Pontevedra 31 xullo 2008
¿Touros en Pontevedra?… ¡¡ lástima de bois !!
O vindeiro 2 de agosto será a primeira das catro corridas da feira taurina de Pontevedra, coma sempre na nosa cidade semella que hai unha grande expectación ante tal evento, descoñezo o cartel posto que non me interesa o máis mínimo, é máis, declárome abertamente antitaurino e rexeito de plano esta práctica, a cal non considero un deporte e moito menos un acto cultural, da mesma maneira pensa a xente da Plataforma Antitaurina de Pontevedra, semella que o colectivo antitaurino pontevedrés comeza a organizarse.
O que non se pode negar é que na nosa cidade, o feito de ter esta feira taurina na única praza de touros estable de toda Galiza é un acto social e festivo moi importante, debo recoñecer que a semana grande das festas do verán pontevedrés non seria a mesma sen os touros e sen as peñas, sempre xuntas pero non revoltas como diria o refraneiro popular. Rexeito o postureo da xente que acode aos touros, rexeito o puro e mailo abanico e por suposto a tortura que supón darlle morte a un animal có beneplácito e a complicidade de miles de persoas. O que si non vexo tan mal é o feito de que a mocidade pontevedresa e de fóra da nosa cidade -que cada ano son máis- desfrute do verán na rúa que é onde mellor se está estes dias, o feito de facer peñas, de sair os grupos de amigos coas súas camisolas de vivas cores a toma-lo kalimotxo, a cervexa ou o viño, non o contemplo coma un acto de incivismo ou de insolidariedade có resto dos veciños de Pontevedra, considero que é un acto lúdico e social máis -sempre que sexan respectuosos cós demais- unha experiencia máis que forma parte das festas da Peregrina e do que teñen dereito a desfrutar sempre que isto non os leve ao desmadre, tamén habería que salientar que a maioria da xente que sae de peñas en Pontevedra non vai á praza, somentes na procura de divertirse e pasalo ben, impórtanlles máis ben pouco os touros.
Polo que respecta á praza e á corrida, pois que siga desfrutando dela a xente á que lles gusta ese lamentable espectáculo, estou falando dos Rajoy, Louzán, ¿¿Teresa Casal??, Feijoo, Teresa Pedrosa,Telmo Martín.... ¡¡ vaites, semella que isto das touradas ten moita afección entre as filas do Partido Popular !!. Pois nada, que desfruten eles dese "espectáculo" tan fermoso e gratificante, eu por suposto tamén participarei das festas da miña cidade, pero tomándome unhas cañas pola rúa e demostrando que se pode compatibiliza-lo desfrute das festas có respecto aos animais.
O que sigue a continuación, é o video da campaña da Plataforma antitaurina de Pontevedra para este ano 2008, as imaxes deixan fel refrexo da crueldade desta práctica, opinade vós mesmos.







o 2008-07-31 ás 10.58 am 1.RamiroPereira dixo …
avisar da manifestación antitaurina que se celebrará o sábado día 9 de agosto as 7 da tarde na peregrina.
Breogain, tendo en conta que poñen a venda as entradas (e bastantes que o vin eu) en Vigo, Redondela e pobos arredor de Pontevedra tampouco é que mova muitisima xente na nosa vila, pero ainda que a movese penso que é unha lacra coa que hai que rematar, e esixirlle o goberno municipal que deixe de multar a activistas antitaurinos e que deixe de dar publicidade a este evento e se mostre contrario a eles.
Nos vemos na mani breo Un saudinho.
o 2008-07-31 ás 12.30 pm 2.Luis dixo …
Dende logo que é unha auténtica salvaxada o de matar ao toro. O argumento de que comemos vacas é unha chorrada, unha cousa é matar un animal para comer (que iso é algo natural, como carnívoros que somos), e outra moi distinta é para facer un espectaculo e gozar da morte dun animal. Ademais que cando a morte dun animal nun matadoiro está regulado por lei, e teóricamente o animal non debe sufrir, ou polo menos o menos posible.
O das peñas está ben, aínda que a xente é moi incívica, é o que non me gusta das peñas, a zona vella dá mágoa vela, ademais do trastorno para os veciños, que teñen que aturar os desperdicios, as vomitonas e as mexadas.
