Cargando...

Música 28 agosto 2008

O “Viva la vida” dos ingleses Coldplay

Eles para nada son uns viva la vida e traballaron duro dende o seu anterior disco titulado X&Y, o novo traballo que sacaron ao mercado o pasado 17 de Xuño é boa mostra delo, o seu segundo single é precisamente o que vos traio aqui, escoiteino este pasado fin de semana nun pub de Pontevedra é pareceume absolutamente xenial este viva la vida da banda liderada por Chris Martin, o disco que por certo ten unha portada curiosa cando menos -nela aparece La libertad guiando al pueblo, o famoso cadro que reprenta ao povo francés erguido en armas contra o seu rei no ano 1830- ten por título Viva la vida or Death and all his friends e tomou o nome dun cadro da famosa pintora mexicana Frida Kahlo.

Coldplay levan sorprendéndome máis de dez anos coa súa música, dende aquel fantástico primeiro disco que teño entre os meus favoritos titulado Parachutes, nótase unha evolución no seu son pero non deixan de sorprendendernos con fermosos medios tempos ou con temas máis movidos con riffs de guitarra potentes e baterias atronadoras. Coldplay leva colabourando xa moitos anos con organizacións humanitarias coma Intermón Oxfam e Amnistía Internacional e nunca prestou ningunha das súas cancións para anuncios publicitarios, algo que lles fai merecedores de toda a miña admiración e respecto, aqui téde-lo video.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “O “Viva la vida” dos ingleses Coldplay”

  1. o 2008-08-30 ás 4.45 pm 1.Luis dixo …

    Sen dúbida é un dos meus grupos favoritos por non dicir que é o meu favorito. O outro día merquei o novo album, “Viva la Vida”, e teño que dicir que me gustou, case todas as cancións, sobre todo o single que lle dá o nome ao album.
    Un saudo!

  2. o 2008-08-30 ás 5.06 pm 2.breogain dixo …

    eu escoito moita música e moi variada, pero se hai un grupo que me gusta especialmente, éste son os Coldplay, dende o primeiro disco ata agora, inda non o teño pero si escoitei os dous primeiros singles, violet hill e viva la vida e son dous temazos

    recoméndovos a súa escoita, un saúdo a todos :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.