Cargando...

Historia &Pontevedra 1 setembro 2008

Feira Franca de Pontevedra 2008

Pois xa está activada a nova páxina web da Feira Franca de Pontevedra, hai dias que avisaron da súa inminente re-activación pero non foi ata ben pouco cando tivo lugar. Asi que xa sabedes, resta moi pouco para que comecen os fastos medievais na nosa cidade e hai que irse preparando, que o verán comeza coa festa da Peregrina e a diversión non remata ata pasada a feira medieval, a cal terá lugar o vindeiro fin de semana, os dias 5 e 6 de Setembro. Na web poderedes atopar cumprida información de todo canto vaia acontecer neses dous dias de festa, dende os horarios das actividades ata consellos e recomendacións de todo tipo, aqui tede-la url en cuestión:

http://www.feirafranca.info

Desfrutade da Feira Franca 2008, este ano adicada ao traballo no campo e na que se quixo primar ante todo a seguridade dos participantes na mesma, despois do incidente do ano pasado tomaranse máis precaucións nesta edición, ubicando servizos de urxencia e de atención médica en diversos puntos da feira. Se precisades dalgunha información tamén vos podedes pasar por un post temático que teño nesta mesma web e onde falo da súa historia e dalgunha cousa máis. Como datos de interese, dicirvos que este ano agárdanse máis de 100.000 persoas de toda Galiza e Portugal no casco vello da nosa cidade, principalmente no dia grande da feira medieval, 60 postos de gastronomía e artesanía e ao redor de 200 ceas programadas nas rúas e prazas do casco histórico de Pontevedra.

¡¡ Que desfrutedes coa festa e bo proveito a tod@s !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 comentarios a “Feira Franca de Pontevedra 2008”

  1. o 2008-09-03 ás 9.52 pm 1.JULIA dixo …

    Hola! muchas gracias por la bienvenida!!
    Vaya vaya, parece que mi primer finde a Ponte va a ser moito entretenido!! ;) BSS
    (iré metiendo palabras galegas poco a poco XDD )

  2. o 2008-09-03 ás 11.43 pm 2.Nel dixo …

    Pois eu vou participar por vez primeira. Mira que son de Marín pero até o momento, e iso que xa foran irmáns e amigos meus, nunca me dera por achegarme, nin disfrazado nin sen disfrazar.

    Debe ser por iso da rivalidade e porque que a maioría dos pontevedreses van de nobres, reis, princesas… que me tiraba para atrás… É broma.

    Pois imos uns 14 ou 15 compañeiros de traballo e amigos, algúns de Pontevedra pero a maioría de fóra. Xa veremos que tal pero se vai ben para o ano xa estou a pensar en argallar unha boa (disfrazados todos de mariñeiros de época e cos aparellos ás costas, que para iso somos de vila mariñeira) coa xente da miña vila.

  3. o 2008-09-03 ás 11.46 pm 3.breogain dixo …

    Julia:
    Pois xa sabes, a desfrutar da cidade e da fin de semana que preparamos….

    un saludo y bienvenida a Pontevedra pucelana :)

  4. o 2008-09-03 ás 11.48 pm 4.breogain dixo …

    Nel

    agardo que desfrutes en grande deste vindeiro fin de semana, o casco vello e as rúas do centro da cidade transfórmanse como nunca terás ollado, algo impresionante, agárdanse máis de 5.000 persoas xantando e ceando nas opíparas papadelas previstas e serán miles e miles os que andaremos polas rúas desfrutando desta festa.

    o dito, a pasalo ben, veñades de onde veñades, un saúdo.

  5. o 2008-09-04 ás 12.46 am 5.Brugal con Cola dixo …

    Pos yo…
    Si otro año más y van… 4, creo, sí 4, con los malditos exámenes de septiembre. Deberían estar prohibidos, cagoentodo…

    Pues sí, otro año más me pasaré todo el día en casa estudiando, aunque a la noche espero ir a dar una vuelta.

    Saludos!

