Pontevedra 30 agosto 2008
E cairon chuzos de punta en Pontevedra..
A estas horas supoño que a maioria de vós estaredes xa enterados do que aconteceu na nosa cidade a pasada tarde-noite, coido que hoxe será un ruxe-ruxe por toda Pontevedra, nos meus trinta e pico anos nunca ollara cousa igual.

Eran as nove menos cuarto da tarde de onte venres cando o ceo comezou a vomitar pedras de xeo, eu estaba xogando un partido do Pro8 có meu cuñado cando comecei a escoitar uns tímidos golpes na fiestra, ao principio coidamos que podian se-los peregrinos que pasan polo barrio de Lérez facendo o camiño de Santiago e que adoitan golpea-lo chan cós seus caxatos, ou se cadra cabalos que tamén pasan por alí a cotío, e como a curiosidade era grande saquei a cabeza para ollar o que acontecia, cal foi a nosa sorpresa cando unha pedra de xeo do tamaño dunha pelota de golf pasoume a escasos milímetros da cara, rapidamente baixamos a rúa e poidemos contemplar o espectáculo en toda a súa crudeza, ao longo de quince minutos e segundo o que esta mañá lin nos xornais, Lérez, Monteporreiro, Poio, Pontecaldelas, Cotobade ou Alba sufriron as consecuencias desta tremenda choiva de pedrizo que arrasou colleitas e provocou inundacións asi como danos nos coches e nalgunhas casas. Sorte de min que tiña o coche a bo resgardo metido no garaxe, porque puiden comprobar de primeira man como remataron abollados algúns vehículos e dou boa fe de que os seguros o luns terán que traballar a fondo.
Casualidade ou cambio climático, eu coido que máis ben o segundo, como dicía, nos trinta e pico anos que teño éste é o segundo fenómeno meteorolóxico máis ou menos estraño ao que podo asistir perplexo, o primeiro como moitos de vós saberedes foi a nevada que caiu na nosa cidade hai uns 18 anos. Por certo, por se algún no estaba en Pontevedra onte, ahí tedes unha foto do tamaño das pedras de xeo comparadas có meu móbil, ¿impresionante verdade?, as pedras claro.







o 2008-08-30 ás 10.28 am 1.Luis dixo …
Pois vaia, eu estaba traballando cando caeron eses pedruscos, saimos un intre fóra pero para ollar para a choiva as gotas eran enormes, pero non vimos caer ningunha pedra de xeo, estabamos noutra parte da cidade. Curiosamente tan só a uns 500 metros de onde eu estaba, na miña casa, si caeron, e miña nai contoume que nunca vira cousa igual na vida.
¿Pero que me dis da treboada desta noite? Foi incrible! Eu espertei duas veces sobresaltado polos tronos, penso que caeu algún raio na cidade.
E esta maña tiven que erguerme moi cedo (as 7) pra traballar e ainda caian raios e centellas, toda a cidade a escuras, o alumado público estaba apagado. Menuda imaxe máis siniestra!
Disque comeza a mellorar o tempo esta fin de semana e o luns teremos sol. A ver se é certo.
A verdade é que a natureza sempre nos sorprende, ¿verdade?
Un saúdo Breogain
o 2008-08-30 ás 3.24 pm 2.Julio Torres dixo …
Hola Breo!!!
Pois si, coñezo a xente que o granizado lle aboiou coches aí en Pontevedra.
Por certo, non sei en Pontevedra pero en Sanxenxo non lembro unha noite de tronada como éste nos meus tamén trinta e pico anos. Incluso en pleno inverno nunca durara tantas horas seguidas. Desde as 9:35 e ata ben avanzada a madrugada deste sábado. Metía medo. Pensei que un trono haría acto de presencia da vivenda. Hai anos xa ten caído algún na eira dos meus avós polo que non esaxero nada.
En fin, o fin de verán pódese dicir que xa chegou.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem (á marxe do tempo claro está)
o 2008-08-30 ás 4.48 pm 3.Nel dixo …
Pola banda de Santiago máis do mesmo pero creo que a pedra non foi das dimensións da comarca de Pontevedra. Iso si, a descarga eléctrica foi tremenda e durou, como di Luís, dende a tardiña de onte até esta mañá. Como ando co horario cambiado e non durmo á noite, e andaba polo salón vendo a TV, comprobei que os lóstregos caíron case toda a noite sen descanso, máis ben cara á banda do mar: Noia, Barbanza, Costa da Morte…
o 2008-08-30 ás 4.56 pm 4.Nel dixo …
En agalega.info
A sarabia causa estragos en coches e casas de Pontevedra
Non me deixa cargar o enderezo
As treboadas tamén afectaron cultivos e vides
http://www.agalega.info/videos/?emi=3903&corte=2008-08-30&hora=14:32:02&canle=tvg1
En Avión chegaron a caer 16 litros de auga nunha hora
http://www.agalega.info/videos/?emi=3903&corte=2008-08-30&hora=14:33:51&canle=tvg1
o 2008-08-30 ás 4.59 pm 5.Nel dixo …
Máis imaxes de Pontevedra en:
http://www.agalega.info/videos/?emi=3903&corte=2008-08-30&hora=14:59:15&canle=tvg1
o 2008-08-30 ás 5.02 pm 6.Brugal con Cola dixo …
Puff, pos yo estab entrenando y justo 20 minutos antes de que empezara a granizar nos fuimos a correr, menos mal que llegamos a los vestuarios justo antes de que comenzase a caer eso.
