poio, un local con moito ambente futboleiro, e que demo!! porqué non vou a dar publicidade... a cervexería chámase ANFIELD e está rexentada por un inglés-galego fan do Liverpool de Fernando Torres, un sitio magnífico para ollar un partido, cunha chea de pantallas de televisión e de birras de importación.
Pois iso, so me resta darlle-los parabéns aos rapaces que fixeron posible semellante trunfo do fútbol español, eu a verdade non contaba con eles, xa o comentara neste post, pero có fútbol de toque e de precisión que fixeron non podian menos que se-los vencedores, foi o equipo máis regular de todo o campionato, o máis goleador, o menos goleado e do once ideal da U.E.F.A nove xogadores son da selección española, impresionante números.
Parabéns polo trunfo !!
foto: www.lavozdegalicia.com







o 2008-07-01 ás 1.20 am 1.Brugal con Cola dixo …
Fue algo impresionante, solo superado por un ascenso del Ponte.
Saludos
o 2008-07-01 ás 9.18 pm 2.breogain dixo …
jajaja, e ogallá o vindeiro ano poidamos subir á Segunda División dunha puñeteira vez….e falando do partido de España, parabéns a todo o equipo, comezando polo denostado e machacado por todos (ou case todos) Luis Aragonés, fixo un conxunto compacto e un bloque invencible, xogaron un fútbol de toque e foron con diferenza os mellores da Eurocopa, con todo merecimento venceron a todo un campión do mundo e de Europa.
O dito, parabéns pola victoria
o 2008-07-02 ás 1.22 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …
Eu alegrei-me da vitória da España, sobretodo tendo en conta que eliminou a uns trampulleiros como os italianos e porque xogan coma os anxos e teñen xogadores que me encantan: Cesc, Casillas, Torres… Dito isto, tamén quixese deixar claro que non gosto o máis mínimo da manipulazón política do triunfo que se fixo apenas rematado o encontro. Os médios españóis teñen a ben queixar-se constantemente de que os nacionalistas periféricos non sentimos as cores “nacionais”, que sempre imos a prol dos rivais da selección española, que en todo queremos ver política… E, porén, unha hora depois de acabar o partido, a apresentadora de Cuatro, Àngels Barceló, decidiu abrir o lume cun comentário penoso, fóra de lugar e sen motivo nengun: “Me da mucha pena aquellos que van a hacer una interpretación política de todo esto, porque nunca sabrán lo que es abrazarse a otro español [...] Esto es un juego, simplemente, sólo que queríamos que ganasen los nuestros, los que hablan nuestro idioma”. Foi somente o primeiro acto. Porque ao dia seguinte, à marxe da típica imaxinaria que exibiron os xornais (simboloxia taurina e almodovariana por toda a parte, salientando especialmente El Mundo), non tardaron en sair os que sempre nos critican fazendo, precisamente, o que sempre nos critican, ou sexa, sacando interpretazóns políticas interesadas dun evento que, insisto, causou ledícia en muita xente coma min, que non me sinto español nen muito menos. Chegou-se até o extremo de criticar a Gara porque a notícia de portada que puxeron na sua seczón de desportos foi o triunfo de Urdaibai nunha regata do Ebro. Dades-vos conta do extremo!!!!!! Cal é agora o listón para ser considerado “buen español”? Até os conteúdos prioritários dun xornal teñen que pasar polo filtro da “erspañolidad”. Pareceu-me unha pasada.
Mais, apesar de todo isto, parabéns à España polo triunfo. E para o vindeiro ano, o Ponte Vedra à Segunda División!
o 2008-07-15 ás 5.12 pm 4.Eu dixo …
Veo que defendedes a Furya Granate. ¿E as súas agresións?.
o 2008-07-15 ás 9.16 pm 5.breogain dixo …
¿En que te baseas para dicir que defendemos a furya granate?
Furya granate é con diferencia o colectivo de animación, chámalle grupo, claque ou siareiros (todo menos peña) que máis anima ao Pontevedra C.F. no municipal de Pasarón, e cando falo de animar é facer tifos, berrar ao longo de todo o partido, facer algunha que outra festa de confraternidade cós xogadores do Pontevedra e tamén publicar un fanzine, o único que se publica en Pasarón, se iso non é animar a unha cores apaga e vámonos. No caso concreto do que ti me falas, se amparo as súas agresións direite que por suposto que non, a violencia como resposta non me parece a mellor das solucións, pero cando é como resposta a unha agresión previa pois xa ten un pase, non van a poñe-la outra meixela como facía o outro… pero de tódalas maneiras a que te refires con agresións, concreta un pouco? falas de agresións a grupos rivais como os fascistas de Ultras Tala que viñeron hai dous anos a Pontevedra por exemplo? ou cecais falas da carga do último partido na casa, no que os antidisturbios liderados polo famoso “barbas” golpearon a calqueira dos que estabamos na bancada de norte, tanto foran vellos coma rapaces, incluindo a algunha muller preñada e tamén a Lupe Murillo que foi alí a poñer calma….
Un sáudo