Cargando...

Actualidade 24 Xullo 2008

25 de Xullo, dia da patria galega

 

[ A nosa galeguidade provén da fortaleza do espírito, e ainda que carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia.. ] A.D. Rodriguez Castelao (1886-1950)

25 de Xullo, dia da patria galega, o dia de tódolos galegos e galegas, dos que vivimos aqui e dos estades espallados polo mundo adiante, nun dia coma hoxe berremos todos máis forte e alto ca nunca...

SOMOS GALEG@S !!!

Chuzame! chúzame -

17 comentarios a “25 de Xullo, dia da patria galega”

  1. o 2008-07-24 ás 11.10 am 1.Andrés Milleiro dixo …

    Mañá merca o Diario de Pontevedra, que saen unhas verbas dun tal Andrés Milleiro ;)

  2. o 2008-07-24 ás 12.34 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Nun tempo en que solo os nacionalistas parece que son os únicos e verdadeiros galegos, eu tamén son galego.

    Saludos.

  3. o 2008-07-24 ás 12.48 pm 3.Sísar dixo …

    Todo un acerto as verbas escollidas Breogain. Integradoras e unificadoras. Súmome a causa, son galego.

  4. o 2008-07-24 ás 5.52 pm 4.Luis dixo …

    Eu tamén e síntome moi orgulloso de ser galego!
    Un saúdo e noraboa a todos os que somos galegos!

  5. o 2008-07-24 ás 7.09 pm 5.alberto dixo …

    Eu tamén son galego e orgulloso de seu !!!

  6. o 2008-07-24 ás 9.34 pm 6.breogain dixo …

    sen dúbida un dia importante para tódolos galegos, un dia para reafirmarnos na nosa condicións de habitantes do mundo, pero tamén de habitantes deste pequeno País que estamos a construir có esforzo de todos e todas, ogallá o noso traballo e o traballo dos que viñeron antes coma Castelao, Bóveda e tantos e tantos galegos teña vexa o seu froito algún dia.

    Únome a todos vós nese berro

    Eu tamén son galego !!!

  7. o 2008-07-26 ás 9.58 pm 7.maruxa dixo …

    Parabéns polo artigo Breogain. Onte foi o día da nosa festa nacional, o dia da patria para toda a cidadanía galega.Foi un día de exaltación e xúbilo, e como non, un ano +, un orgullo formar parte da marea humana que ateigaba as rúas de Santiago de Compostela reivindicando o dereito ao autogoberno do pobo galego dentro do estado español, para rematar na Praza da Quintana empurrando o puño e cantando o himno de E.Pondal. Toda unha lección de que Galiza está máis viva ca nunca,e mal q lle pese a moitos,anímovos a entonar máis forte ca nunca:”quen queira, quen non, Galiza é unha nación. VIVA GALIZA CEIBE¡

  8. o 2008-07-27 ás 11.55 am 8.breogain dixo …

    Unha mágoa non ter ido a Compostela Maruxa, saín do traballo e o dia estaba tan malo que ao final pasei de ir aló, contáronme que o Festigal cada ano vai para arriba, que habia unha chea de xente e que está super ben montado, díxome Milleiro que estaba moi completo e moi animado, ata coido que houbo xuntanza alí de blogueiros galegos e todo, todo un éxito polo visto.

    E namentres Feijoo levando paos dos seus polo discurso que deu no panteón de Galegos ilustres, algo que foi tachado de “alarde nacionalista” por libertad digital…

    http://www.libertaddigital.com/nacional/feijoo-habla-de-la-doble-nacionalidad-de-los-gallegos-1276335447/

    E hai unha chea de comentarios no artigo que non teñen desperdicio….algúns rancios, rancios.

