Historia & Pontevedra 5 Setembro 2008
Esta noite comeza a Feira Franca 08
Xa chegou o dia, á noitiña e có anuncio do comezo da feira por parte dos pregoeiros que irán a cabalo polas prazas e rúas da nosa cidade comezará a festa que pon o punto e final ao verán pontevedrés, unha cita agardada polos miles e miles de pontevedreses e visitantes ansiosos de rememora-las nosa historia pasada, unha cita que cumpre o seu noveno ano e que está considerada xa como unha das mellores recreacións do medievo xunto coa pioneira Festa da Historia de Ribadavia (Ourense).

Agardo que todos e todas desfrutes dela e que o tempo nos acompañe, eu como nos anos anteriores confundireime coa xente coma un labrego, e na compaña de amigos e familiares vivirei en primeira persoa esta cita ineluldible coa historia, por se hai algún de vós que inda non tivo a oportunidade de olla-lo programa de actividades aquí o tedes, para que non perdades detalle de nada:
IX FEIRA FRANCA
5 de setembro /2008
18:30 h / Pregoeiros a cabalo anuncian a feira nas prazas do centro histórico.
21:30 h / Actuación musical do grupo Pan de Capazo. Praza da Ferrería.
22:00 h / Laboratorio de Expressao Dramático de Oliveira do Bairro. Teatro ‘A orixe de Pontevedra’, espectáculo de lume. A continuación, explosión de cor e luz na varanda de Facenda.
22:20 h / Pasarrúas musical Art Monium. Praza da Ferrería.
22.30 h / Música e bailes medievais coa Asociación de Coros e Danzas Dúos Pontes. Praza do Teucro.
23:00 h / Monicreques Kukas: ‘Contas do vento acatarrado’. Praza da Pedreira.
6 de setembro /2008
11:30 h / Mostra de oficios. Praza da Ferrería.
11:30 h / Apertura do mercado medieval de artesanía. Arcebispo Malvar.
12:00 h / A Asociación Recreativa de Xeve encárgase do desfile do transporte do viño dende os arredores do convento de Santa Clara en dirección á praza da Peregrina, pasando pola rúa Sarmiento, a praza da Leña, Pasantería, a Ferrería…
13.30 h / Exhibición de cetraría con Falcóns de Galicia. Avda. de Montero Ríos.
16:30 h / Tiro con arco co Clube Boa Vila. Ruínas de San Domingos.
17:00 h / Exhibición de cetraría con Falcóns de Galicia. Avda. de Montero Ríos.
17:30 h / Teatro de rúa. Laboratorio de Expressao Dramático de oliveira do Bairro.
17:30 h / Torneo medieval con Legend Especialistas. Entrada de balde ata completar aforo. Praza de Touros.
18:10 h / Exhibición de ximnasia co Clube Treboada. Avda. de Montero Ríos.
17:30 h / Espectáculo de malabares Vivarte. Praza do Teucro.
20:00 h / Torneo medieval. Entrada de balde ata completar aforo. Praza de Touros.
20:10 h / Concerto de Avelaíña. Avda. de Montero Ríos.
01:00 h / Pasarrúas e fin e festas a cargo de Art Monium.
Animación Dispersa
Art Monium. Música, malabares, xigantes e dragóns.
Foula. Música medieval para trasladarnos ao século XV.
Grupo de Percusión Monte Porreiro.
Pan de Capazo. Espectacular concertó, dinámico e rabioso.
Vivarte. O rincón dos xogos: animación infantil nos xardíns de Castro Sampedro durante todo o día.
Por certo, aqui déixovos unha reseña na Voz de Galicia explicando o operativo que pon en marcha este ano o Concello de Pontevedra no tema da seguridade, lugares onde haberá postos médicos permanentes e demais..
¡¡ Desfrutade da festa e o luns xa me contaredes que tal o pasáchedes !!
chúzame -







o 2008-09-05 ás 2.22 pm 1.RamiroPereira dixo …
Boas breo!
haber se nos vemos manha, eu irei vestido pola tarde e irei a comer tambem polo casco velho hehe.
