Cargando...

Actualidade 23 xuño 2007

A serrin, a serrán, esta noite é San Xoán !!

Xa se chamen lumes, fogueiras ou cacharelas, son as verdadeiras protagonistas desta noite máxica, a véspera do dia máis longo do ano, que coincide có solsticio de verán, un rito céltico que perviveu ao longo dos séculos, un dos máis arraigados na nosa terra, que comeza despois da cea, cando a xente xúntase ao seu redor a falar, cantar ou salta-lo lume purificador.
Dende pequeno sempre acollin gratamente a idea de ir ve-las fogueiras da nosa cidade, ou máis ben dos arredores, adoitaba ir cós meus pais e  gostaba do feito de choutar por riba delas, lémbrome da inmensa fogueira que se facia, e penso que inda se segue a facer na Barca (Poio), a que se facia tamén en beiramar antes de que se urbanizase a avenida do Uruguai, algunha tamén habia no barrio de Campolongo, hoxe adoito ir a ve-la fogueira de A Seca, en Poio, cacharela que reune a moitísima xente ao seu redor e na que, ademais de desfrutar da típica sardiñada, puiden desfrutar nestes últimos anos, dalgunha que outra representación teatral sobre o tema. Tamén nos arredores de Pontevedra, en lugares coma Mourente ou Lérez, séguense a face-las trasnadas habituais desta noite, como roubar carros ou levar cancelas das casas, que logo aparecen nos rincóns máis insospeitados, sen ir máis lonxe, o ano pasado apareceu un carro do País na rotonda da ponte dos "tirantes", este ano, esta máxica noite celebrareina lo lugar de Parada (Tenorio), na casa duns amigos, sempre que o tempo acompañe claro.
     Non podo esquece-lo ritual das "herbas de san Xoán", herbas que hai que deixar en auga para lava-la cara á mañá seguinte, tradición que a miña nai respeitou e da que tamén teño participado algunha vez, agora tamén teño a miña sogra para lembarmo.

     Que desfrutedes da noite...

Chuzame! chuzame -

5 comentarios a “A serrin, a serrán, esta noite é San Xoán !!”

  1. o 2007-06-23 ás 9.01 am 1.amilleiro dixo …

    Jajaja, vaia crack metendo títulos :D

  2. o 2007-06-23 ás 9.14 am 2.breogain dixo …

    Hai que ir cós tempos meu…e iso que non merquei o cupón, xa estaban esgotados en Pontevedra polo visto :)

  3. o 2007-06-24 ás 12.14 am 3.paideleo dixo …

    Eu tamén roubei cancelas nos meus tempos.
    Un saúdo.

  4. o 2007-06-24 ás 1.45 pm 4.breogain dixo …

    Paideleo, eu non cheguei a tanto, fun de pequeno a ve-las cacharelas pero na cidade non se facia iso, quero pensar que por que non tiñamos nin carros nin cancelas que roubar :) pero sei de xente pola zona de Mourente ou de Lérez que o ten feito, coma na maioria dos aldeas e povos de Galiza.

  5. o 2007-06-24 ás 1.47 pm 5.breogain dixo …

    por certo, a ver esas fotos da noite de San Xoán, poñede aqui a url onde podelas ver, eu a ver se subo algunha feita có móbil, agardemos que teña unha calidade decente…

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.