  9. o 2008-07-27 ás 12.34 pm 9.Ulmo de Arxila dixo …

    Acabo de ler a notícia e os comentários e fiquei pampo. Non sabia eu que houvese ainda tantos seres mono-neuronais polo mundo adiante. O de “Santiago y cierra España!” non tivo desperdício, vamos.
    Podo contar que o dia 25, estando tranquilamente tomando unhas cañas cuns colegas depois da manifestazón, chegou un destes imbéciles e comezou a importunar-nos deixando-nos de názis para arriba. Que se era a festa de Galiza e non a do BNG, que se lle estávamos metendo ideoloxia aos nenos pequenos… todo isto en perfeito español, claro, e rozando o insulto persoal. Nosoutros, simplesmente, seguimos ao noso e, chegado o momento, erguemo-nos e marchamos de ali. Non sen antes lembrar-lle ao personaxe en cuestión que deveria fazer duas cousas: ler un pouquiño máis e deixar as drogas.
    Depois sempre somos nós os racistas intolerantes e todo iso…

  10. o 2008-07-27 ás 5.33 pm 10.breogain dixo …

    Desa xentiña haberá sempre e en todas partes, e o máis triste é terlle que escoitar cousas así a un galego coma nós, algunha xente non entende que pode haber diversas concepcións ou ideoloxias e que hai que ter un mínimo de respecto pola opinión dos demais… sempre ten que sair algún con discursos apocalípticos e dramáticos como o caso do que nos falas, dicindo que tal como imos camiñamos cara ao precipicio e tal.

    Unha mágoa pero unha realidade, o mellor é non facerlles caso e vía, non te vaias a amarga-lo dia por un energúmeno destes.

    Un saúdo Ulmo

  11. o 2008-07-28 ás 1.14 am 11.lamberto dixo …

    O nacionalismo galego ollou sempre a permanencia no estado español como un mal transitório co que había que apandar e supeditou sempre a presenza no marco estatal dentro da estrita fórmula do dereito de autodeterminación previo a calquera posíbel pacto con outras nacións do Estado. Antes de federarse con alguén haberá que ter a soberanía, é un requisito sine-qua-non.

    Para ter a soberanía hai que exercer o dereito democrático de auto-determinación, e o nacionalismo galego sempre foi auto-determinista.
    A soberanía, Maruxa, é un malabar lingüístico para evitar formular a independencia, que é o camiño único da liberación nacional. O nacionalismo coidou que dirixir-se ao pobo co termo “soberanía” era simplesmente dicer o mesmo mais con outras palabras mais sinxelas de entender e, para parte do pobo, mais asumíbeis.
    O horizonte ideal de calquera nacionalista é, por tanto, a independencia, que é ao que equivale a expresión “Galiza Ceibe” (completada pola engádega “poder popular” de inspiración revolucionaria e socialista).
    Por tanto, confundir de cheo toda esta formulación e pensar que o berro de Galiza Ceibe debería ir matizado polo “dentro do estado español” non é só unha traizón á nosa ideoloxía, se non que constitúe claramante unha contradición tan grande que descalifica a que a poida formular.

    Propor a soberanía no marco dun pequeno imperio fracasado como é España, que leva 500 anos a impedir que o noso pobo se desenvolva económica e culturalmente é unha auténtica tomadura de pelo, descalifica imediatamente a alguén que se auto-denomine nacionalista e deixa a fronte á altura do betún. Berrar catro palabriñas de orde sen matinar en que significan pode ser perdoábel nun militante púber, mais nalguén que ostenta unha responsabilidade orgánica é bastante grave.

    Fago un pequeno extracto da web vella do BNG para que leas os nosos verdadeiros principios, e que algúns pretenden ocultar:
    “Nunha nación como Galiza, plenamente constituida, con todos os seus atributos nacionais desenvoltos cunha claridade meridiana (idioma próprio, sentimento de pertenza a unha colectividade diferente, relacións sociais e económicas homoxéneas dentro do país e distintas cara o exterior, con território de seu, etc…) é evidente que nos asiste o direito de autodeterminación recoñecido internacionalmente para todas as nacións. Para que Galiza poda realizar-se en plenitude e liberdade, precisa dun Estado próprio”

    Agora, dos princípios fundacionais do BNG:

    Estatutos Fundacionais do BNG
    #
    Galiza é unha Nación
    E polo tanto ten direito á autodeterminación política que, de ser real, ten que concretarse nunha alternativa de Soberanía Nacional, marco imprescindibel para exercer o control popular de todos os recursos da sociedade galega.
    O povo galego, consecuentemente, ten direito a exercer o poder constituinte que desemboque no pleno exercício da Soberanía Nacional.

    Galiza e o colonialismo
    Partindo do feito de que Galiza está sometida a unhas relacións de dependéncia colonial, a actividade política encamiña-se a cortar esa dependéncia.

