Cargando...

Cinema e televisión 18 xullo 2008

O carteiro Pat e o seu gato Yes…

Foi hai un par de dias no traballo, é dicir, no lugar de traballo pero fóra de horas de traballo, para entendernos, non vaia se-lo conto que chegue isto aos oidos dalgún xefe meu e logo diga que andamos a vaguear no curro...jajaja.

Como dicia, que varios dos meus compañeiros e máis eu falabamos daquelas series de debuxos animados ou series en xeral que nos deixaran pegada nas nosas vidas, e fixádevos se a cousa foi curiosa, que a maioria das series que nos viñeron á cabeza foran emitidas pola T.V.G. nos seus comezos, aló por mediados dos anos oitenta, cando un servidor tiña uns dez ou once anos, daquela sairon nomes como O home goma, as bolas do dragón, falcóns do espacio, Hattori o ninja e algunha máis, pero a máis antiga que un servidor lembraba era O carteiro Pat, un entrañable carteiro do servicio postal británico, que a bordo da súa furgoneta vermella e na compaña do seu inseparable gato branco e negro Yes, percorría povos e vilas repartindo o correo, pasando penurias e dificultades e divertíndonos a todos sempre cun sorriso na súa faciana despreocupada. Pode que este post sexa unha chorrada, pero ao lembrarme daqueles anos nos que a nosa única preocupación era toma-lo bocata de nocilla e chegar a tempo para poder olla-lo capítulo dese dia, esbocei un sorriso de felicidade. Agora non sei que debuxos pasarán pola televisión, de seguro que violentos como os xogos das video-consolas, nada semellante a aqueles debuxos do ano 1985, nunha televisión autonómica que daba os seus primeiros pasos, aquelas series en galego que tanto nos axudaron aos que non eramos galego-falantes a irmos acostumando a un idioma que, os que viviamos na cidade apenas escoitábamos na escola ou na rúa, non estaria mal que voltaran a pasar algunha serie "mítica" e se deixaran de tanto debuxo xaponés violento.

Carteiro Pat, cateiro Pat e o seu gato yes, xuntos pola rúa....

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

19 comentarios a “O carteiro Pat e o seu gato Yes…”

  1. o 2008-07-18 ás 8.32 pm 1.Julio Torres dixo …

    Estimado amigo Breogain, identifícome plenamente en todo o que dis no post. Hai 11 anos, quen os pillara. Servidor tamén tiña 11 anos cando o emitían. Uff xa pasaron 21 anos…..

    Lémbrome que eran uns debuxos de animación moi prehistóricos pero moi entrañables. O carteiro era eficiente. Encantábame. Tamén lembro que botaban antes, coido, uns debuxos de plastilina que non me lembro como se chamaban.

    ¿E que me dis de Buck Rogers no século XXI? Ou era no século XXV. Bueno, dá igual. E os debuxos de Alfalfa e os seus amigos…

    Unha etapa entrañable dos que eramos nenos daquela. Que so tiñamos a primeira e a segunda cadea. E desde mediados dos 80 tamén contabamos coa Televisión de Galicia. Iso si, so abría pola tarde, creo lembrar.

    Agora hai moitas máis que tres canales, pero a oferta é pior. Diso non teño dúbida.

    Hoxendía fálase dos anos 80. Para min os mellores, pero non so pola música (movida madrileña con moitos grupos galegos no allo) senón por moitas cousas. A que acabas de apuntar é unha delas. Logo os anos de colexio.

    Ayy, un artigo que ben se merecería unha MÁQUINA DO TEMPO en A Lareira Máxica.

    Un saúdo, amigo
    Gracias por este nostálxico pos, para nada absurdo, TODO O CONTRARIO.

    E non sigo falando, que parece que xa fose avó jajaja.

  2. o 2008-07-19 ás 11.25 pm 2.Luis dixo …

    O carteiro Patt!!!!!!!

    Carteiro Patt,
    Carteiro Patt,
    e o seu gato Yes!!!

    Son os primeiros debuxos animados que lembro, curiosisimo! Lembro perfectamente a sintonía do comezo dos debuxos, e sen dúbida tiña os ingredientes perfectos de inocencia, tenrura e simpatía que necesitan os nenos pequenos. Pero iso si, non eran estúpidos, non consideraban ao neno coma alguén incapaz de comprender un problema ou intentar atopar a solución. Agora hai debuxos demasiado violentos, ou sexistas, ou demasiado estupidos.