Eu fago unha peña este ano cos meus amigos, pero vamos a gozar dunha boa comida, e despois beber unha cervexas na zona vella, pero sen amolar a ninguén.
A ver se temos este ano unhas festas felices, pero tranquilas.
Por certo Breo, hai unha canción preciosa en francés, de Francis Cabrel, nunha defensa dos touros e denunciando o crime que supoñen as touradas. Entra no meu blog, e poderás escoitar a canción. Escribín a letra en francés e galego.
Unha aperta
o 2008-07-31 ás 12.45 pm 3.Nel dixo …
Eu tentarei acudir este ano á concentración. Estas salvaxadas non teñen lugar no século XXI.
o 2008-07-31 ás 1.15 pm 4.Brugal con Cola dixo …
A mi me parece perfecto que no os gusten los toros, no tiene por qué gustarle a todo el mundo. Me parece mejor todavía que os manifesteis en contra de ello, que coño esto es una democracia no??
Lo único que me parece realmente mal, es que tengo entendido que la marcha que se va a hacer va a finalizar a las puertas de la plaza de toros. Eso me parece una provocación por parte de los que organizan la marcha. Y creo que es fácil el razonamiento. Por que estoy seguro que por parte de un bando como del otro siempre hay gente que se pierde y acaba la cosa con un final que a nadie le gusta con enfados y trifulcas que no llevan a nada mas que a la vergüenza de la ciudad de Pontevedra donde sus ciudadanos se pelean entre ellos.
Saludos a todos y por favor respeto a todos por parte de todos, que somo vecinos coño!!
PD: Para el que quiera enzarzarse en una disputa dialectica sobre el sí o el no a los toros por mi parte no va a tener mucha más respuesta de ponerle algun enlace a disputas de tiempos pasados porque al final todos acabamos diciendo lo mismo siempre no??
Ahora si me despido. Saludos Breogain
o 2008-07-31 ás 1.55 pm 5.Andrés Milleiro dixo …
Óla Brugal,
Eu teño entendido que non hai manifestación, senón unha concentración e ademais na Praza da Peregrina, de feito o comenta Ramiro Pereira no primeiro comentario:
Polo que te pediría unha cousa, se non o sabías correcto, mais se ves a intoxicar pediríate que non o fagas, porque perdemos todos intoxicando
o 2008-07-31 ás 2.29 pm 6.antitouradas dixo …
Grazinhas Breoghain por agasalhar-nos com umha entrada sobre a barbárie taurina e anunciando a concentraçom. Na web de pontevedraantitaurina tedes umha mini-reportagem em vídeo sobre este atavismo: http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/2008/07/22/videos-da-campanha-de-pontevedra-antitaurina/
O objectivo também é fazer sentir aos taurinos que estám a participar e financiar umha atrocidade. Que vaiam, pero com conhezimento de causa e inclusso com remordementos por algo que seguro mais de um entrevê já como nom demasiado moral. Aguardemos que algúm día caiam da burra.
Por último quixera engadir que nos atopamos provávelmente perante o vértice da pirámide do maltrato animal. Se pretendemos umha sociedade mais respetuosa com os animais temos primeiro de abolir as touradas. Em segundo lugar, e complementando ao primeiro, é precisso dizer que nom soamente é umha atrocidade, senom que foi aproveitada polos sectores espaholizantes que pretenderom erigir Pontevedra no cúmio da espanholidade na Galiza,pensarom que construir umha praça de touros outorgaría importáncia dentro da súa “Espanha” a umha pequena cidade como é esta. É produto de oligarcas, de fanáticos e da aristocracia da cidade, que a impugerom e seguem impondo por todas as vías. De facto, esta impossiçom pode-se comprobar com só passeiar pola nossa cidade: a quê vém aturdir aos viandantes com imagens de violência gratuita e incivilizada, acumular dúzias e dúzias de paineis que atentam contra os direitos dos animais e contra a sensibilidade de qualquera? A que vêm inzar os comercios de publicidade com esta selvajada? Obviamente atopamo-nos perante umha empresa (Plazas y Toros S.L) com umha grande capacidade orzamentária, de facto nom tenhem problemas em repor desde as 8 e meia da manhá os cartaces taurinos que foram pintados. A presença das touradas no programa de festas é todo um atentado e insulto à inteligência: como se pode concebir como alternativa lúdico-festiva a barbárie sanguenta e torturadora dos amantes do martírio animal?