  6. o 2008-09-04 ás 12.50 am 6.breogain dixo …

    ánimo home, que inda que sexa so por un par de horas, desfrutarás tamén do ambente que teremos na cidade… sempre e cando o tempo acompañe, porque segundo Meteogalicia a cousa pinta moi mal….

    un saúdo

  7. o 2008-09-04 ás 9.53 pm 7.Estevo das Estrivadas dixo …

    Da Feira Franca boto de menos cousas ligadas ao mar. Esquecémonos que Pontevedra medrou grazas a pesca e foi durante moitos séculos o principal eixo económico da vila.

    De seguro, que a maior parte da alimentacion dos nosos antergos era a base de peixe.

    A Feira Franca ten unha débeda moi grande con este mundo.

    Asdo: Un descendente de mariñeiros e pescadores do sur de Galiza.

  8. o 2008-09-04 ás 11.38 pm 8.Brugal con Cola dixo …

    Hombre, Estevo, realmente crees que la Feira Franca tiene algo de recordar los inicios de Pontevedra??
    Personalmente creo que nada, cero patatero. La Feira Franca solamente vale para irse de fiesta todo el día, sería interesante hacer una encuesta de cuantos de los miles de personas que se disfrazan y participan de la feria van a ver las exhibiciones y ven la feria como algo para recordar los inicios y los años de más prosperidad de Pontevedra.

    Saludos

  9. o 2008-09-05 ás 2.55 pm 9.breogain dixo …

    Brugal

    Sinto moito discrepar moito do teu comentario, ti ben sabes que estes dias o Consello Aberto da Feira Franca estivo a dar charlas e conferencia encol do tema da Feira Franca, dos nosos antergos, das súas formas de traballo e de interrelación….

    ¿como podes dicir que isto non nos ensina nada do pasado da nosa cidade?

    Coma sempre haberá xente que pasará de todo e sairá a fartarse de churrasco e de viño sen importarlle nada, pero por exemplo na miña pandilla de amigos algúns non sabian nada disto e preocupáronse un pouco e agora coñecen os inicios da próspera cidade que chegamos (e chegaremos) a ser, por suposto que isto vale para lembra-lo noso pasado, o mesmo que o Rol da Revolta Irmandiña , a Festa da Historia de Ribadavia, a Festa do esquecemento da Límia e moitos máis, repito, haberá xente que pase de todo pero outros moitos non e preocuparánse por coñece-lo noso pasado.

    Tamén haberá algún burro que saia vestido de romano ou de exipcio, xente desa hainas en todos lados ¿non?

    Por certo Estevo

    Este ano adicouse ao traballo no agro, eu por exemplo irei de labrego, pero xa se adicou tamén ao traballo do mar anos atrás, cada ano rememórase unha etapa do noso pasado.

    Un saúdo a todos :)

  10. o 2008-09-05 ás 6.53 pm 10.Brugal con Cola dixo …

    Vale Breo, han organizado conferencias y hacen demostraciones de oficios antiguos y demás, pero no nos engañemos, cuanta gente ha acudido a las conferencias??

    Es un dato interesante que no sé, sin embargo, lo que sí se es que se prevé una asistencia de alrededor de las 100.000 personas durante el sábado. Me gustaría saber el porcentaje de esas personas que solamente conocen mínimamente el porqué de la Feira Franca, y me refiero a que por lo menos te digan que fue un privilegio que le dieron a Pontevedra y tal y tal, bueno que pocas.

    Yo la verdad que la Feira Franca ni me gusta ni me disgusta, pues hace 5 años que no puedo disfrutar de ella y casi ni me acuerdo. Sin embargo, lo que sí que veo y me hacen llegar es que mucha gente la utiliza para conseguir unas perras vendiendo comida o productos y ya no te digo los bares y restaurantes, que esos hacen el agosto poniendo un menú por el que en otra época no pagarias ni 15 euros a precios que siempre superan los 30, por no decir los que incluso superan los 50 euros!!

    En fin, que sí, puede haber alguien que tome la Feira Franca como recordar nuestros inicios y aprender algo de ello, pero para mi ese tipo de personas es un porcentaje infimo.