    Tarefas para casa: ler varias veces o anterior, tentar entendelo, e rezar 4 padrenuestros. Sen ánimo de ofender, e co máximo cariño e aprezo, hai que ter claro o que se defende, como, onde e por que.

    Saúde, Terra e Feliz 25 de Xullo, día Nacional.

  12. o 2008-07-28 ás 3.11 pm 12.Ulmo de Arxila dixo …

    Subscrevo palavra por palavra o dito por Lamberto.

  13. o 2008-07-28 ás 3.17 pm 13.breogain dixo …

    Lamberto…

    Pois non che falta razón nas afirmacións que fas, o que está claro é que o B.N.G. foi reformulando os seus prantexamentos cara a un nacionalismo se cadra máis moderado e menos reinvindicativo, con isto quero dicir que algunhas das arelas que houbo na súa fundación, como a independencia de España pouco a pouco pode que se foran diluindo no tempo debido a que agora chegaron ao poder, e como isto é algo pasaxeiro, ben o sabemos todos, unha forma de manterse alí e amplia-lo abano de votantes chegando a outras capas sociais ás que ate o de agora o nacionalismo galego non chegaba, moderando o seu discurso poderán chegar aos galeguistas ou nacionalistas máis de centro, xa que na actualidade non hai un partido que cumpra con esas expectativas en Galiza, vaia por diante que é unha opinión persoal, e que non quero dicir que o B.N.G. traizoara aos seus principios e mailos seus votantes, senón que có tempo foise moderando e consecuencia disto pode ser que o seu posicionamento político sexa moito máis alonxado do independentismo do que era hai dez ou quince anos.

    Un sáudo e graciñas por pasarte por aqui

    por certo, Viva Galiza ceive e popular :)

  14. o 2008-07-28 ás 4.30 pm 14.maruxa dixo …

    Abraiada! Así é como quedei tras ler o comentario dun tal Lamberto que ad+ de facer unhas interpretacións ben retorcidas das miñas palabras,trata de darnos unha lección maxistral sobre nacionalismo galego e sobre os fundamentos do BNG.Incluso poñendo tarefas para casa en plan irónico….Non serei eu quen lle diga que desista do seu intento,pero sí lle recomendo que antes de facer acusacións traizoadas polo seu subconsciente antiespañol (mesmo anti-todo pensamento diferente ao seu,diría eu),o máis acaído sexa que reflexione e pense ben o que di.Co meu comentario nin fago unha defensa do estado español nin estou traizoando todo o traballo de tantos galegos e galegas que arelaron este país, mesmo dando a súa vida, tempo atrás e tantos que hoxe seguimos a traballar polo país.Simplemente fixen referencia á situación actual na que estamos inmersos.De aí q reclamemos( entre moitas outras cousas) o dereito de autogoberno para cambiar tal situación,sexa dentro do estado, dentro do mundo, do universo..que lle chame como queira.Todo o demais son paxaradas.Pode ser que as miñas palabras fosen desafortunadas (q non me parecen para tanto)pero facer esa interpretación tan sobervia,e de tal calado,da unha idea ben clarificadora do tipo de estirpe de quen procede.saúde e patria.

  15. o 2008-07-28 ás 5.00 pm 15.RamiroPereira dixo …

    VIVA GALIZA CEIVE!!

    Muito boa foi a mani de Causa Galiza.

    saudos breogain

  16. o 2008-07-29 ás 12.35 pm 16.Jorge C. dixo …

    O teu Blogue segue a ser un referente na blogosfera.

    Se pode ter calquera ideoloxía pero sempre dende o respeto e a tolerancia.

    Es un referente no nacionalismo galego.
    Unha aperta.

  17. o 2008-07-29 ás 9.46 pm 17.breogain dixo …

    Jajaja, graciñas Jorge, nin me teño por un referente nin tampouco quixera selo, do que si estou moi orgulloso é de pertencer a este blogomillo ou blogosfera pontevedresa que está a medrar dia a dia e na que podemos ter debates enriquecedores e participativos como temos, está claro, e iso téñoo constatado que un dos temas que máis éxito e participación ten é o da língua e a política, non hai máis que olla-los comentarios que teño nos post que puxen sobre o Manifesto, sobre Galicia Bilingüe ou sobre o dia da pátria galega….

    Un saúdo para ti tamén :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.