Pontevedra 7 agosto 2008
Concentración antitaurina en Pontevedra
Como firme detractor que son das touradas, fágome eco da convocatoria dunha concentración antitaurina que terá lugar o vindeiro sábado 9 de agosto na nosa cidade de Pontevedra, o acto que está organizado pola Plataforma Pontevedra antitaurina terá lugar na praza da Peregrina ás 19:00 horas. Todo isto forma parte dunha campaña informativa na cal, se pretende mobilizar a todos e todas aqueles que non estamos dacordo con que esta barbarie que son as touradas teñan lugar na nosa cidade, onde como todos coñecedes, temos a única praza estable de toda Galiza, a campaña complétase con mesas de recollida de sinaturas e o reparto de trípticos informativos explicando os motivos polos que se fai esta mobilización en contra das touradas.
Dende esta páxina vaia o meu apoio para esta mobilización que defende o dereito dos animais a non seren sacrificados desta salvaxe maneira, alguén argumentará que o touro nace para morrer na praza, pobre xustificación que non me serve como resposta, tamén no San Martiño matámolo porco que cebamos para sacrificar, pero diso non facemos unha festa nin cobramos unha entrada. Aproveitarei tamén para darlle un toque de atención ao bipartito pontevedrés, o cal presume de progresista e de esquerdas, pero segundo podemos ollar nos cartaces dos festexos, seguen a apoia-las touradas como xa facia o Partido Popular cando governaba, ¿será cousa dos socialistas ou de sociatas e nacionalistas? de ser así non entendo a dobre vara de medir que teñen os do Bloque para unhas cousas e outras, socios de governo si, pero pasar polo aro a calqueira prezo nunca.
Dende aqui chámovos a acudir á concentración e a mostra-lo voso rexeitamento a un "espectáculo" coma este, lembrade que será o sábado 9 de agosto ás 19:00 horas na praza da Peregrina de Pontevedra.
chúzame -







o 2008-08-10 ás 12.32 pm 1.breogain dixo …
Aqui temo-la reseña que fixo da concentración de onte o diario de Pontevedra
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/14934.html
non fala de número de concentrados pero coido que seriamos ao redor dunhas cen persoas, non está mal para se-lo primeiro ano que se organiza algo seriamente nesta cidade, destacar que en todo momento a xente foi moi respectuosa e comportouse, cousa que algunha xente debía dubidar, sobre todo a policía, posto que ata alí desprazáronse dous coches patrulla, unha furgoneta e dúas motocicletas da local e da nacional, en fin, que a concentración derivou nunha marcha que ao longo duns quince/vinte minutos percorreu algunhas rúas da cidade para voltar a concentrarse outra vez diante da fonte da Peregrina onde foi lido un manifesto no que se manifestaba o rexeitamento de todos os que alí estivemos concentrados a que o Concello de Pontevedra ampare e faga publicidade nos festexos da nosa cidade das touradas.
o 2008-08-10 ás 5.05 pm 2.RamiroPereira dixo …
Saudos Breo,
pois nada o final onte fumos sobre uns 200 e pico non cen hehe, durante a mini concentración se foi sumando máis xente, e cando chegamos a peregrina algunha mais. Se contou asi por enrriba, pero 200 eramos fijo.
Un saudo
o 2008-08-11 ás 1.29 pm 3.Nel dixo …
Eu estou máis coa cifra de Ramiro que coa de Breo. A xente, non podía ser doutra maneira, comportouse e só un ancián que pasou por alí diante desgañitouse soltando uns cantos insultos contra os concentrados. Había entre nós xente nova e non tan nova, mozos con camisolas reinvindicativas e algunha moza xa madura con benetton, peñistas coa botella na man e membros de asociacións ambientalistas… Lástima que non se puidese escoitar o texto final xa que había xente noutros lados da praza atenta á concentración e que tamén aplaudiu o encerramento do acto a pesar de non escoitar nada.
o 2008-08-11 ás 2.55 pm 4.breogain dixo …
a resposta da xente estivo á altura das circunstancias, moi ben polos organizadores e por nós mesmos, os asistentes, que en todo momento soubemos comportarnos correctamente, inda que houbo nalgúns intres algunha que outra provocación, como o ancián do que falas ou tamén algúns integrantes da peña “torito latino” (sic) que no comezo da concentración adicáronse a pasar por diante en ton provocador e no remate a botarnos auga e algún que outro comentario ao respecto do acto que estaba a ter lugar ali.
o dito, parabéns a todos e todas
o 2008-08-12 ás 1.07 am 5.videomatico dixo …
aquí tedes un vídeo da mani:
http://gzvideos.info/manifestacion-de-pontevedra-antitaurina/
o 2008-08-12 ás 2.57 pm 6.breogain dixo …
pois graciñas por agrega-lo video, botareille unha ollada.
un saúdo