Cargando...

Deportes & Música 21 Agosto 2008

Dandy fever e Duff Hooligans en Pontevedra

Hai cousa dun par de semanas e con motivo do festival Vibrasons 08, comentábavos que estaria ben que se pasase por Pontevedra algún grupo de ska de cando en vez, máis que nada porque nos últimos anos so me lembro de Kogito hai uns meses e pouco máis, tamén é certo que na nosa cidade tampouco se pode dicir que teñamos unha programación de concertos demasiado extensa, a verdade. Asi que falando de ska, o outro dia atopei este cartaz dun concerto programado para o vindeiro sábado 23 de agosto na sala Revira, cerne dun dos movementos músico-culturais máis importantes da nosa cidade, desta volta son a xente de Furya Granate, siareiros do Pontevedra C.F. os que celebran cunha festa-concerto a volta do campionato de liga de 2º B, e coa cal prentenden comezar a move-la afección granate de cara á nova tempada, unha boa iniciativa unha vez máis dun dos colectivos de animación máis activos -senón o que máis- dentro da fantástica hinchada que temos en Pontevedra.

Pois iso, parabéns aos rapaces de Furya Granate pola iniciativa deste concerto na nosa cidade, agardo poder pasarme por alí -inda que so sexa un ratiño- a escoita-lo ska dos Dandy Fever, dos Duff Hooligans si que non sei nada, pero polo nome supoño que serán fans dos Simpsons e farán música futboleira, tamén agardo estar convidado a unha cervexa ben fresquiña pola publicidade de balde que lles acabo de facer.. :)

Chuzame! chúzame -

5 comentarios a “Dandy fever e Duff Hooligans en Pontevedra”

  1. o 2008-08-21 ás 11.21 am 1.RamiroPereira dixo …

    jajajaja mirao el que quere umha birra xDDD. Se te vas pasar Dandy Fever tocarán de primeiros, as 9 puntuais, xa que logo o bateria ten que pirar a currar. Gracinhas pola publi breo!!

  2. o 2008-08-21 ás 8.07 pm 2.Nel dixo …

    E o Festidoiro mañá en Cuntis con Skárnio, Nao..

    http://www.myspace.com/ofervedoiro

  3. o 2008-08-21 ás 8.39 pm 3.breogain dixo …

    Unha mágoa que ámbolos dous concertos sexan o mesmo dia, xa me apetecia a min ollar aos Skarnio en directo e pertiño de aqui..por certo, teñen pinta de telo ben organizado os rapaces do fervedoiro non?

    Un saúdo e desfrutade vaiades a cal vaiades, inda que vexo que Ramiro vai ir ao de Skarnio jajaja :)

  4. o 2008-08-21 ás 10.46 pm 4.Nel dixo …

    O de Cuntis é mañá veenres, o da Revira é o sábado.

    En canto ao Fervedoiro, é verdade que traballan moi ben en diversos campos. Un exemplo a seguir en todo o país dende unha viliña do rural.

  5. o 2008-08-22 ás 12.49 am 5.RamiroPereira dixo …

    o de Skarnio é manha venres, e eu sim que irei as 12 o sair de currar, que o festi comezara cos retrasos as 11 e Skarnio é o ultimo… Saudos!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.