Cargando...

Política 18 Agosto 2008

Falando de políticos, constructores e promotores..

Ollando este post publicado o pasado domingo polo blogueiro pontevedrés Sísar, no cal fala da famosa urbanización que o socialista Xosé Blanco está a facer na Illa de Arousa e que xa é comunmente coñecida por todos polo nome de Villa-PSOE, lembreime da figura daquel promotor e constructor que despois de pasar pola alcaldia dunha vila mariñeira da nosa provincia, veuse na obriga moral de procurar novas metas e apuntar máis alto na súa carreira política, con sorte dispar, xa que no seu primeiro asalto, inda que foi o vencedor aos puntos, non puido acada-lo trofeo do que fora merecedor, ben sabedes de quen falo.

Miradoiro da granxa

Amigo Sísar; está moi ben afirmar que [en este pais simpre ganan los mismos, los listos y los delincuentes], pero tamén seria boa cousa ter algo de memoria cando menos, en non selectiva por certo. Convídote a que fagas un pouco de exercicio da mesma e lembre-la desfeita que se está a facer perto do miradoiro da Granxa (Sanxenxo), ese lugar que nós, os pontevedreses coñecemos de sobra, ese dende o cal inda podemos outea-la magnífica ría de Pontevedra e no que, gracias ao anterior alcalde de Sanxenxo, o sr. Telmo Martín, están a desfacer cunha montruosa macro-urbanización de chalets a pe de costa, tampouco haberia que esquecer que é o mesmo alcalde promotor-constructor que está involucrado no tinglado dos pisos da urbanización San Paio de Navia na veciña cidade de Vigo, inda non está condenado nin probada a súa implicación, vale, e será socio de Construcuatro e todo o que queirades, pero un socio non é parvo e sabe onde mete os seus cartos, é de supor que estaria advertido do asunto.

Non esquezamos polo tanto que para a nosa desgraza, moitos dos nosos políticos están niso, na política para facer cartos e gañar notoriedade púbica, moi lonxe daquela imaxe bucólica que temos de defensores do populacho e dos nosos dereitos como cidadáns, e niso o Partido Popular lévase a medalla de ouro có 95% dos casos.

Chuzame! chúzame -

16 comentarios a “Falando de políticos, constructores e promotores..”

  1. o 2008-08-18 ás 10.32 pm 1.Sísar dixo …

    Na miña web fágome eco da noticia sen chegar a enxuiciar. O que máis me interesa denunciar é o dobre raseiro do Psoe ao pór en marcha unha Lei que moitos dos seus dirixentes no están a cumplires,

    Eu xa che falei nun post antigo sobre esa obra e índa falta o monte do lado de Areas que están incluidas no PXOM de Sanxenxo. Non me gusta pero toda a xente coa que falei díxome que ía quedar moi ben e, por tanto, esperarei a que remate a obra. Alí ten un moi bo amigo mío da infancia unha casa e vai un carretera por toda esa ladeira hasta Raxó e respeta os 100 mts.

    O mesmo dicían de Punta Vicaño e agora gracias as edificación Sanxenxo goza do maior parque público nesa zona La Pinada” con un enorme espacio de ocio y recreo. Antes estaba en su totalidad en manos privadas y ahora en manos de todos los ciudadanos de Sanxenxo.

    Pero bueno, eu no estou aquí para defender a ninguén. O certo é con esas obras aprobadas e sen Telmo xa en Sanxenxo revalidaron maioría absoluta.

    Veña, un saúdo

  2. o 2008-08-19 ás 2.04 pm 2.RamiroPereira dixo …

    umha desfeita a verdade, están a destruir tuda a nossa riqueza natural.

    Um saudo breo!

  3. o 2008-08-19 ás 3.19 pm 3.breogain dixo …

    Como ti dis, haberá que ollar toda a obra rematada, está moi ben que logo fagan un parque para o desfrute de tódolos veciños da zona, pero as árbores taladas que a orografia da zona modificada para os “restos” xa non llo quita ninguén, non entendo de verdade este urbanismo sen control e tan agresivo có entorno, teño seria dúbidas de que os alcaldes e os constructores estexan por defende-los nosos intereses naturais, ¿se destruimos isto que nos quedará? eu non quero unha Marbella galega en Sanxenxo, coido que o turismo está ben pero non a calqueira prezo e non a costa dun dos principais activos do patrimonio que temos os galegos e galegas, o noso entorno e o noso territorio, iso é a esencia do noso ser como galegos, os homes pasan, os governos pasan, pero a terra sempre ficará aqui para lembrarnos o que estamos a facer con ela.