    Quen me dera ter agora 5 anos, non ter preocupacións, e tan só pensar no bocata de nocilla e ver o seguinte debuxo animado…

    Un saúdo Breogain!

  3. o 2008-07-20 ás 10.39 am 3.breogain dixo …

    Efectivamente, uns debuxos entrañables, como dicia, posiblemente é a serie de debuxos máis antiga que chego a lembrar, coido que tamén como ben apuntaba Julio, botaban antes de éstes outros que eran uns bonecos de plastilina pero tampouco me lembro do seu nome. Aqueles eran anos de inocencia nos que somentes nos preocupaba divertirnos e como tamén comentas Luis aqueles debuxos tratábannos como persoas e non como telespectadores, hoxendia máis que formar a un neno e axudarlle a desenrola-la súa intelixencia o que se prentende é que éste estexa toda a tarde ollando os debuxos e enganchado á televisión, tanto ten se aprende algo ou non, a cuestión é ter audiencia, o tan levado e traido “share”, iso semella que é o importante para unha cadea televisiva. Por certo, por suposto que me lembro tamén de Buck Rogers, xa o comentaba nas series das que me lembraba, unha era “Falcóns do espacio”, Buck Rogers e disuit (ou algo asi), aqueles robots que semellaban pelotas de fútbol, aquelas naves espaciais…buff, que lembranzas, eu flipaba con aqueles debuxos tamén….jajaja

    Unha aperta aos dous :)

  4. o 2008-07-20 ás 4.05 pm 4.Julio Torres dixo …

    Twigui ou algo así se chamaba o robot, Breo. Do que me lembro, e ti tamén, a bo seguro, era da súa inconfundible muletilla: “biri, biri, biri”.

    Suscribo o que tamén di Luis.

  5. o 2008-07-20 ás 10.53 pm 5.Sísar dixo …

    jajaja, enorme post, enorme. Lo tengo comentando con muchos amigos y muy pocos se acuerdan de esa serie. Un saludo

  6. o 2008-07-21 ás 1.04 am 6.O Traveseiro dixo …

    Viva a xeración pre-Xabarín! Buck Rogers, A Muller Biónica, Magnum… e por que non, Dallas e as súas célebres dobraxes que ficaron para a historia coma o famoso “Sue Ellen, estás bébeda!!”

    Hipo e bo rapaz, deixame vivir eu son Tomás!!

  7. o 2008-07-21 ás 2.50 pm 7.breogain dixo …

    jajajja, é verdade traveseiro, despois destes debuxos e cando xa iamos un pouco máis “creciciños” chegou o inimitable Magnum P.I. :)

    ZEUS, APOLO, VINDE !!!! aqueles dous dobermans impresionantes que tiña o seu xefe, do cal xa non me lembro do nome, coido que era Higgins non ? mira que flipaba eu có helicóptero que tiñan e o ferrari…buff, tamén é certo que eramos doadamente impresionables :)

    un saúdo e viva a nostálxia !!!

  8. o 2008-07-28 ás 3.37 am 8.Nel dixo …

    Que curiosidade, Breo! Veño de pasar uns días en Portugal é á tardiña, mentres me arranxaba para ir dar unha volta pola vila, puña a tele. Non sei que cadea era, si que era unha en aberto (non sei se a RTP, a SIC…) e puñan o carteiro Pat. Aínda rin un cacho lembrando aqueles anos. E agora, visito o teu blogue, e atopo esta entrada.

  9. o 2008-07-28 ás 3.10 pm 9.breogain dixo …

    Pois menudo privilexiado Nel, supoño que nas televisións de aqui xa non pasan eses debuxos ou alomenos non ollei publicidade ningunha deles, agaro que desfrutaras uns minutiños do carteiro Pat e o seu gato Yes, voltaches por uns intres os teus anos máis mozos…. :)

    un saúdo

  10. o 2008-08-01 ás 12.05 am 10.meninheira dixo …

    Totalmente de acordo!!

    E engado: que volte o Xabarín polas tardes!!

