Cargando...

Axenda & Política 3 xullo 2008

Cespa e mailos seus empregados

De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de Cespa, os cales de seguro coñeceredes por películas como Tocándole los huevos a Pontevedra ou Los más chulos del barrio somos nosotros. Pois iso, achégase un verán máis e como cada dous anos -coincidindo exactamente coas negociacións do seu convenio laboral- os ínclitos empregados da concesionaria da recollida do lixo na nosa bendita cidade veñen coas súas xustas ou inxustas, non saberia definilo, reclamacións laborais, pero como xa dixen, cada dous veráns os maiores perxudicados somos nós, os cidadáns de a pe, os que paseamos, traballamos ou pasámolo rato polas rúas da nosa cidade, unha vez máis e non sei cantas irán, un conflicto laboral entre unha empresa privada e mailos seus privados traballadores salpica ao resto dos mortais que non temos culpa de nada e pagámolos nosos impostos, incluida a taxa pola recollida do lixo, facede algo de memoria e lembrade aquel "problema" que tivemos coa concesionaria do servizo de guindastre de Pontevedra, aquelas semanas nas que a nosa cidade ficou inmersa nunha "anarquía automobilística" total.

Persoalmente coido que o Concello non debería inmiscuirse nos conflictos laborais dunha empresa privada, e máis cando ano tras ano nos toman o pelo desta maneira, pero isto xa comeza a ser unha chantaxe en toda regla á cidadanía, agardando precisamente ás festas da Peregrina, o intre no que chegan á nosa cidade miles de visitantes e os pontevedreses queremos desfrutar das nosas rúas e prazas. Coido que Raimundo González, na medida do posible, deberia facer un pouco de forza e presionar a Cespa para que resolva o conflicto cós seus traballadores e asi acada-la desconvocatoria da folga prevista, xogámonos moito nelo

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Cespa e mailos seus empregados”

  1. o 2008-07-04 ás 12.19 am 1.Luis dixo …

    Tes toda a razón do mundo, isto da folga é máis ben unha chantaxe, ao concello e aos cidadáns, un xeito de sacar proveito da desgraza doutros, porque de seguro que tanto os comerciantes como o turismo vanse resentir nas festas de Peregrina.
    Dende logo con este tipo de ameazas e coaccións non van obter o apoio da cidadanía, nin moito menos.
    Eu sempre estou a favor dos traballadores, pero cando ves que fan folga con mala conciencia e aleivosía, sen que exista unha inxustiza manifesta, dache vergoña allea.
    E o concello o temos para algo, que para iso é a voz do pobo, que espabile, que non lles pagamos para que fagan fotos e celebracións! Espero que estean facendo todo o posible e imposible por impedir esta folga.
    Un saúdo Breogain, moi bo o tema que tocaches.

  2. o 2008-07-05 ás 12.13 pm 2.breogain dixo …

    Como ben dixen no post, isto da folga dos traballadores de Cespa é un cachondeo, que un problema dentro dunha empresa privada transcenda máis aló da mesma empresa e perxudique ao resto da cidadanía considéroo un agravio moi grande, se cada dous anos e con motivo da aprobación ou renegociación do seu convenio colectivo teñen que montar este cristo apaga e vámonos, na empresa onde eu traballo tamén se negocia o convenio cando chega o seu momento pero non se montan estes cristos, os sindicatos pelexan, discuten e chegan a un acordo beneficioso (ou non) para tódalas partes, pero claro, non traballamos para o Concello e non se pode facer presión como fai esta xente.

    Ogallá que se resolva canto antes esta situación, porque se queremos acoller a tanto turismo como vai vir neste verán que xa comezou, ésta non é a mellor maneira, e falo tanto polo turismo como tamén polos propios pontevedreses, que non temos culpa de nada e non deberiamos aturar o lixo nas rúas.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.