    E no de que revalidaran a maioria absoluta sen Telmo Martin pois, en fin, alá saberán os veciños de Sanxenxo o que fan, deberian darlle inda que fora un toque de atención ao seu governo municipal no tema do urbanismo e do medio ambente, inda que fora para que se aplicaran un pouco máis.

    Un saúdo

  4. o 2008-08-19 ás 3.25 pm 4.Jorge C. dixo …

    El Gobierno ha querido meidante la calumnia desvancar a telmo Martín donde en democracia no pudieron, en las urnas.

    En todos los sitios hay gente buena y mala, nadie puede considerar que posee la verdad absoluta, claro que no, y menos un político. Pero hay personas que defienden sus principios, proyecto político, ideas y valores sin tener que recurrir a la falsa palabra, a la mentira, a la amenana o a la calumnia… y creo que son las que más… porque respetan lo que otros piensen, crean o digan y, generalmente, eso es lo que verdaderamente representa al centro político.

    Cuando una persona sufre amenazas, su honor es atropellado por los medios de comunicación, se vierten calumnias sobre él o se le ataca por el simple hecho de representar a 19.000 ciudadanos lo único que demuestran estas personas es no poseer ningún principio democrático y menos que posean la convicción de que todo hombre tiene derecho al honor, al respeto y a la protección de la ley.

    Telmo Martín y su equipo consiguieron reflejar los problemas de la gente por casos, por barrios, por parroquias y en cada caso adaptarlo a sus necesidades.
    Este fue el verdadero éxito del proyecto.

    Da igual la ideología política para un proyecto de ciudad, lo importante es el compromiso, la responsabilidad y la capacidad para hacer gestión que tenga un político, sólo hay que ver la transformación de Sanxenxo, consiguió pasar de tener un presupuesto anual de 6 millones de euros a 50, por poner un pequeño ejemplo.

    Siempre defenderé que en los alcaldes debe de primar la calidad humana y la lealtad hacia sus vecinos, antes que abanderar los intereses de partido.
    Un alcalde tiene que estar al servicio del pueblo, conocer sus problemas, hacer política de calle, y tratar de dar soluciones razonables a esos problemas reales de la gente, por ello, el mejor aval para Pontevedra en las pasadas elecciones fue la cadidatura de Martín.

    El señor Martín fue el único candidato que, aparte del proyecto para los barrios y la ciudad, tenía un proyecto e ideas para el rural, condenado al destierro desde hace mucho tiempo.
    Esto para mí fue uno de los mayores compromisos.
    El rural fue el que hizo a las ciudades ser lo que son, no al revés, esto debemos de tenerlo siempre presente por justicia histórica.

    Estoy seguro de que se pudieron mejorar muchas cosas, pero lo importante es que si ahora gobernase la lista de Telmo Martín habría un proyecto para todos y no uno paralizado como el que nos está tocando vivir.

  5. o 2008-08-19 ás 3.38 pm 5.breogain dixo …

    Pois agardo que nas vindeiras municipais de Pontevedra, se Telmo Martín ten a oportunidade de se-lo vindeiro alcalde da nosa cidade poida poñer en práctica todas esas ideas que ten, eu concordo contigo Jorge que na política municipal máis que os intereses de partido priman o ser humano e a calidade da persoa, o compromiso que teña cós cidadáns e o trato con eles, Telmo Martin manifestou onte que as festas de Pontevedra non estaban mal, que non seria el quén de criticalas, pero que era o intre de dar un “gran paso” de calidade, eu opino que por suposto se poden mellorar, pero que tamén teño interese por saber se será quén el de traer aos grandes artistas dos que fala (veladamente) en concertos de balde por exemplo, tamén criticou a nova ponte das correntes, dicindo que eses cartos ben poderian ser empregados en mellora-lo tráfico rodado na cidade, habería que velo, todo son conxeturas, será verdade logo que o showman Telmo Martin (o de showman no bo sentido, pero é un pouco fantasioso) será quén de facer todo iso, os pontevedreses decidirán có seu voto nas vindeiras eleccións, eu por unha parte teño interese por ollalo, pero por outra parte tamén dúbidas ou cecais medo de que un constructor coma el teña nas mans a alcaldia dunha cidade que está chamada a medrar e a ser grande no futuro como é Pontevedra.

