Cargando...

Actualidade & Política 11 setembro 2008

11 Setembro 2001

¿Onde estabas ti aquel 11-M cando todo cambiou? Dende aquel feito o mundo non foi o mesmo, podo semellar catastrofista pero é unha verdade coma un templo, este mundo que coñecemos estremeceuse aquel verán do ano 2001.

Coido que serian ao redor das tres menos vintecinco da tarde, xa rematara de xantar e fun botarlle unha ollada á televisión, facendo zapping atopei a CNN, nela estaban a pasa-las imaxes dun avión que colisionara cun edificio nos U.S.A, a verdade é que non lle din creto ao que estaba a ollar, cambiei ás outras canles e nada, cada unha ao seu tema, na CNN seguian a botar aquilo e pouco a pouco xa lle fun pillando o fio, un avión se estrellara -ou o estrellaran a propósito- contra un rañaceos de Manhattan, algo inaudito, chamei ao resto da familia e alí estivemos ollando aquilo perplexos, cun calafrio percorrendo o corpo e sen artellar palabra algunha, daquela outro avión apareceu na imaxe polo outro costado e seguiu o mesmo camiño có anterior, tremendo !!. Eran xa as catro menos algo cando collin as chaves e marchei ao traballo coa radio accesa no coche, ao chegar ao curro comentamos cós compañeiros sobre quén poderia ter feito iso, logo a información comezou a chegar pouco a pouco, tal vez foran os árabes, falaban de Osama Bin Laden, ¡¡ que pelotas !! exclamamos, e daquela o mundo xa non foi o mesmo, miles de mortos, invasión do Irak, daños colaterais, petróleo polas nubes, crise mundial...

Aquel 11 de Setembro do ano 2001 apenas levaba saindo coa -daquela moza- muller uns cantos meses, moito choveu dende ese dia, van alá sete anos pero seguimos a comete-los mesmos erros, os norteamericanos coa súa política exterior de feitos consumados fixéronlle moito dano a moitos, agardemos que lle poñan remedio canto antes, cecais cun presidente negro tal vez.. ¿porqué non?.

Chuzame! chúzame -

8 comentarios a “11 Setembro 2001”

  1. o 2008-09-11 ás 12.25 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Yo recuerdo que estaba aquí mismo, en casa, que aun no habían comenzado las clases y que tenia que ir a entrenar, a las 7 creo.
    Recuerdo estar tirado en cama con mi madre flipando por lo que estabamos presenciando.

    Saludos

  2. o 2008-09-11 ás 1.04 pm 2.Ulmo de Arxila dixo …

    Eu tamén estava na casa, apurando os derradeiros dias do verán antes de reincorporar-me à faculdade. Conxecturou-se de todo, mesmo con que fora un grupo terrorista xaponés. Uns meses depois invadiron o Afeganistán, e, mentres tanto, nós invadíamos as ruas de Santiago protestando contra a LOU.
    Por certo, realmente credes que un presidente, polo mero feito de ser negro, vai mudar as cousas? Cando menos no que se refire à política exterior do Império Ianqui, non o creo. Os americanos, sexan demócratas ou neo-con, guian-se polas ánsias de grandeza e por un mesianismo sen fronteiras. Quizá muden un algo as formas. O fundo…xa está por ver.

  3. o 2008-09-11 ás 2.38 pm 3.Nel dixo …

    Eu tamén estaba no traballo. Alguén chegou coa nova e plantamos un televisor na sala de xuntas do centro. Alí quedamos un par de horas e logo a falar sobre o asunto. Traballar non traballamos nada…. ben, eramos bolseiros así que podedes escusarnos, non?

  4. o 2008-09-11 ás 3.30 pm 4.breogain dixo …

    Eu inda sigo flipando un pouco cando pasan as imaxes pola televisión, a cousa por suposto que xa está moi enfriada e a case ninguén lle sorprende apenas, pero o feito de que dous moles xigantes como eran eses dous avións chocaran contra aqueles inmensos edificios nunha cidade non menos grande é algo estremecedor…

    E no tema de que Barak Obama polo feito de ser negro vaia muda-la concepción que temos dos norteamericanos ou mesmo a súa política de cara ao exterior, pois non o sei, por suposto que o feito de ser negro non ten nada que ver Ulmo, pero coido que terá algo máis de “tacto” ou se cadra “man esquerda” que a anterior administración Bush para supera-los problemas (xa no digo económicos) de política exterior que se lle presentarán, non todo é mandar tropas e bombardear aló onde haxa intereses estratéxicos, chámalle gas ou chámalle pretróleo…. ou senón alomenos confio en que o famoso “change” chegará algún dia.

    Un saúdo :)

  5. o 2008-09-12 ás 8.29 pm 5.Andrés Milleiro dixo …

    Lembro velo na TVE rematando de xantar, pero lembro tamén que esa tarde estaba tan canso de escoitar falar sobre aquilo que baixei ao videoclube a coller unha película, porque tódalas televisións estaban co mesmo. Chamádame sangue frío…

  6. o 2008-09-13 ás 1.19 pm 6.RamiroPereira dixo …

    breo! haber se te pasas hoxe as 10 pola revira que toca trapallada!

  7. o 2008-09-13 ás 7.47 pm 7.eu-xenio dixo …

    Eu-xenio coido que o mellor e non publicar este tipo de noticias que rememoran datas horribles na historia da humanidade. Asi que breogain espero que tomes nota e non sexas outro catastrofista coma os medios audivisuais que se alimentan destas barbaries.Anda…

  8. o 2008-09-14 ás 11.30 am 8.breogain dixo …

    Ola eu-xenio

    Benvido a estas páxinas, coido que éste é o teu primeiro comentario no blogue, como ben apuntas é unha data horrible e que nos lembra o peorciño do ser humán, pero non por iso ten que ser agochada, estou contigo ao afirmar que os “media” aliméntanse destas novas para facer caixa e empregan o morbo para gañar audiencia, a miña intención non é esa nin moito menos, un blogue é unha ferramenta persoal para amosa-las vivencias de cada un e ésta foi unha máis na miña vida, cada vez que me lembro dela penso no que fixen aquel dia e venme á cabeza a tristura que invadia á xente ao ollar aquelas imaxes.. polo demais estou contigo en que non hai que darlle máis voltas e ollar cara adiante.

    Un saúdo e participa cós teus comentarios cando queiras :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.