Estamos fart@s já de aturar isto, a sociedade pontevededresa mais comprometida enceta um vieiro que aguardemos seja o início da dessapariçom das touradas da nossa cidade, com convocatórias anuais. Provávelmente neste início da nossa andaina nom sejamos muit@s, mas no caminho cara a nossa meta irám-se unindo cada vez mais e mais pontevedreses até lograr o objectivo, que nom é outro que rematar coa lacra taurina que avergonha e deteriora a imagem exterior da nossa cidade.
Finalmente animo aos pontevedreses a dize NOM, STOP TOURADAS, BASTA JÁ DE DIVERSSOM A PARTIR DO ASSASSINATO VIL E SÁDICO DUM ANIMAL. Pontevedreses, dizide NOM, como ANTÍGONA. Um nom no que se fundamenta a ética, como um acto radical de liberdade que desafía as leis e se opom à tiranía, sejam quais for as consequências.
STOP TOURADAS. VEMO-NOS NA MOBILIZAÇOM.
o 2008-07-31 ás 2.41 pm 7.Brugal con Cola dixo …
Intoxicar….
Si crees que esa es mi intención mejor no vuelvo a pasar por esta entrada, porque seria una estupidez.
Yo solamente escribi por experiencias anteriores y porque no se porqué tenia entendido que era una marcha.
Por favor un poco de tranquilidad que aqí nadie gana nada intoxicando ninguna cosa.
Saludos
o 2008-07-31 ás 3.06 pm 8.Luis dixo …
Eu non sei onde será a concentración, pero ten razón Brugal con Cola, se vai ser xusto a saída das touradas é toda unha provocación e unha estupidez por parte dos organizadores. Hai moitos xeitos de facerse ver sen provocar a ninguén.
Non creo que Brugal quixera intoxicar, tan só foi un comentario…
Polo demais, esperemos que algún día terminen coa morte dos touros. As touradas non me parecen mal como son en Francia ou Portugal, que non matan ao touro, sinxelamente danlle toques, mostrando a habilidade e axilidade necesarias para tourear, sen necesidade de matar ou maltratar ao animal. Esta modalidade de tourada paréceme ben, ao animal non se lle fai ningún mal. O outro paréceme unha carnicería.
Un saúdo!
o 2008-07-31 ás 3.25 pm 9.O Traveseiro dixo …
Touros si, toureiros non!! Queda todo dito.
o 2008-07-31 ás 3.29 pm 10.sancritstamo dixo …
a ver, acho que há bastante vagáncia: só tedes que entrar no blogue da antitaurina e ver onde e cando é a concentraçom, e di-o bem clarinho:
19H, Praça da Peregrina, Pontevedra.
acho que perante a falta argumentário já se tende a intoxicar en demasía e mesmo a ocultar e pervertir a realidade. Há interesse em que nom haja afluência acasso? Logo claro, irám de “demócratas de toda la vida”…
o 2008-07-31 ás 3.33 pm 11.sancritstamo dixo …
ah e outras cousinhas:
para poder “torear” ao animal, para que o toureiro poda achegar-se sem perigo, é preciso que antes o aturdam e lhe fagam perder bastante sangue. O objectivo do picador e logo dos banderilheros é esse: que vaia agachando a cabeça, para que logo o matador se luça. Nom há touradas sem tortura animal nem meias tintas: aboliçom já, sem contemplaçons nem soluçons interméias.
o 2008-07-31 ás 5.21 pm 12.Sísar dixo …
Andres que xa coñecemos a Brugal e último que fai é intoxicar, parece mentira home!
Eu polo que respeta a este debate alédome de que mostren os seus pensamentos e conviccións dun xeito civilizado e construtivo. Xa o decía o ano pasado, que unhas xonardas para concienciar a ciudadanía era un boa manera de empezar.
Eu observo todo isto dende a barreira (nunca mello dito) pero creo que é moi interesante sempre poder oír a tódalas partes. Nembargantes no entendo que pinta un fascista no vídeo antitortura animal con bandeira de España. Mézclase todo.