    Un saudo

  11. o 2008-09-10 ás 9.01 pm 11.Xelo dixo …

    xustamnete agora estaba tratando de atopar unha serie que emitian na tvg e acabei nesta paxina.
    A ver se alquen me pode axudar, creo que se chamaba O pequeno Hercules ou algo asi. Creo que é do ano 90-91 e trataba dun rapaz con gran forza e que vivia na terra despois dunha catastrofe nuclear ou algo polo estilo.

  12. o 2008-09-10 ás 9.05 pm 12.Xelo dixo …

    Alguén se lembra da serie o Patio de atrás? na que habia unha especie de dinosaurio e un inventor tolo?

  13. o 2008-11-01 ás 11.24 am 13.maria dixo …

    Bo día, estou buscando a canción en galego do entrañable carteiro pat pero non son que de atopala.

    Alguén pode conseguila.
    Moitas grazas

    esalapyc@yahoo.es

  14. o 2008-11-02 ás 11.05 am 14.breogain dixo …

    Ola Maria

    Pois eu tamén estiven pescudando e non din atopado esa canción…se ao final aparece non vos preocupedes que a colgarei neste mesmo post, a ver se teño sorte.

    Ola Xelo

    Pois a verdade, lémbrome vagamente desa serie pero non sei de que ia, somentes venme á cabeza o nome pero non os integrantes desa serie nin de que ía o tema, síntoo, e da outra da que falas, o pequeno Hércules tampouco, no ano 90-91 xa non era tan cativo e xa non ollaba os debuxos, eu deixei o tema con Songoku e as tartarugas mutatantes..

    Un saúdo e graciñas polas vosas visitas :)

  15. o 2008-11-16 ás 2.18 am 15.Uxía dixo …

    Ola, son Uxía e a verdade é que me alegra atopar páxinas como esta na que moitos buscades cousas que tamén busco eu (así non son a “única tola” buscando estas cousas de fai 20 anos polo menos!).
    Ó igual que María, tamén busquei e busco a canción en galego do carteiro pat. Se atopo algo xa o escribirei aquí. E falando daqueles anos e dos seus entrañables debuxos, alguén lembra uns que era un homiño que sempre andaba cun bote de pintura e unha brocha e cando precisaba algo sacábase de brocha e, hala!,a pintar? Non estou segura se era na galega ou na 2. Certo é que me faría ilusión atopalos.
    Un saúdo

  16. o 2008-11-16 ás 3.53 pm 16.breogain dixo …

    Ola Uxia

    Graciñas por te pasares polo meu blogue e deixar un comentario.

    A verdade é que non me lembro deses debuxos do home có bote de pintura, estiven pensando un bo cacho nese tema pero non dou lembrado nada diso, pode que fora na T.V.G. ou noutra canle, pero a verdade é que non me lembro deles, os máis antigos que recordo son os do carteiro Pat, despois pois outros como o home goma, as tartarugas ninja, As bolas do dragón e supoño que algúns máis, e de series pois George e Mildred, que ben o pasaba con eles, tamén con Magnum P.I, desfrutaba moito.

    Pois nada, se atopas a canción do carteiro Pat en galeo postea logo aqui a url ou dinos onde a atopaches.

    Un saúdo Uxia

  17. o 2010-01-15 ás 5.53 pm 17.juan dixo …

    ….. gato yeeeeesss. Cedo na mañaaan, cando o díaaa naaaceeee, escomenza a repartir co seu furgón.

  18. o 2010-03-12 ás 12.19 pm 18.Marian dixo …

    Carteiro Pat, Carteiro PAt e o seu gato Yes…
    Os paxaros cantan, nace un novo día, Pat si que é un home ben feliz!!!
    Poñede a 2 ás 8:30.
    Sorpresa!!!!

  19. o 2010-05-31 ás 11.23 pm 19.david dixo …

    os da xeración nosa crecimos con debuxos entrañables que nada teñen ca ver cos de hoxe… e moi bonito que 20 anos despois esos debuxos quedn marcados nas nosas mentes e, imaxino que coma a min, entranos unha profunda nostalxia o ver as fotos deses “amiguiños” da nosas infancias…
    como a maioria tamen busquei esa pegadiza cancion en galego e soamente atopeina en ingles…
    por certo levo anos dicindo a xente “o campo de atras” e ninguen se acorda, e que xa imos vellos…

    un saludo a todos os noltalxicos do carteiro e o gatiño

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.