Deportes 26 Xullo 2008
Un par de apuntamentos sobre o Pontevedra C.F.
Veño de olla-lo novo spot publicitario do Pontevedra C.F. en youtube, un anuncio supoño que para a televisión local e que me acaba de deixar perplexo pola súa simplicidade e escasa calidade. Non quixera ser demasiado duro no meu comentario ao respecto, pero coido que é case que imposible facer algo máis ñoño e con menos convicción que o que veñen de facer, suponse que este traballo de marqueting está dirixido a captar novos socios para a entidade e con material como éste, de tan escasa calidade o que van a conseguir é que non so non cheguen novos socios, senón que os que xa o somos dende hai anos botemos a correr despavoridos. Está claro que o precedente era de moi boa factura, estouvos a falar do anterior spot, aquel no que os xogadores do Pontevedra C.F. corrían tra-la bola polo casco vello da nosa cidade, a verdade é que aquel spot deu que falar, pola súa calidade e a súa orixinalidade, polo tanto a cousa estaba complicada e á vista está que non souberon nin mante-lo nivel do anterior, primeiramente na música elexida, realmente inapropiada, e despois na montaxe das imaxes e no final, coa rapaciña e mailo seu avó (supoño) sentados nas cadeiras e chamando polo novo socio que ha de vir, algo que ao meu modo de ver ficou cutre de máis, non sei, non lle veo punch e coido que pasará totalmente desapercibido, dende aqui un toque de atención a departamento de marqueting do clube granate, que se poñan as pilas e fagan outra cousa, porque con esta película de serie B non imos a ningures.
Do prezo dos abonos xa non quero comentar nada, falouse de recurte de gastos e de apretarse o cinto nesta nova tempada que vai comezar, a pretemporada faise na casa, non se fichou tanto coma outros anos pero os prezos dos carnets seguen a se-los máis caros da categoría, tres anos sen acada-lo obxectivo principal que é o ascenso pero eles non se baixan da burra e seguen a querer gañar cartos, unha consecuencia máis deste fútbol moderno que algúns non compartimos, persoalmente prefiro 8000 socios pagando os abonos máis baratos que 3500/4000 cós prezos actuais, o clube precisa o apoio da masa social e asi será complicado conseguilo, de tódalas maneiras eu estarei ahí un ano máis, diso non teño dúbida. Aqui vos deixo có video en cuestión, opinade vós mesmos.
chúzame -






o 2008-07-26 ás 10.36 am 1.Andrés Milleiro dixo …
nótase que hai recorte presupuestario….e certamente é ben cutre, mais en fin, aí andaremos todos un ano máis.
por certo, un anuncio do Pontevedra non semella, semella máis ben un anuncio da Furya Granate polo tempo que saen, e logo din que son molestos para a directiva
o 2008-07-26 ás 11.02 am 2.breogain dixo …
entereime onte deste video e non podia deixar de facer un comentario ao respecto, a min paréceme sinxelamente ñoño e cutrísimo, podo agardar algo asi dun equipo de media táboa ou de terceira, pero do Pontevedra C.F. e logo de face-lo anterior spot que estaba moi ben, éste é fuleiro de máis, pero moito, a rapaza tarareando esa canción que non ven a conto e nin tan sequera leva unha camisola granate, está moi ben iso do vello e maila rapaciña por aquelo do relevo xeneracional, pero pode presentarse doutra maneira…
e si, a directiva moito carga as tintas contra furya granate pero saben que son os que máis cor e alento dan ao Pontevedra C.F. dende as bancadas, e iso non se pode agochar.
Un saúdo Andrés
o 2008-07-26 ás 1.14 pm 3.Julio Torres dixo …
Vaia, isto tamén o facía eu…..Simple e moi visto.
Está claro que a crise do ladrillo afecta ata no fútbol. Nin que tivera relación co Pontevedra….
Ah, ougallá me equivoque pero dame que este ano o Pontevedra non vai estar loitando precisamente polo ascenso. Pero tempo ó tempo.
