Deportes 11 xuño 2007
As miserias do fútbol…
Pouco que dicir neste luns de "dixestión", o Pontevedra C.F. deixou por segundo ano consecutivo pasa-la ocasión de ascender á liga profesional, a chamada liga BBVA, outro ano máis que estaremos no "pozo" da segunda B, unha categoria que cada ano que pasa, fáiselle máis e máis pequena ao equipo granate, os siareiros granates respostaron en número e calidade, chamados pola importante cita, pero o Pontevedra C.F. non fixo tal, despois dun parcial de 2-0 nos primeiros vinte minutos, especulou e deixouse empatar antes do fin do primeiro tempo, de pouco vale agora o rematar campións de liga, de somentes perder un partido na casa en todo o campionato ou o feito de que ningún equipo nos marcara dous goles en Pasarón, se cando pasa iso por primeira vez, é nun momento tan importante e decisivo coma éste.
E agora qué..? Pois na miña modesta opinión, o que toca é non perde-la moral, traballar máis duro se cabe, para o vindeiro ano estar en condicións de optar polo ascenso outra vez, haberá un formidable campo novo, unha cidade deportiva que traballará cós equipos da base e coa canteira, hai unha economia saneada e tamén un adestrador como é Xabi Gracia, contratado para remata-la tempada e que foi quén de facernos campións de liga, haberá que facer trocos na plantilla, claro está, algúns serán traspasados e outros ascenderán de categoria por méritos própios, pero nós sempre estaremos aqui, animando e dando alento ás nosas cores, as granates.
Isto vai adicado a aquela xente que no minuto 96 do partido rompeu a chorar no fondo norte, rapaces, homes e mulleres que sentiron esa derrota como algo própio, unha derrota que traspasou o terreo de xogo e que padeceu toda a cidade, estas letras van adicadas en especial á miña xente e a tódala xente do fondo norte de Pasarón.
chúzame -







o 2007-06-14 ás 2.07 am 1.GRANATE_87 dixo …
Xa pasaron 3 días,pero aínda custa asumir este novo pinchazo na Fase e o peor,ter que estar xogando outra vez na p**a 2ªB,en fin,agardemos que á 3ª vaia a vencida e que a temporada que vén sexa a do retorno
unha aperta meu!!
o 2007-06-19 ás 9.02 pm 2.manolo dixo …
cago en diola, e eu en Polonia, cago en todo o que se menea
o 2007-06-19 ás 9.27 pm 3.breogain dixo …
que pasa tron….como vai todo por Polska? agardámoste para este verán en Pontevedra, e tráete contigo algún pivón deses polacos que están para mollar pan..jajaja, unha aperta Manu.