É moi ilustrativo o vídeo do PACMA (o Partido Antitaurino contra o Maltrato Animal) e que penso que é o que realmente se centra nos dereitos nos animais, de todos: http://www.youtube.com/watch?v=YS-UjDMohEE&feature=related
Saúdos
o 2008-07-31 ás 6.29 pm 13.Andrés Milleiro dixo …
Óla Sísar,
Simplemente parecíame estrano que despois de dicilo varias veces (convocatoria, e non manifestación, e na Peregrina e non na Praza de Touros) se repetise a mesma esmorga de sempre…
De tódolos xeitos, se a cousa (como sempre sucede en tódalas cousas de ese tipo) deriva a que a xente vai á Praza de Touros, eu síntoo mais non.
Cústame entender que exista xente que lle gusten as touradas mais en fin, creo que non é algo subvencionábel…ou promocionábel, pero alá cada cal e as súas opticas electoralistas, se o BNG e o PSOE din ser un partido de esquerdas deberían loitar contra o maltrato animal, eu só agardo que ogallá todo transcurra dun xeito pacífico e cunha ampla resposta da cidadanía pontevedresa.
Unha aperta
o 2008-07-31 ás 6.50 pm 14.sancritstamo dixo …
mira Sísar, esforças-te sempre no teu blogue por dar umha de cal e outra de areia, por tentar permanecer num eterno “sim pero nom”, onde val igual Alexandre Bóveda que o manifesto polo español ou participar na penha 11 e logo dizer que “no tengo posición tomada sobre los toros”. Es um demagogo em toda regra, e desculpa esta afirmaçom que pode parecer tam forte. O ano passado monta-ches umha boa lea na web da antitaurina , logo do qual apareceu curiosamente em tromba todo umha legiom de defensores das túas teses. Mira, se es umha pessoa consequente, tes que estar a favor ou em contra desta barbaridade. Nom me vale que digas num comentário dum blogue que che gosta ou deixa de gostar um video do PACMA ou non-sei-o-quê, vas à praça e é o que conta. Ah! A ver se tes o que há que ter e dar este debate na túa penha: igual saes escaldado. Por favor, se até agradeciches umha referência histórica que deu Brugal das touradas na cidade. Como se umha triste centúria de histórica valese para ocultar o sofrimento e martírio dum animal… Mira, é tam fácil como o que segue: sabedes que é umha animalada, mais esforçades-vos por acudir porque é a festa da espanholidade e sentídesvos espanhois. Respeito as afecçons e freakadas de cada quem, mas por favor jogade ao rol, ide tomar uns gelados ao carabela ou dar umha volta em quad ao Dakar, mas nom vos divirtades a conta da tortura animal, e muito menos para afiançar a vossa identidade, forçada e irreal como elas mesma. No fundo sodes galegos acomplexados que nom tenhem mui claro o qe som ou no que crêm. Reflexionai. Saúde.
o 2008-07-31 ás 8.59 pm 15.alberto dixo …
É unha verdadeira lástima que hoxendia haxa eventos deste tipo, un espectáculo dantesco que ten lugar có beneplácito de miles de persoas que pagan moitos cartos por ollar tal cousa. Parabéns pola iniciativa e adiante con esa concentración na que tentarei estar, iso si, agardemos que sexa pacífica e que non haxa incidentes, demostremos que somos xente civilizada e que podemos rexeitar unha cousa coma as touradas pero con sentido común e cabeza.
Unha vez máis noraboa pola iniciativa á xente da Plataforma antitaurina da nosa cidade.
o 2008-07-31 ás 9.47 pm 16.breogain dixo …
Está claro e non hai máis que olla-las respostas que a sociedade pontevedresa está dividida neste tema, descoñezo se os que gostan dos touros son unha ampla maioria ou somos nós, os que rexeitamos tal práctica os que somo-la maioria, de tódalas maneiras o que si debemos facer é debater con seriedade, tranquilidade e argumentos, e non como os que comentaba Luis e teño lido estes dias nalgún blogue, con lindezas como [Si no os gusta no vayais] ou [y vosotros no matais a las vacas para comer, o coceis vivo el marisco], por favor, sexamos serios, eu respecto a libre decisión de calqueira persoa en ir á praza, pagar 50, 60 ou 100 euros e aplaudir e vitorear a un toureiro namentres maltrata impunemente a un animal en desigualdade de condicións, si señor, desigualdade, porque ese animal de 500 ou 600 quilos que hai dias “correteaba por la pradera” foi picado e machacado nada máis sair á praza para que perda forza e xa medio aturdido enfrontarse a un toureiro, xa obvio todo o que acontece despois, cando lle pican coas banderillas e lle rematan na testa.. en fin, ao meu modo de entender unha salvaxada e un maltrato sen paliativos.