    Espero que lo pases bien! Saludos

  11. o 2008-09-05 ás 8.15 pm 11.breogain dixo …

    Brugal

    Entendo a túa postura, sinto moito que non poidas desfrutar dela por ter que estudar, inda que dame o corpo que tampouco tes demasiada intención e inda menos entusiasmo, ¿pode ser porque foi unha feira instaurada polo B.N.G. de Pontevedra e non polo Partido Popular ao que nunca se lle ocorreria? e non vexas nesta afirmación malas intencións pola miña parte pero coido que non ando demasiado desencamiñado, a certos sectores da dereita local (ou deberia dicir centro-dereita) non lles agrada moito que esta feira teña tanto éxito.

    Coido que o mérito de todo isto é o de organizalo ben ano tras ano, de espertar na xente de Pontevedra unha ánsia de participación como non se ollara nunca nesta cidade, que os pontevedreses e pontevedresas agardemos por ela todo o ano da boa proba delo. Fanse obradoiros, exposicións e charlas, ¿sabes ti que asiste pouca xente, estiveches nelas? ou falas de oidas, porque a min contáronme o contrario, non son “inxentes” masas de persoas ávidas de información pero si un número xeitoso delas, pero xa se sabe, nestes casos o que prima é a festa por riba da cultura e de cultiva-la persoa coñecendo o medio no que desenvolve a súa vida cotiá, unha mágoa pero certo, pero iso pasa en tódolos lados, en calqueira feira ou festa, sempre é igual ou semellante en tal caso. ¿Que a hosteleria fará boa caixa? ¿pero non estades pedindo todo o ano que se reactive a economía local? pois isto é unha boa oportunidade, no meu caso gastarei ao redor duns 40 ou 50 euros o sábado axudando ao comercio da miña cidade, para iso tamén aforro todo o ano, por suposto que moitísimas persoas virán de Vigo, Vilagarcía de Arousa, Marín, Cambados e demais pontos de Galiza e de Asturias e Portugal (seino de primeira man, no caso portugués en buses)e tamén deixarán os seus euros en Pontevedra, ¿que máis datos precisamos para saber que é algo importante para a cidade? tanto no eido cultural, porque daremos a coñece-la nosa cidade e a nosa cultura coma no eido económico con importantes ingresos…

    O é fariña doutro costal… :)

  12. o 2008-09-06 ás 12.49 am 12.Brugal con Cola dixo …

    No Breo, creo que me has entendido mal. Yo estoy a favor de todo tipo de fiesta y mas si traen tanta gente a la ciudad y hacen que en muchos sitios se hable de Pontevedra, y que se hable bien ademas. Te aseguro que cuando pueda, espero que sea el próximo año, participaré de la fiesta, es mas, en la segunda o tercera edición participé activamente disfrazado y en varias actividades.

    Lo unico que quise decir, era que la Feria Franca tampoco nos enseña tanto de nuestro pasado, por no decir mas bien poco.

    Ea lo único que digo,por lo demás, ya te digo, cuanta mas fiesta mejor que nunca viene mal.

    Saludos y disfruta de la Feira Franca!!!

  13. o 2008-09-06 ás 12.55 am 13.Sísar dixo …

    mmm Estevo viene a decir algo que yo denuncié el año pasado

    http://cesarabal.blogspot.com/2007/06/la-feira-franca-descubre-el-mar.html

    En el debate Breogain-Brugal creo que no es bueno abrir sobre si la organiza un partido u otro. Las fiestas son de todos y para todos aunque no se aplique el mismo rasero desde este BNG local con La Peregrina que creo que es por donde viene el malestar de Brugal.

    Yo montén una mesa hace dos años y la verdad es que no me quedaron ganas de volver a hacerlo. La descoordinación y el “andar por casa” de la organización me dejaron muy decepcionado. ¿Cómo desmonto yo mi mesa de la zona si no puedo meter una furgoneta para recoger los maderos y demás utensilios empleados? ¿Era obligado dejar todo adecentado de madrugada? Imaginaos la escena.