    Por certo Jorge, é desbancar (non desvancar)e para nada estou impresionado con que multiplicara por 8 os orzamentos do concello de Sanxenxo ao longo da súa alcaldia, se iso é a costa de conceder licenzas de construcción a esgalla e en calqueira recuncho, de construir un super-porto deportivo que rematará por facer desaparece-la area de Silgar e cousas polo estilo, non graciñas pero paso.

    Da gusto falar de política municipal desta forma sosegada e distendida

    :)

  6. o 2008-08-19 ás 3.49 pm 6.Jorge C. dixo …

    joer… de Banco: desbancar.

    Un lapsus mental, graciñas. ;)

  7. o 2008-08-19 ás 3.56 pm 7.Jorge C. dixo …

    En pontevedra tamen se concederon licencias e non se multiplicou.

    Foi gracias ao canon que impuso aos constructores.

    Hai unha diferencia entre tratar de ser bo alcalde e outra en selo de verdade.

    Opino o mesmo ca ti; con argumentos debatir é o máis bonito dos Blogs.

    Unha aperta.

  8. o 2008-08-19 ás 8.29 pm 8.CESAR dixo …

    A FOTO QUE PUBLICAS E UNHA PENA QUE NON A QUITARAN HACIA POIO..PODRIAMOS OBSERVAR O MAIOR DOS ATENTADOS PAIXASISTICOS DA HISTORIA DESTE CONCELLO(URBANIZACION BBT)MOITO TEMOS QUE AGRADECERLLE O “ROCA” DE POIO .DE PREMIO DANLLE UN POSTO NA XUNTA..NON FALAR SO DE SANXENXO CANDO O FALEDES DE URBANISMO FALAR DE POIO(COMBARRO,RAXO,SAMIEIRA,COCACOLA,A CAEIRA…..)GRACIAS “ROCA”.

  9. o 2008-08-19 ás 8.36 pm 9.CESAR dixo …

    TAMEN APUNTARCHE QUE O IRMAN DO ALCALDE DE POIO E SOCIO DA PROMOTORA IMPLICADA NO CASO DOS PISOS DE NAVIA.

  10. o 2008-08-19 ás 8.36 pm 10.breogain dixo …

    Cesar

    Razón non che falta, o que están a facer na ladeira do monte da Caeira tamén é unha barbaridade, eses chalets que semella estarán pendurados dunha parede vertical meten medo, agora do que falas da Coca-Cola non acabo por darme conta, ali están a facer uns edificios, algún chalet e unha zona verde, pero tampouco é un atentado urbanistico, é parte do casco urbán de Poio, a Coca-cola e o Pazo de Ferreirós tampouco están tan mal integrados na paisaxe non..?

    Por certo, a foto é de Greenpeace e non miña, está publicada na súa web nun apartado de atentados urbano-paisaxísticos na costa.

    Un saúdo

    Jorge, en Pontevedra tamén se darian licenzas urbanísticas pero polo de agora de barbaridades as xustas, iso si, inda estou por ollar como ficará todo o tema de Tafisa, iso si será unha obra importante e agardo que non sexa unha “mole”.

