Actualidade & Deportes 11 agosto 2008
Comezan os Xogos Olímpicos menos democráticos…
Esta fin de semana comezaron os XXIX Xogos Olímpicos de verán que terán lugar entre os dias 8 e 24 de agosto en Beijín (Pekín), capital da República Popular de China, uns xogos que levan sendo polémicos dende o dia que a anfitriona foi seleccionada para albergalos, serán éstes os xogos máis caros da historia do olimpismo, e por descontado os que máis efectivos humanos empregarán, pero non so civís, senón militares tamén, porque o governo chinés está a coidar celosamente a imaxe que mostrará ao mundo a base de soldados nas rúas e un control sobre os media nunca antes visto. Hai tempo que a xente de Reporteros sin Fronteras denunciou o intervencionismo do governo chinés en televisións, radios e mesmo internet. Particularmente coido que a elección de China como sede destes xogos non foi atinada, nun país onde os dereitos máis fundamentais do ser humano non están garantidos, o chamado "espírito olímpico" non ten razón de ser, comezando polo control dos xornalistas ou internet, e rematando coa represión desproporcionada por parte do exército chinés no Tibet.

Polo tanto dende aqui quero deixar ben claro ou meu total e máis absoluto rexeitamento a prácticas antidemocráticas coma as desenvolvidas polo governo chinés, que limita ao máximo a liberdade de expresión, de movementos e que reprime con ferocidade inusitada a máis mínima manifestación de disconformidade coa súa política, como fixo e está a facer có povo tibetano dende hai moitos anos.
E para colmo de males, o mesmo dia da inauguración comezou un enfrontamento bélico entre Georgia e Rusia en Osetia do Sur... ¿que foi do espírito olímpico?.







o 2008-08-11 ás 1.36 pm 1.Jorge C. dixo …
Moi ben, Breogain.
Cando as cousas se din claras cos principios enriba da man pouco hai que engadir.
UN saúdo.
o 2008-08-12 ás 1.28 pm 2.Jorge C. dixo …
Estiven vendo as túas fotos e vexo que vas moito por Quireza… así que aínda pasas bastante pola miña casa de Sxurxo de sacos, sita en carnicería cubela.
Hai que darlle publicidade ao negocio, non cres? jajaja
Un saúdo.
o 2008-08-12 ás 2.53 pm 3.breogain dixo …
Home, non se pode dicir que vaia moito por Quireza, máis ben somentes nun par de ocasións, unha delas con motivo da voda dunha parella de amigos, os pais son de alí, é un fermoso sitio, a voda foi nunha igrexa cunhas vistas moi chulas e logo o convite nunha carballeira, a de Fondós concretamente, unha pasada de sitio.
Tamén teño outra amiga que é de Sacos, de Santa María de Sacos, asi que por esa zona adoito pasar de cando en vez, a última vez estiven na feira de Cuspedriños.
un saúdo Jorge
o 2008-08-13 ás 12.53 am 4.RamiroPereira dixo …
Estou dacordo en que China viola os dereitos fundamentais dos cidadáns, e o pais é unha dictadura militar, e que de comunista non ten nada. Apoio que lle den a liberdade o tibet, pero non ao Lama, o cal recoñeceu ser fiel seguidor de Hitler entre outros. Outra cousa que me fai graza é ver como os americanos por exemplo protestan, creo que antes se terian que preocupar do seu pais, que se vulneran igualmente as liberdades democraticas, e a todo o mundo que pide a liberdade para o tibet tamén que a pida para Palestina, Irlanda, Escocia, Galiza, Euskal Herria, que se vaia o exercito americano de Cuba (Guantanamo), Iraque…
un saudo.