    En dicho post que dejo el enlace y en donde hubo un interesante debate escribí lo siguiente:
    “Las fiestas populares no son de unos signos políticos, son del pueblo y a nosotros pertenecen. Nunca confundamos el orden social.

    Yo reconozco que fuí escéptico cuando surgió esta fiesta porque no fue una demanda del pueblo, pero una vez observado y palpado la aceptación alabo la iniciativa y felicito al ex-concejal del cultura Bará por esta labor.

    Una vez dicho esto y arraigada la fiesta, ésta debe ser representativa de lo que era Pontevedra y en el s. XV vivíamos del río y de la ría y teníamos un puerto que hasta que bajó de calado era de los más importantes a nivel gallego. ¿Cómo obviarlo hasta ahora pues?

    Este es un debate que siempre me ha gustado y si que siempre se reproduce por estas fechas. Si queréis rescato las notas de prensa denunciando la marginación de las Fiestas de la Peregrina. Es que es ahí dónde entra el quid de la cuestión.

    A las Fiestas de la Peregrina se las ha ido disminuyendo el presupuesto paulatinamente cada año, cuando antes eran una referencia en toda la comarca y ahora no nos visitan ni los vecinos del Morrazo. La excusa de los cachivaches en la Alameda no me sirve, que es un acierto, pero a la vez el sistema implantado impropio de una Capital y de unas fiestas que no olvidemos que son la Patrona de la Provincia.

    Empieza el debate, no hay que enfrentarla nunca, pero las Peregrinas son las fiestas por excelencia de nuestra ciudad y eso no lo va a cambiar nadie. Y mientras tanto hay que seguir potenciando la Feira Franca, que lo están haciendo bien pero la organización es un auténtico caos y lo pude comprobar cuando el año pasado puse mi puesto de comida y cena y aquello fue penoso y tercermundista e impropio (una vez más lo digo) de una ciudad como Pontevedra.

    En el inconformismo está el progreso y si Pontevedra quiere recuperar su sitio en Galicia hay que empezar por estas pequeñas cosas.”

    El mar debería figurar siempre en la Feira Franca ser eje de actuación. Yo traería además barcos de época que se apostaran en las inmediacions del Puente del Burgo y en As Moureiras. Todo esto no se puede obviar si queremos que esta fiesta no quede en una simple comilona se convierta en un escaparate de nuestra historia y bondandes.

    Un saludo a todos y disculpar la extensión del comentario

  14. o 2008-09-07 ás 4.43 pm 14.breogain dixo …

    Estou dacordo có comentado por Sísar en que unha vez arraigada a Feira Franca como unha das citas ineludibles do verán pontevedrés habia que mellorala, sobre todo en calidade que non en cantidade.

    Onte andiven toda a tarde ata ben entrada a madrugada polo centro da cidade, preferentemente pola Alameda e a Avenida de Montero Rios, tamén despraceime a olla-lo torneo medieval (a segunda ocasión na que piso a praza de touros na miña vida) e puiden constatar que a afluencia de xente foi masiva, houbo intres no que cheguei a pensar que habia menos xente ataviada coas roupas da época que nos anos anteriores, e dame porque precisamente foi por iso, porque houbo moita máis xente de fóra da cidade que noutros anos e que viñeron a botar unha ollada por primeira vez, ou iso é o que quero pensar, e non que a Feira Franca tocou “teito” e agora comeza a aburrir un pouco.

    ¿Que podemos facer logo para mellorala?

    Pois haberia unhas cantas cousas que se poderian facer e das que nun xantar familar onte tive a ocasión de comentar e de intercambiar pareceres con varias persoas, chegando á conclusión de que deste ano en diante hai que mellora-la calidade e non tentar atraer a máis xente, coido que non é preciso inunda-la cidade con miles e miles de persoas.

    Pero diso xa falarei outro dia, agora o que toca é decansar un pouco e coller camiño de Pasarón, comeza a liga de novo

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.