  11. o 2008-08-20 ás 11.29 am 11.marta dixo …

    Estoy leyendo el Blog…y me desespero!! nadie es capaz de entender el proyecto de Telmo Martín? nadie se para a profundizar en las ideas de las que habla? vamos por partes:
    1) Ponte das Correntes: ¿De verdad alguien cree que ese puente va a solucionar el grave problema de tráfico de Pontevedra? NO, por supuesto! tenemos 4 puentes en 1,5km! y son ya suficientes, el nuevo puente sólo llevará más tráfico a orillamar, pero ese tráfico tendrá que acceder por los mismos sitios a la ciudad, por carreteras estrechas que generan (sobre todo en horas punta)un efecto embudo para los muchos coches que necesitan entrar en la ciudad.Por el contrario con esa inversión sí se podrían reforzar los puentes que ahora tenemos, para poder ampliarle un carril, y cambiar, por ejemplo los sentidos de éstes, dependiendo de las horas del día (ej: a las 9 de la mañana, 2 de entrada y 1 de salida; a las 13:00 dos de salida y uno de entrada…esto es sólo una idea), además se podría adecentar toda esa zona,que está muy mal cuidada (y debería ser una de las más importantes de la ciudad), y todavía sobraría dinero ( y mucho, seguramente) para poder contratar más policías, que tan necesarios son para que organicen el tráfico y MEJORARLO.
    2) Alguien tacha a Telmo de “fantasioso”…bueno, yo no opino así, sino más bien todo lo contrario, es AMBICIOSO para con Pontevedra, desea y aspira a lo mejor,para poder conseguir mejoras importantes para la ciudad. No como los que nos gobiernan actualmente, que aspiran a poco y sólo consiguen, de cuando en vez, alguna actuacion mediocre.
    3) El actual gobierno toma decisiones absurdas y contraproducentes para la ciudad. Por un lado vemos a M. Castejon inaugurando un curso para prevenir el consumo de alcohol en los jóvenes, y por otro, aprueba una ordenanza municipal que crea un espacio específico para que los JÓVENES beban, además, les ponen bancos y planean cubrirlo…por si acaso llueve. Aparte de que no tiene sentido, no creo que los hosteleros de la ciudad estén muy contentos…
    En fin, me despido ya, por que podría estar escribiendo hasta mañana.Espero que esto os haga reflexionar y que me comenteis si mis ideas os parecen acertadas o no.
    Un saludo: Marta.

  12. o 2008-08-20 ás 11.32 am 12.marta dixo …

    Bueno, acabo de ver que Breogán también hace mención a Tafisa…en fin!! otro día comentaré sobre esto, por que si no estás de acuerdo con los atentados medioambientales (ojo! yo tampoco) ni con las licencias mal dadas, también estarás en contra de esto (espero que no seas de los que comulga con ruedas de molino).
    Otro saludo: Marta.

  13. o 2008-08-20 ás 2.34 pm 13.RamiroPereira dixo …

    Marta mira no tema do botelhon eu nom estou dacordo que se sancione a xente por beber na rûa pero nom os bares cos seus centos de terrazas, os cartos son os cartos. E mira a min o do botelhon me parece lóxico porque muitos dos jovens nom tenhen tantos cartos para poder pagar um kubata ou máis nun pub, igual ti si, pero nos nom, e que conste que eu nom fago botelhon.

    Segundo, a ponte das correntes tes que pensar na zona onde vai estar ubicada, se mal nom recordo perto do cuartel da guarda civil e de bombeiros nunha parte, e esta zona se ti pasas em carro habitualmente te daras conta que ahi é onde se comeza formar as caravanas, e que muita xente que vai a marin, campolongo, vigo, a parda etc etc poderán circular por il sem ter que ir ate a ponte dos tirantes, entom solucion si que da. Nom obstante estou dacordo contigo que em Pontevedra se precisa melhorar ainda muito máis a circulaçom, mas é um pequeno paso. Na zona da rotonda do pino coas novas obras, eu que vou por ahi dende fai tempo tudos os dias a trabalhar as 7:30 da tarde ou 8 melhorou muitisimo, entón ha que ter um pouco de paciencia, e deixarse de tonterias como as de Telmo de fascer em orilha mar um paso subterranio ou um “metro” de cercanias em Pontevedra, em tudo caso haberá que melhorar o transporte urbán, ainda que a xente o seguirá sem colher.
    A cidade trocou o 100% respeito fai 8-10 anos, ha mais turistas, o aspecto melhorou um 300%, so ha que escuitar a gente que ven de fora escuitar o que di assim que tampouco critiquemos por criticar.

