Caixón de xastre 9 setembro 2008
A crise non vai con algúns..
Hai cousa dunhas horas que o ministro de economía, o señor Solbes, nunha entrevista concedida á S.E.R. falaba abertamente de recesión económica e cecais dunha crise cando menos palpable xa, inda que non o recoñecia abertamente si deixaba a porta entreaberta coas súas declaracións e avanzaba que comezaremos a sacar cabeza no segundo semestre do 2009, tendo en conta isto xa sabedes, a consigna é que nos preparemos para aguanta-lo chaparrón que nos ven enriba este ano e tamén o vindeiro, inda que polo que semella iso non lle debe de afectar demasiado a algúns.
Esta foto foi tirada no dia de onte nunha coñecida cadena de distribución de alimentos no entorno da nosa cidade de Pontevedra, semella que a crise económica non nos afecta a todos por igual, porque para gastarse ao redor de 170.000 euros nun Ferrari 430 de 500 cv. de potencia hai que ter unha boa conta corrente e bo gusto, todo sexa dito.








o 2008-09-09 ás 4.28 pm 1.paidovento dixo …
Que razón tes! Ademais dos cartos, algo de bo gusto é necesario.
Bonita foto.
o 2008-09-09 ás 4.38 pm 2.Andrés Milleiro dixo …
Hai que ter “bo gusto” e poca educación para aparcar onde aparcou…
o 2008-09-09 ás 4.49 pm 3.Brugal con Cola dixo …
Mmmm… estaba viendo la matrícula, y no, no es el mio
Quien me diera..
Saludos
o 2008-09-09 ás 11.50 pm 4.breogain dixo …
O fulano foi a comprar ao almacén e aparcou onde lle pareceu, a ver quén é o espabilado que lle di que retire o Ferrari de alí..jeje, por certo, non é o primeiro que vexo pola zona de Pontevedra e o propietario non é un turista de fóra.
Un saúdo
o 2008-09-10 ás 3.29 am 5.Nel dixo …
Unha multiña non lle viña mal, non?
o 2008-09-10 ás 1.14 pm 6.Eddie Vedder dixo …
Non e por levar a contraria, pero eu diria q ese e o Ferrari 430 (8 cilindros, 490 Cv) que e mas barato, podelo conseguir por pouco mais de 179.000 €.
P.D.: O radio CD e compatible con MP3 (así que xa non tes excusa para non mercalo!)
Saudos!
o 2008-09-10 ás 3.19 pm 7.breogain dixo …
Ola Eddie Vedder
Estou case seguro que é un 460 porque lle tirei dúas fotos, e na que lle saquei por detrás, ademais dos tremendos catro escapes que ten puña 460 no lado dereito..
estou por apostar un brazo
un saúdo
o 2008-09-10 ás 11.35 pm 8.breogain dixo …
Pois tiñas razón Eddie
O 460 é un prototipo e ven na web de Ferrari, efectivamente é un 430 e iso que lle vin a praca na parte traseira pero debin de leer mal…vouno rectificar enseguida.
Un saúdo e graciñas pola corrección