Por cierto, te copie la foto, jej, espero que no te importe.
Saludos!
o 2008-08-30 ás 5.11 pm 7.breogain dixo …
Brugal: Pola foto non pasa nada, non ten copyright
Por certo, o meu cuñado despois de toda este pedrizo que caeu tamén foi a adestrar có seu equipo de fútbol e supoño que algo “atraparía”
Polo demais, hoxe ollei o telexornal da galega e tamén o de telecinco e entrevistaron a xente e sacaron imaxes e video e impresionaban, foi algo alucinante, hai tempo e tempo que non lembraba cousa así, pola parte de Lérez contáronme que a algún veciño tivéronlle que dar puntos na cabeza dos impactos e tamén a algún deportista que practicaba footing nas xunqueiras de Lérez a esa hora, serian as nove menos cuarto e semellaba que se acababa o mundo, algo inaudito.
E Andrés Milleiro xusto marchou onte para Salamanca de novo e non puido asistir a un “espectáculo” de tal magnitude en directo
saúdo a todos
o 2008-08-30 ás 5.12 pm 8.breogain dixo …
por certo, no meu edificio quedamos sen ascensor e asolagouse o aparcadoiro subterráneo, tamén a alguns edificios colindantes, seica algunhas compañias de segunranza andaban esta mañá colapsadas.
Por último e moi importante:
INFORMÁRONME QUE A POLICIA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA ESTÁ A RECOLLE-LOS DATOS DE AUTOMOVILISTAS AFECTADOS POLA CAIDA DO PEDRIZO NOS SEUS VEHÍCULOS, COMO BEN SABEREDES, OS ASEGURADOS A TERCEIROS (AMPLIADO) SOMENTES TEÑEN CUBERTAS AS LUNAS DO COCHE PERO NON AS ABOLLADURAS, POLO QUE PUIDEN OLLAR ESTA MAÑÁ DIANTE DA COMISARIA DE PONTEVEDRA E LOGO ME CORROBORARON, PODÉDESVOS PASAR POR ALÍ A QUE VOS QUITEN FOTOS DO VEHÍCULO E TOMEN OS DATOS PARA RECLAMAR LOGO CONXUNTAMENTE AO CONSORCIO DE SEGUROS, POLO VISTO TEÑEN UN FONDO PARA ESTAS OCASIÓNS EXCEPCIONAIS DE CATÁSTROFES NATURAIS E DEMAIS.
o 2008-08-30 ás 7.03 pm 9.Nel dixo …
Atopei vía Chuza! este blogue con fotos de lóstregos sobre o Morrazo. Fóra dos desperfectoes e inconvenientes que causou a tormenta, que son moitos, a verdade é que é todo un espectáculo da natureza:
http://chiringhitoblog.blogspot.com/2008/08/lstregos.html
o 2008-08-30 ás 7.06 pm 10.breogain dixo …
as fotos están moi ben, pero o mellor do blogue a cita de confucio
un dia hanvos meter un pao grandísimo polo cú, merda de xente
jajaja, mortal, ¿será verdade esa frase?
o 2008-08-31 ás 5.14 pm 11.Jorge C. dixo …
Dou fé de que non granizou… xestáronse sobre a miña casa cubitos de xeooo moi grandes!!
sálvenos deus de que esas cousas non nos caian enriba jaja!
Gracias polo teu comentario na miña despedida…
Algún día volaterei, pero cando o faga, espero reconverte no BLOG en mooito máis light, tanta política dáme dores de cabeza…
Unha aperta
o 2008-08-31 ás 9.21 pm 12.breogain dixo …
Graciñas polo teu comentario Jorge, agardo que desfrutes nesa viaxe a Liverpool que tes programada, e polo da temática do teu blogue, pois é algo moi persoal por suposto, pero tampouco de política vive unicamente o ser humano, asi que non pasa nada por mesturar diversos temas, ademais estou contigo en que demasiada política levanta dor de cabeza, de todas maneiras non nos queda nada, as eleccións están á volta da esquina…
un saúdo e sorte