Deportes 10 xuño 2007
Chegou o dia…
Hoxe levanteime cedo, cun formiguiño no corpo, pode ser que durmira menos que outros domingos, a iso das oito da mañá xa estaba desperto, hoxe é un dia especial, o Pontevedra C.F. xógase o ser ou non ser nesta fase de ascenso, hai un pouco pasei polo vello Pasarón e os siareiros cordobeses xa bulian por ali, comentáronme tamén que andan pola praza da Verdura de tapas e albariños, os granates inda non espertamos de todo, a noite polo que contan foi longa e hai que descansar, a cita é ás oito e cómpre ter folgos dabondo, o partido será complicado pero nós estaremos alí, unha vez máis, ombro con ombro animando ao noso pontevedriña...
A por eles...!!!!!!!
chúzame -







o 2007-06-10 ás 10.07 pm 1.Fran dixo …
Outra vez será
Outro ano condenados a 2B
Non haberá Pontevedra - Real Sociedad
E non creo que sea pq a Real se quede en primeira pq a este paso xa me dirás..
Vaia unha m… de fin de semana
Un saudo e ánimo meu, pa o ano seguro que subimos..!!!
Fran e Bego
o 2007-06-11 ás 10.27 am 2.Zyrtec dixo …
Mágoa que volva a pasar o de sempre, parecía que desta iba a ser pero vese que nos momentos puntuais non son quen de dar a talla.
o 2007-06-11 ás 4.20 pm 3.breogain dixo …
A grandeza dun equipo non está nas veces que cae, senón nas veces que se levanta…á terceira vai a vencida, e nós estaremos alí para velo.