Polo demais, e falando xa da manifestación, agardo que ésta sexa autorizada polo governo municipal e que transcorra sen incidentes nin problemas de ningún tipo, agardo que nin provoquen uns nin outros, porque nestas cousas xa se sabe, agardo moito colorido, moita animación e bo “rollo”, deixemos ben claro que hai xente que non comulga con rodas de muiño e non estamos dacordo con esta barbaridade, agardo tamén que non se politice o tema, vaia por diante que a xente non está en contra dos touros por ser unha festa española e bla,bla,bla, senón porqué (ou alomenos no meu caso) é un insulto ao sentido común e ao raciocinio vexar e maltratar desta maneira a un animal.
Un saúdo a todos e graciñas polas vosas respostas
o 2008-07-31 ás 11.50 pm 17.Sísar dixo …
Como dixo Stalone nunha película : “esta no é a miña guerra”. A miña posición creo que quedou bastante clara e non entrarei en descalificacións.
Un saúdo a todos.
o 2008-08-01 ás 12.20 am 18.maruxa dixo …
Ola Breo,parabéns pola entrada.Considero que as touradas son un tema de debate do que a sociedade estáse a concienciar cada vez máis,da necesidade de erradicalas, e de que chamarlle festa nacional a un sinsentido,vil e cobarde asasinato de animais só pode pasar no E.Español.Isto é impensábel noutros países de Europa.E aínda para máis,que a sociedade galega antitaurina (coma min e moitos asidu@s a este blog)teñamos que subvencionar festas de corte españolista que se nos trata de impoñer dende instancias centralizadoras do estado,e xa unha tomadura de pelo.Persoalmente non me identifico en absoluto con todo o que representa esa festa.E máis, avogo pola ERRADICACIÓN DA FESTA TAURINA XA !!En canto a concentración,pídolle aos asistentes que den un exemplo de civismo,pacifismo e tolerancia,que xa sabemos que sempre hai un grupiño (dende os dous bandos) que aproveita calquer excusa para beber, dar a nota e montar unha trifulca.Coa violencia non se chega a ningures.TOURADAS FÓRA DA GALIZA!
o 2008-08-01 ás 12.37 am 19.Imeneo dixo …
De acordo no tema das corridas de touros. É un espectáculo sádico a máis non poder. Non alcanzo a enteder como é que se aproba este “espectáculo”, elevado á categoría de arte por uns poucos iluminados, entre eles moito dese artisteo progre que escribe e lee El País.
No que non estou de acordo é no das peñas. O estado da cidade despois dunha noite de peñas é lamentabilísimo, como se pasaran unha manada de trogloditas famentos. E seguramente a meirande parte desta xente non lle gustarán os touros nin irán á praza, pero disimúlano bastante mal.
o 2008-08-01 ás 12.41 am 20.Imeneo dixo …
para ilustrar o que dixen anteriormente sobre as peñas, deixo a seguinte ligazón
http://cousasdeimeneo.blogspot.com/2007/08/busca-as-diferencias.html
o 2008-08-01 ás 12.51 am 21.Andrés Milleiro dixo …
Imeneo, eu son un xoven pontevedrés, que non por temas de festa (que festeiro son un rato) senón por temas taurinos non vou ás peñas cos amigos.
Porque penso que as peñas é unha articulación máis da festa taurina, aínda que non se vaia a praza. Porque se se amplía o cartaz dos toros, as festas das peñas se ampliarán igual.
O que pasa é que neste país prefírese disimular antes que pechar unha festa, primeiro o viño e logo os ideais…
o 2008-08-01 ás 1.44 am 22.amigo dixo …
maruxa, igual a que estás bébeda es tu e non te deches conta.Descalificar calquera iniciativa ou revindicación popular invocando posíbeis “borracheiras” ou sementar a infámia de estar organizada por “violentos” é inadmisíbel de calquera ponto de vista. Seguramente cando participas tu nas tuas manifas ou no 25 non gostarías de que algún español andase a dicer que ao 25 van “hippis, costras e borrachos”. Por favor, seriedade, e sobre todo nos comentarios que pos en internet, representas a unha organización que non se corresponde coa belixerancia e imprecisión que sementas comentario tras comentario. Se queres insultar, faino cando menos cun nick anónimo que non deixe en mal lugar a tes compañeiros. Respeta aos demais, que será cando te respeten a ti. As cousas que dis non as din nen sequera os pepeiros, e o tal sísar ten mais “siso” ca ti pesia militar no españolismo. Incluso creo que sería mais fácil dialogar con el que contigo, fíxate ti.