    Tambem se bem é certo agora ha que melhorar outras cousas para a gente da cidade,e nom fascer tudo para os de fora. E mira eu nom quero que telmo converta Pontevedra coma em sanxenxo, umha vila para os turistas, um porto para os ricos e aniquilar umha praia como a que ha alí, ademais de ser um gran especulador, e cho digo de primeira man.

    Por último so dizer que a foto o di tudo.

    GALIZA NOM SE VENDE!

    Um saudo marta.

  14. o 2008-08-20 ás 3.21 pm 14.breogain dixo …

    Marta

    En primeiro lugar graciñas por te pasares por aqui e por deixa-lo teu comentario no blogue.
    Eu tamén escoitei as declaracións de Mosquera falando do “efecto acuario” e antóllaseme unha parida en toda regla, agora, haberia que saber como se tiña previsto facer iso, porque non creo que sexa tan inxénuo como para non deixar pasa-las piraugas e demais por debaixo, as mesmas que na ponte dos tirantes pasan xustiño cando hai marea viva, polo demais coido que esa ponte ha resolver problemas de tráfico, como ben apunta Ramiro Pereira esa zona, pola que tamén eu paso case a cotío, é unha das de tráfico máis denso do perímetro exterior da cidade e unha zona onde comezan os embotellamentos precisamente de xente que quere cruza-lo rio, supoño que o paso seguinte será o de facer peonil a ponte romana do burgo, neste caso véxoo ben porque o tráfico rodado seguramente perxudica e moito a súa conservación e estamos a falar dun monumento dos máis sobranceiros da nosa cidade.
    No tema do botellón non estou para nada de acordo contigo, hai que concienciar á xuventude do grave e perxudicial que é o alcol e o seu consumo excesivo,esas charlas e cursos están moi ben, pero tamén hai que resolve-lo problema social e de salubridade que conleva o seu consumo na rúa, polo tanto o de controña-lo botellón é unha medida atinada no meu ponto de vista, sexamos serios, ¿vai se-lo Concello de Pontevedra o primeiro en rematar có botellón? verdade que non, pois entón medidas paliativas coma ésta de leva-lo para os arredores da cidade, nunha zona que estará controlada pola policia e na que se poderá doadamente recolle-lo lixo semella unha medida perfectamente seria e rigorosa, vamos digo eu.

    No tema de Tafisa xa o comentei con Jorge ou con Sísar, non me lembro agora, aquel solar é impresionante e agardo que fagan nel algo con tino e respectando sempre o PXOU de Pontevedra, se vai a ser unha urbanización con zonas verdes e dacordo coa lei non o vexo mal, senón tamén haberia logo que tirar abaixo o edificio este de 7 alturas que hai a man dereita no paseo cara a Monteporreiro, ese que xa se levantou en tempos dos anteriores governos “populares”.

    Un saúdo a todos

  15. o 2008-08-21 ás 11.09 am 15.maeloc dixo …

    http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=127520
    http://salvemossanxenxo.blogspot.com/

    Atopei estas 2 ligaçons já há tempo, falavam da urbanizaçom em Festinhanço, um autêntico atentado violento contra o meio e umha operaçom que bordeia os límites da corrupçom.

    Isso sim, rumoréa-se que nom vam ser quem de rematar a obra debido à crise. Pode ficar um monstro sem construír, como em Minho.

    Obrigado, Breo, sempre apontando interessantes datos no teu blogue.

    Saúde e Terra!

  16. o 2008-08-21 ás 3.40 pm 16.breogain dixo …

    Maeloc

    graciñas polas ligazóns, xa estiven botándolle unha ollada e mete medo o que pretenden facer nese grande terroa a rentes do mar, unha monstrosidade máis de tantas, douscentos ou trescentos chalets de súpeto que modificarán a orografia da zona para sempre, por suposto haberá que dotalos de tódolos servizos, terán que construir unha depuradora de augas residuais, recollida de lixo e demais….para que 11 meses ao ano estexa deserto completamente.

    en fin, ¿será éste o custe do progreso, é isto o que nos deparará o futuro e este turismo que algúns arelaban desesperadamente?

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.