Cargando...

Fotografía &Pontevedra 15 xullo 2008

O concesionario na rúa (foto denuncia)

A fotografia que tedes abaixo corresponde á estrada PO-308, a que une Pontevedra con Sanxenxo á altura da urbanización do Pazo de Ferreirós (Poio). A foto foi sacada dende o interior do meu turismo, cando me dispuña a incorporarme á mencionada estrada en dirección Sanxenxo dende a Travesía de Viñas. Como ben podedes apreciar, a visibilidade é totalmente nula, e non se poden olla-los coches que veñen pola estrada, o que si temos en primeiro plano, son varios dos turismos que o concesionario de compra-venda Mara-Poio ten alí estacionados ao longo de todo o dia, nesta imaxe tedes dous, pero en ámbalas dúas beiras da estrada ten multitude deles. Con este artigo non quero entrar a valorar se este concesionario debería ou non vende-los seus coches na rúa, pero o que si solicitaria é que por favor, nese punto da estrada non estacionen eses vehículos -que precisamente tampouco son pequenos- posto que aparcados desta maneira, a probabilidade de que haxa un accidente de tráfico nese lugar é moi alta.

Polo tanto dende aqui, solicito do Concello de Poio unha solución a este problema canto antes, eses vehículos estacionados ahí convírtense nun perigo tanto para os automovilistas como para os peóns, ademais, descoñezo se existe unha ordenanza no Concello de Poio no tocante á venda de vehículos na rúa, pero de non ser así deberian ter unha, a rúa é de todos e non so duns poucos, neste caso, dun empresario local que ten un mínimo de sete ou oito vehículos aparcados diariamente na rúa, algúns como podedes ollar en sitios que entorpecen gravemente o normal discurrir da circulación nunha via de tráfico tan denso como é a estrada que une Pontevedra e Sanxenxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

9 comentarios a “O concesionario na rúa (foto denuncia)”

  1. o 2008-07-15 ás 4.20 pm 1.Manu dixo …

    Estoy totalmente de acuerdo con tu denuncia. Esperemos que el concello no haga oídos sordos a estos hechos vergonzosos.

  2. o 2008-07-15 ás 4.35 pm 2.Manuls dixo …

    ¿Pero ahí hai sitio para aparcar? Porque se o hai o concesionario non está a facer nada malo (ou si, non recordo se estaba prohibido vender coches na rúa xa), polo que o Concello debería quitar ese espazo de aparcamento se fora así.

  3. o 2008-07-15 ás 9.28 pm 3.breogain dixo …

    Pois coido que ahí non se deberia poder aparcar, aparentemente non hai unha liña amarela que o impida, pero atópanse á beira dunha estrada de alta densidade de tráfico e por sentido común non se deberia permiti-lo estacionamento de vehículos nese lugar, o mesmo que non se permiten vehículos de grande volumen tipo camión, trailer ou palas (por exemplo)na beira das estradas xa que en caso de saída involuntaria da via pódeste matar contra un bicho deses.

    Agardo que esta denuncia pública chegue a oidos do responsábel non Concello de Poio e faga algo ao respecto, o señor éste do concesionario ten un pouco de cara de máis.

    Un sáudo :)

  4. o 2008-07-16 ás 2.21 am 4.maruxa dixo …

    Ola Breogain,

    recollo a túa proposta para facerlla chegar ao concello dende o consello local do BNG e GN. Paréceme moi acaída, pq a imaxe que dan esos coches aí é penosa, e como ben dicías ti,o risco de accidentes é notorio.

    Parabéns pola denuncia e agardo que se lle dea unha solución rápida dende o concello.

    sdos
    Maruxa

  5. o 2008-07-16 ás 11.31 am 5.Nel dixo …

    En Marín había un ghicho que aparcaba coches de segunda man ou importación para a súa venda enfronte dos estaleiros, despois dos semáforos que todos coñeceredes por aturar os atascos, e a pesar de que estaban ben aparcados déronlle un toque pois non se pode levar adiante unha actividade comercial de calquera maneira, sen regular, na rúa. Pode que se faga a vista gorda se están na mesmiña porta do concesionario ou nun descampado pero parece que non é o caso de Poio.

  6. o 2008-07-16 ás 3.19 pm 6.breogain dixo …

    Nel

    Pois se hai antecedentes con máis razón, como ben dis un empresario non pode leva-lo seu negocio á rúa asi como así, e no caso de este homiño en Poio moito máis, porque ten unha chea de vehículos sempre aparcados pola rúa, algúns na estrada, unha vía de moi alta densidade de tráfico, ademais cando recibe os coches novos, aparcan o trailer diante da parada do autobus de liña para Sanxenxo, ocupando un carril enteiro de circulación e molestando a moita xente, cando non aparcan tamén o trailer na baixada da coca-cola cara á rotonda da mesma Kia, á altura da fonte que hai alí.

    Agardo como digo que esta observación ou denuncia, tanto ten como lle chame teña sido en conta, polo que semella xa teño en Maruxa un apoio importante :)

    Un saúdo a todos

  7. o 2008-07-16 ás 9.19 pm 7.alberto dixo …

    aparentemente eses vehículos non deberían estar estacionados nese lugar, inda que non aprecio se hai liña amarela ou non…

    un saúdo e felicidades pola iniciativa, que hai cada un que pensa que a rúa e deles.

  8. o 2008-07-18 ás 8.34 pm 8.Julio Torres dixo …

    Opino do mesmo xeito, breo

  9. o 2008-07-26 ás 3.00 pm 9.breogain dixo …

    por certo, hoxe sábado estaban outra vez no mesmo sitio, un cachondeo… e un perigo para a circulación

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.