o 2008-08-01 ás 8.34 am 23.Al dixo …
Maruxa, vese que non tes argumentos a favor das touradas (é difícil) utilizas outra táctica e arremetes contra as persoas que se mobilizan contra elas; é cair mui baixo un ataque dese tipo, sen probas e sen nada, cando toda a cidadanía consciente parabeniza á plataforma por reaxir por fin fronte a esta barbarie, ti aseguras que “beben” (cando? onde? non son as peñas as que beben durante dúas semanas?) e “dan a nota” (??).
A nota dala ti nestes comentarios, sinceramente, porque de antitaurina tes ben pouco e non creo que fixeras nunca nada contra as touradas.
Non ás touradas, non ás peñas, non á intoxicación. Xa abonda.
o 2008-08-01 ás 10.53 am 24.maruxa dixo …
Para Al e amigo:
vexo que hai asiduos a este blog ( entre eles vos) que arrementen contra todo o que digo eu, facendo demagoxia, poñendo en cuestión as miñas opinións e a miña capacidade para representar a unha organización política.
1º)Como non teño nada que ocultar e non son ninguha cobarde, vou coas verdades por diante, non teño pq utilizar un nick para escribir nos blogs. É moi sinxelo desbarallar para diante descalificando as opinións dos demais sen dar a cara. PARA MIN ISO É DE COBARDES.E ad+, os comentarios que meto son a título particular, non como membro de ningunha organización, q tamén teño vida propia fora dela ( aínda que lóxicamente sexan coherentes co que defendo, aínda que vós non o vexades así).
2º)En ningún momento fixen ningunha acusación contra a plataforma antitaurina ¿ de onde sacades iso? ( recoméndovos que vaiades a un oculista ou aprender a ler, aínda que a estas alturas….)Pero como de calquer cousa que diga facedes a demagoxia q vos interesa, pois seguide así, facendo amig@s. Despois de ler comentarios nesta entrada de q a concentración remataría diante da praza de touros a modo de provocación,o único que pedín foi sentidiño pq tod@s sabemos como acaban esas cousas. Lóxicamente, se vó-los dous vos dades por aludidos… abondan as palabras. E aínda vos digo máis. Si tanto me coñecedes e sodes compañeiros (como o tal amigo di ser meu neste blog) ,dar a cara dunha vez, e deixarvos de infamias sobre a miña persoa. Xa sabedes onde atoparme si tendes algo que dicirme. Eu si q non me escondo. Deixade a xente que se exprese con total liberdade e democracia, dando un exemplo de civismo. Con comentarios tan agres coma os vosos, sodes vós quen se descalifica. Somos moit@s os que estamos fart@s de ter q defendernos das vosas acusacións. Un saúdo para toda a blogosfera.
o 2008-08-01 ás 1.02 pm 25.RamiroPereira dixo …
Breogain non preguntei pero creo que si que está autorizada.
o 2008-08-01 ás 3.03 pm 26.RamiroPereira dixo …
Por certo, temos que ir todos e todas a concentración, cada un que pense o que queira, ese día non importan os ideiais, o importante é mostrar o rechazo da sociedade pontevedresa e galega a esta barbarie.
ADIANTE PONTEVEDRA ANTITAURINA!