Un saúdo, amigos
Carpe Diem
o 2008-07-26 ás 3.04 pm 4.breogain dixo …
será que a crise do ladrillo tamén lle afecta ás neuronas ao señor Nino Mirón, este mediodia na tetulia de Radio Pontevedra (S.E.R.) falou de que a masa social tiña que facer un esforzo e estar có clube nestes intres de dificultade, moi ben, pero con tres anos seguidos de fracasos e se quere anovar ilusións entre os pontevedreses e pontevedresas afeccionados ao fútbol que comece por pór uns prezos atractivos, iso o primeiro, que lles recurte aos xogadores, non a nós, os socios que curramos para pagar un abono e leva-la bofetada ao final da tempada, desta maneira, cós prezos altos e anuncios coma éste, o único que acadarán é que a xente se demoralice e pase do Pontevedra C.F.
un saúdo
o 2008-07-26 ás 6.13 pm 5.Brugal con Cola dixo …
En fin…
No se si ponerme a calificar el “spot”?? o pasar de ello.
Si se dejaran de gastar la pasta en estas tonterias y pusieran abonos mas baratos seguro que tendrían mas socios.
Serán hipócritas. Y si hay pérdidas que se joda el dueño del club que para eso lo compró.
Buff me caliento demasiado con estos temas…
Saludos
o 2008-07-26 ás 10.08 pm 6.Julio Torres dixo …
Plenamente dacordo con vós Breo e Brugal. Menos anuncios e abonos máis baratos. E o mandamáis que se deixa de demagoxia barata…
o 2008-07-27 ás 11.51 am 7.breogain dixo …
e que o de onte na tertulia de radio Pontevedra foi demasiado forte, Nino Mirón como botándolle en cara á xente de que habia que animarse máis, de que non podemos deixar so ao clube e tal nestes intres moi difíciles e que esta vez non estaba asegurada a presencia no play-off (iso é verdade, temos un grupo complicado), dicindo que conseguira recortarlle-los soldos ao xogadores e promete-la diferencia con “obxectivos”, pero dos abonos nada de nada, os máis caros da súa categoría e inclusive dalgúns de segunda A, ate oín por ahí que un abono de fondo en Riazor é máis barato que algún dos de Pasarón…..e estás ollando fútbol de primeira !!!
Nino, deixa de tomarno-lo pelo, asi non se consiguen socios, teremo-lo campo medio valeiro con estas medidas tan impopulares
Un saúdo a todos
o 2008-07-28 ás 2.59 pm 8.Sísar dixo …
Yo lo ví en Noticias Pontevedra de Localia hará una semana o así y lo mejor de todo es que Giráldez se congratulaba de que Localia Televisión había participado en la realización del spot.
Para hacer eso mejor sería obviarlo y realizar unos buenos carteles.
o 2008-07-28 ás 3.06 pm 9.breogain dixo …
Eu hai un par de dias que teño coñecemento dese spot e realmente paréceme unha maneira de tirar cós cartos, de facelo que se faga con xeito e non esa traballada de spot, ¿que eu o faría mellor? non, porqué non sei, pero na nosa cidade coido eu que haberá empresas adicadas a isto que poderán facelo moito mellor seguro.
Do tema de Localia Pontevedra levou unha chea de tempo pensando en comentar algo no blogue, non sei, pero a min cando me dan unha noticia o que quero e que me informen sen máis, xa me formarei eu a miña opinión propia, iso é do que pecan tanto a S.E.R. de Pontevedra coma o telexornal de Localia, que o señor Eugenio Giráldez sempre (ou en moitas ocasións) da o seu ponto de vista, o seu chascarrillo e a súa chorradiña despois da nova e isto é algo que non me gusta nada, pero non hai maneira, leva anos asi e non foi quén polo de agora de correxir esa “pequena” mania que ten.
Un saúdo
o 2008-07-29 ás 12.15 pm 10.Ulmo de Arxila dixo …
Devo recoñecer que o spot é cutralleiro onde os houver, e pseudo-sentimentalista no fundo e na estética. A xente do Pontevedra merece cousas mellor feitas ou, cando menos, con algo máis de frescura.
o 2008-07-29 ás 9.42 pm 11.breogain dixo …
Ulmo
Semella que o spot fixéronno ás presas e sen moito interese, porque non se pode facer unha cousa máis insustancial e valeira de contido, non é por criticar sen motivo, son socio do Pontevedra e respecto moito a este clube, pero a directiva nalgunhas cousas, e unha delas é o tema marqueting e relacións públicas, non ten moita idea de como se fan as cousas ben e como se chega ao socio e ao afeccionado de Pontevedra (e arredores)
se escoitaran un pouco máis ao socio e non nos deran tanto por onde se comezan a enche-los sacos….
un saúdiño