Cargando...

Música 15 setembro 2008

Celtas cortos - Retales de una vida [video]

portada de Celtas Cortos

Supoño que todos saberedes da miña debilidade pola música folk e tamén por tódalas súas correntes alternativas ou fusións, folk rock, folk metal ou mesmo ska acompañado de gaita ou acordeón. Hoxe quérovos falar do novo disco dunha banda mítica na escena folkie española, poucos de vós haberá que non coñezades aos pucelanos Celtas Cortos, son historia e lenda viva desta música.

A banda orixinaria de Valladolid fundouse no ano 1986 despois de gañar un concurso de folk có nome de Colectivo Eurofolk, logo trocarian o seu nome polo de Celtas Cortos, ¿lembrades a portada dos seus primeiros discos? nela aparecia o guerreiro celta da famosa marca de tabaco e sempre me lembro do meu avó cando vexo ese paquete ou o doutra marca chamada Record. Celtas Cortos levan unha dilatada carreira de máis de vinte anos, pateando festivais por todo o Estado Español e deleitándonos con ese son tan característico que define a unha banda tan comprometida como eles, solidarizándose có movemento okupa, antimilitarista ou ecoloxista entre outros, eu estiven unha tempada vivindo en Valladolid e marchei de alí sen chegalos a ollar en directo, teño tres discos deles pero nunca a oportunidade de ir a un concerto seu, ogallá un ano destes veñan por Pontevedra, sen ir máis lonxe o pasado venres 12/9 estiveron no Milladoiro (Santiago de Compostela). Aqui déixovos có video presentación do seu novo disco 40 de Abril,  disco éste que saiu á venda a primeiros deste mes de Setembro, o seu primeiro single titúlase Retales de unha vida, un fermoso tema sen dúbida.

Por certo, a camisola que leva Cifuentes, a dos Rage Against the Machine coa faciana do Che Guevara ,xa a tiña eu hai uns 18 anos...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Celtas cortos - Retales de una vida [video]”

  1. o 2008-09-16 ás 9.44 am 1.Ulmo de Arxila dixo …

    Unha boa banda, sen dúvida. Descobrin-nos nos meus tempos do instituto, mais comecei a coñece-los mellor hai un par de anos con temazos como “20 de Abril”, case case un hino xeracional!
    Ainda que vivo no Milladoiro, tampouco puden acudir ao seu concerto, mais de seguro que estivo xenial.Só por este “Retales de una vida” xa pagava a pena ir!
    Un saúdo

  2. o 2008-09-16 ás 3.04 pm 2.breogain dixo …

    eu hai tempo que os coñezo, alomenos dende os anos 90 e sempre foron unha banda digna da miña admiración, os meus temas preferidos “lluvia en soledad”, “20 de abril” ou tamén este novo que está moi ben, “retales de una vida”.

    A ver se se pasan por Pontevedra o vindeiro verán, tomen nota no Concello de Pontevedra :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.