o 2008-08-01 ás 3.12 pm 27.breogain dixo …
Coido que a meirande parte dos comentarios aqui verquidos concordan no básico, estamos en contra das touradas (salva un par de excepcións que respecto por suposto) e que consideramos que o feito de que por fin se comece a organizar algo en Pontevedra contra todo este lamentable espectáculo era algo moi necesario. Está claro e á vista dos comentarios é público e notorio, que no fondo coincidimos, pero non na forma, coido que algunha parte do comentario aqui feito por Maruxa non foi ben entendido, ou iso é alomenos o que eu penso, polas súas palabras denoto un claro rexeitamento ante a barbarie das touradas e un apoio sen miramentos a que se organicen cousas na nosa cidade como esta concentración, agora, coido que cando dixo o de que haberia algún bébedo coma sempre que queira da-la nota e demais…supoño que quixo dicir que agardaba que a concentración transcorrese sen incidentes nin problemas de ningún tipo, como supoño agardamos todos e todas nós, non quixera estar alí e que viñera a rebenta-lo acto algún “elemento” casposo e nostálxico dos de Pontevedra “de toda la vida”, que ben sabedes que os hai e non son poucos, agardo que nos respecten e ao feito de poder expresa-la nosa opinión na nosa cidade, dicirlles a todos que rexeitamos estas prácticas e que non estamos dacordo con que se celebren na nosa cidade nin tampouco en ningún povo ou vila de Galiza.
Un saúdo a todos e graciñas polas vosas aportacións
o 2008-08-01 ás 4.30 pm 28.maruxa dixo …
Ola Breo:
Efectivamente todo o que suscribes no teu comentario é ao que me refería,pero xa sabemos que sempre hai algúns q interpretan as cousas fóra de toda lóxica e senso común.Reitero o dito por Ramiro:ADIANTE PONTEVEDRA ANTITAURINA!
o 2008-08-01 ás 7.04 pm 29.ColectivoC dixo …
Mira que ben torean os blogueiros Pontevedreses:
http://i239.photobucket.com/albums/ff320/falco_vw/Dscf6359.jpg
o 2008-08-01 ás 9.20 pm 30.breogain dixo …
Colectivo….
para gustos hai cores
se eles desfrutan con iso pois alá cada un coa súa conciencia, eu respecto máis non comparto unha cousa coma esa.
e secundo o dito por Ramiro, Maruxa e algún máis
ADIANTE PONTEVEDRA ANTITAURINA !!!
o 2008-08-02 ás 4.34 am 31.Jorge Cubela dixo …
Eu alégrome de que o movemento, por chamalo dalgunha maneira técnica xq non sei se xa está constituída como asociación, contra o maltrato animal vaia a empregar os cauces democráticos para expresar o seu rexeitamento contra o maltrato animal, se verdadeiramente é por iso, e non xq trátese dunha “festa española”, da cal disfrutan Antón Louro, Pepiño Blanco, Javier solana entre outros bos asiduos ó coso pontevedrés.
Mais como esta guerra non é a miña, respeto tanto os que queren ir como os que non apoian as touradas.
o 2008-08-02 ás 11.26 am 32.breogain dixo …
Jorge…
eu manifestei en varias ocasións e fágoo unha vez máis, que non estou en contra das touradas por seren unha “festa española”, senón polo feito de que ao meu modo de entender, este “arte” como lle chaman os seus asíduos é un verdadeiro insulto ao sentido común, un acto bárbaro e sen sentido no que se sacrifica a un animal ante o aplauso agradecido de moitas persoas, ante iso non podo ficar impávido e vai na miña forma de ser o feito de manifestar o meu máis enérxico rexeitamento a prácticas coma ésta.
Sei que é algo moi importante na nosa cidade e que arrastra moita xente, pero tamén de fóra de Pontevedra, somos máis de 80.000 persoas na cidade e nin moito menos todos están a favor das touradas, agora é o intre de demostralo, tampouco me negarás que é nas ringleiras do Partido Popular onde ten máis adeptos nos políticos da nosa cidade, os sociatas tamén pero menos, en canto á actitude do B.N.G. sempre foi a mesma, non acodir ás touradas e mostra-lo seu rexeitamento, pero o que non podo admitir é que estando no governo amparen algo coma isto, non se pode ofrecer esa dobre faciana que eles están a mostrarnos, ou están ou non están, non valen medias tintas, e como forza progresista, de esquerdadas e nacionalista non llo podo permitir, isto vai dirixido sobre todo ao benegá pontevedrés, pero fágoo extensivo a todo o partido.
