Axenda & Música 15 agosto 2008
Concerto dos “Luar na lubre” en Pontevedra
Levan a nosa música e tamén a nosa cultura alá onde viaxan, son de seguro o grupo galego de música folc máis internacionalmente coñecido despois dos grandísimos Milladoiro e do gaiteiro Carlos Núñez, a formación comandado por Bieito Romero tocarán a noite do 17 de Agosto na praza da Ferreria de Pontevedra, cecais sexa casualidade ou non que toquen precisamente neste dia na nosa cidade, unha data tan importante para a memoria galega coma a que se conmemora hoxe, o dia dos mártires galegos, o aniversario da morte de Alexandre Bóveda, tendo en conta isto, que mellor homenaxe que a dun grupo galego.
Luar na Lubre levan unha chea de anos facendo da nosa música un produto de exportación, as súas melodias e tamén as súas letras engancharon a milleiros de afeccionados ao folc, aqui e en todo o mundo, teñen tocado nos máis importantes festivais de música celta do mundo, dende o galego Festival do Mundo Celta de Ortigueira ate o Intercéltico de Lorient na Bretaña (República de Francia). Eu tiven a oportunidade de coñecelos en persoa nunha viaxe que fixen hai anos ao Bierzo, nun festival no que eles tocaban antes de viaxar de novo cara ao Québec (Canadá), presentoumos unha amiga e botamos unha parrafada con Bieito Romero, Rosa Cedrón (a vocalista daquela) e o resto do grupo, logo tamén estiven en varias ocasións na súa taberna folc na Coruña, que dicir deles, sobre todo do gaiteiro Bieito Romero, un tipo xenial, un galego dos pes á cabeza, orgulloso de leva-la nosa cultura e o nome do noso País polo mundo adiante.
Dende este recuncho de A ponte vella, recoméndovo-lo concerto encarecidamente, Luar na Lubre son de seguro hoxendia, o mellor directo que podedes ollar dun grupo galego de folc, todo un espectáculo para a vista e os sentidos, unha aposta moi atinada por parte do Concello de Pontevedra a súa contratación, de seguro que non defaudará a ninguén, presentarannos o seu último disco Camiños da fin da terra, déixovos có meu tema preferido Chove en Santiago, na voz da súa anterior vocalista, Rosa Cedrón.
chúzame -







o 2008-08-15 ás 4.32 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
Haberá que ver se chove, porque se chove eu non vou
o 2008-08-16 ás 10.00 pm 2.breogain dixo …
eu tentarei pasarme, pero mañá segundo contan o dia semella que vai estar bo, xa veremos que pasa.
un saúdo andrés
o 2008-08-17 ás 4.11 am 3.A amiga que chos presentou ;) dixo …
Que ben lembrar aquela noite de “bandeira”………
Vémonos na praza!!
o 2008-08-17 ás 1.13 pm 4.breogain dixo …
Que sorpresa Raqueliña, hai cantos anos que non coincidíamos por ningures, efectivamente lémbrome daquela experiencia de sair pitando para o Bierzo a levarlle-las bandeiras de Galiza a Bieito porque precisaban delas para ese festival no que ian tocar no Québec, aquel concerto foi unha experiencia inesquecible e coñece-los en persoa moito máis, tampouco podo esquecer aquel povo de Quiroga (Lugo) ao que me levaches. Graciñas por te pasares por este blogue a deixa-lo teu comentario, eu hoxe tiña pensado ir á oferenda a Alexandre Bóveda e mailo concerto pero agora mesmo teño as dúas cousas no aire e coido que non poderei ir por compromisos familiares, unha mágoa, porque desfrutar dos Luar na Lubre na casa non é cousa que se repetirá en moitas máis ocasión, nembargantes tentarei estar.
Por certo, para quen non a coñeza, coñecín a Raquel hai unha chea de anos na primeira canle de música celta que houbo en Galiza, daquela no archicoñecido MIRC, despois compartimos uns cantos festivais de Ortigueira con máis folkies de todo o Estado Español e chegoume a presentar aos Luar na Lubre en persoa, é máis, a letra dunha das súas cancións foi composta por ela, na actualidade ten unha web de música galega que supoño teredes ollado nos meus favoritos, chámase Ghastas Pista? e é posiblemente a web de música galega máis coñecida que hai na rede
http://www.ghastaspista.com/grupos.php
Un bico Raquel
o 2008-08-19 ás 1.04 am 5.O Traveseiro dixo …
Como anécdota comentar que na Coruña a Rosa Cedrón lle chamaban “a rapaza do 14″. Ese era o número de liña do bus urbano que collía ela habitualmente, e para subirse tiña que entrar por unha porta traseira para mete-lo violonchelo, que ocupaba o seu no bus.
o 2008-08-19 ás 3.09 pm 6.breogain dixo …
Traveseiro
Descoñecia esa anécdota tan simpática, non me estraña nada, como semellante “artefacto”, metelo no bus tiña que ser todo un espectáculo..
Un saúdo