Abro eu a Revira manha e as 9:30 ou por ahi faremos umha crioulada popular no local assim que haber se te pasas a tomarlhe umha!
pasao bem manha!
o 2008-09-05 ás 2.58 pm 2.breogain dixo …
Desfruta da Feira ramiro, eu tamén fareino por suposto
a ver se aguanta o tempo e polo que contan á tarde estará un pouco despexado, máis que nada para andar polas rúas a tomarlle uns viños e tal antes da cea, este ano vai se-la bomba de xente.
Poi iso, mañá de labrego á feira franca e o domingo de hooligan a Pasarón jajajaja..
un saúdo !
o 2008-09-08 ás 1.20 pm 3.Nel dixo …
Pois xa recuperado da Feira Franca só podo darlle a norbaoa á organización, aos locais e aos pontevedreses en xeral. Paseino en grande a pesar de que non puiden asistir a todos so actos do programa, algún porque é imposíbel con tanta xente (as xustas da praza de touros) e outros porque o propio ritmo do meu grupo ía marcando a festa sen aterse a horario ningún.
Tamén coincido coa proposta de Anxos Riveiro que publica hoxe a prensa sobre a ideoneidade de potenciar máis a ambientación medieval nos locais.
o 2008-09-08 ás 6.15 pm 4.Zyrtec dixo …
Totalmente dacordo cos comentarios de Anxos Riveiro en relación coa implicación dos hosteleiros na ambientación dos locais. Hainos que somentes están a facer peto é mais ou menos sempre son os mesmos. Eu particularmente estiven ceando nun local da rúa Tetuán, e xa vai pola segunda vez, é non se diferenciaba dun día calqueira a non ser que as mesas estaban forradas dun papel marrón e a vaixela era de barro. Quén sí mellora cada ano son as mesas dos particulares, coma a do amigo Javier e familia fronte a entrada do Parador que sempre nos convida a unha taza de viño e algo de picar cando facemos o recorrido pola zona.
Saúdos e hasta o ano que ven.
P.D. Fai uns días falábase neste blog de que si a Feira Franca “era de BNG” e que sí os do PP non estaban dacordo con ela porque non foron eles quen de “inventala”. Pois ben, xa o PP ten a súa Festa Medieval. Tivo lugar en Ponte Arnelas, no Concello de Vilanova de Arousa e limítrofe cos de Meis e Cambados. Parece ser que a festa montaronna os tres concellos, coa inestimable colaboración da Deputación. Gostaríame saber cantos cartos puxo o Ente nesta festa.
o 2008-09-08 ás 11.23 pm 5.breogain dixo …
As sensacións este ano foron moi boas, unha cousa semellante ao ano pasado, pero como xa comentei con algún foreiro pontevedrés, este ano deume a impresión de que habia menos xente “ataviada” coas ropaxes medievais, pero si máis xente que o ano pasado, polo que debo de intuir que viñeron de “miranda” e para a vindeira edición virán xa vestidas.
Concordo coa opinión de Zyrtec ao afirmar que a hosteleria da nosa cidade, a que fai moitos cartos estes dous dias deberia de poñerse un pouco máis as pilas, falla algo no compromiso en canto a decoración, asi como a cidadanía cada ano que pasa esmérase máis na roupa e nas mesas que preparan -houbo verdadeiras marabillas- a hosteleria pasa un pouco de todo, Zyrtec comenta dun local ao que foi, eu comentarei doutro, o Atrevido, a escasos 50 metros do cerne da festa e cheo ate a bandeira, pois non tiña nada de nada decorado o local, e boa sablada que nos deron coas copas que tomamos despois da cea, iso dame que non o cobran un dia normal…. pois se están para facer caixa tamén para gasta-los cartos e exprimir un pouco a seseira.
Agardo que o pasárades ben neste fin de semana no que case oficialmente rematou o verán na nosa cidade, agora toca traballar todo o ano e agardar ao que vén.
un saúdo a todos