Un saúdo
o 2008-08-02 ás 1.34 pm 33.jorge dixo …
Ben, eu sinto disentir de que non haxa por tras polización. Explicome: aínda que non o queiramos ver, hai , digamos, 2 bandos. As corridas sempre estiveron politizadas e representan o que representan conxunta e indisolublemente á par do martirio do touro, que é a eséncia da españolidade. Só así se explica que estexan tan politizadas, só fai falta ver a abrumadora cantidade de bandeiras españolas que se exiben no coso taurino, mostra de que non só nos atopamos perante un “espectáculo”, se non fronte a unha festa organizada e apoiada polo nacionalismo español (con todos os matices). Por tanto, non se pode pedir aos antitáurinos que sexan simplemente apolíticos, porque as touradas están de sobra politizadas. Por lóxica, os sectores nacionalistas galegos chocan con isto, é de lóxica.
Ah, comparto o que di Breoghain, eu son antitaurina e digamos que respeito individualmente as taurinos, desde logo, mais colectivamente non podo respeitar unha tradición atávica que se basea no sofrimento e mutilación bárbara dun animal para divertimento dunha comunidade nacional sexa cal for. Dito todo isto aclaro que aínda que fosen galegas, loitaría igual contra as touradas, mais neste caso, que inda por riba de constituir unha salvaxada vallan para reafirmar o sentimento de españolidade, a mim, como nacionalista galega, ten que colocarme automaticamente en contra. Un cordial saúdo.
o 2008-08-04 ás 3.49 pm 34.breogain dixo …
Jorge
pode ser que o nacionalismo español queira ver nas touradas un “santo e seña” ou como ti dis, a esencia da españolidade, non o nego, que poden estar politizadas, home, eu non quixera olla-lo desa maneira pero sen dúbida moitos asi o acreditan e non serei eu que lles quite a razón, persoalmente estou en contra delas por ser un martirio para o animal, non polo feito de ser unha festa española que se fai en Galiza, inda que pode que coa boca pequena si que o estexa a dicir, se retiran festas galegas en vilas ou povos para poñer touradas, pois entón por suposto que estarei en contra delas por ese motivo, namentres so rexeitarei a súa presenza na nosa cidade polo mero feito de matar ao animal dunha maneira salvaxe e sen sentido ningún, pero respecto tódalas opininóns por suposto.
Un saúdo
o 2008-08-04 ás 4.17 pm 35.Jorge C. dixo …
Aclarar que o último Jorge non é o Cubela
De ti non dubido que as túas intencións estean movidas por principios, pero o dubido de moitos da plataforma.
Eu nunca fun a unha corrida e son do Partido Popular, o menos que hai que facer é crear estereotipos. A proba está en que o sábado poidemos apreciar a Pepiño Blanco, Antón Louro e demais deles por alí.
Pero quédome en que o fas por principios e non como moitos do BNG, amigos meus que acoden ás touradas.
Coherencia por favor.
o 2008-08-04 ás 9.30 pm 36.breogain dixo …
Jorge Cubela
Tranquilo home que xa me dera conta que o último comentario non era teu
Home, que queres que che diga, eu móvome por principios e por eses mesmos principios digo unha e outra vez que estou en contra das touradas polo mero feito de seren unha salvaxada e (na miña apreciación persoal) unha falta de sentido común, non sei quén será máis animal, se os propios animais ou nós, os homes, que nos temos por seres racionais.
No tema dos espectadores, pois a sorte vai por barrios como di aquel, está claro e non mo poderás negar, que entra a dereita (chámalle tamén centro dereita) estílase moito o tema das touradas, pero tamén en xente de esquerdas ou alomenos dos que se gaban de selo, estiven todo o finde fóra de Pontevedra e non souben nada de touros até hoxe, dia no que puiden ollar algunhas fotos nas que saian Oscar Pereiro, Pepiño Blanco acompañado de Antón Louro e algún máis…en fin, alá cada un coa súa conciencia, o mesmo que algún colega teu que simpatiza có B.N.G. e acode ás touradas, a ninguén se lle pode impedir por ter un ou outro carné pero apelo ao que ti dis, coherencia nas formas, iso é imprescindible.
Un saúdo e agardo estar o sábado na concentración para deixar clara a miña postura.
Saúdos a tod@s
P.D. por certo, non hai nada peor que os estereotipos coma ti dis, tampouco os nacionalistas galegos somos todos uns pintas con litrona e porro, moitos traballamos por este País na medida do que podemos.
o 2008-08-09 ás 2.24 pm 37.Jorge C. dixo …
Breogain.
Quen cree eses estereotipos arredor dos nacionalistas soamente por selo paréceme moi… como diría… unha baixeza intelectual moi fonda…
na viña do señor hai de todo!!