Cargando...

Deportes 17 Setembro 2008

Por fin teremos nova web do Pontevedra C.F.

Sen tempo non era, a nova web oficial do Pontevedra C.F. está actualmente en proceso de construcción e diso precisamente advirte o cartel que podemos ollar estes dias ao entrar en www.pontevedracf.com. Nestes dias nas que as augas granates baixan un pouco revoltas, agradécese sen dúbida que o clube teña por fin a magnífica idea de darlle un pouco de importancia a unha das canles de información máis importantes das que dispón, e coa que polo de agora case que non contaban, posto que as actualizacións da mesma eran cousa de risa, sen ir máis lonxe nos meses estivais apenas tivemos información das fichaxes e torneos de verán, senón fora polo foro non-oficial que uns cantos rapaces de Pontevedra manteñen có seu esforzo diario non teríamos información de ningún tipo.

web oficial do Pontevedra C.F.

 O dito, agardo con expectación a nova faciana da web oficial do clube, supoño que con novos contidos, novo deseño e quén sabe se tamén por fin cunha version en galego, posto que ésa é outra eiva importante que ten o clube e á que nunca lle deron a mínima importancia, os socios galego-falantes tamén temos dereito a recibi-la información do clube en galego ¿non?, pois señores do Pontevedra C.F., xa vai sendo hora de que espabilen un pouco e se decaten dunha vez, atendan en galego nas dependencias administrativas (cando se dirixan a vostedes en galego alomenos) e fagan unha web bilingüe como calqueira entidade cun mínimo de sensibilidade social.

Chuzame! chúzame -

5 comentarios a “Por fin teremos nova web do Pontevedra C.F.”

  1. o 2008-09-17 ás 5.45 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    pufff… me parece que pides demasiado
    sobre la nueva web, me parece que con que tenga la plantilla será mucho. y sobre las dependencias, pues yo me conformaria con que me atendieran sin tener q esperar tanto como siempre y con buenas palabras, que cuandos vas por cualquier cosa a la sede parece que vas por tocar las pelotas por la cara que te ponen.

    Y no digamos cuando vas a retirar entradas o a renovar el carnet, parece que te hacen ellos un favor a ti por dejarte sacar el carnet o sacar una entrada.

    Mucho tiene que cambiar ese club.

  2. o 2008-09-17 ás 5.56 pm 2.Miguel dixo …

    Aaaai, iso éche moito pedir meu home. Mira a web do Deportivo, a do Celta, a do Racing… Non che hai nada que facer!
    Saúdos!

  3. o 2008-09-18 ás 1.20 am 3.Andrés Milleiro dixo …

    Sen tempo non foi…

  4. o 2008-09-18 ás 11.01 am 4.tonucha dixo …

    O Pontevedra dubido moito que se galeguice nunca, nin en publicación, nin en megafonia, nin en comunicacións á prensa lembro eu que empregaran o galego nunca, que foi daqueles tempos do “hai que roelo”….

    Un saúdo :)

  5. o 2008-09-18 ás 3.20 pm 5.breogain dixo …

    Ten moita razón Brugal no tocante ao trato dispensado nas dependencias administrativas do clube en Benito Corbal, e ben o sabe tamén Andrés Milleiro posto que fumos xuntos a retira-lo meu carnet desta tempada hai un par de semanas, chegamos alí e nin boas tardes nin nada, somentes olladas de indiferencia e case me atreveria a dicir que de “perdonavidas”, porque semella que nos están a facer un favor cando nos dispensan o carnet, 90 eurazos pagados para sufrir este ano e nin tan sequera as grazas nin un sorriso, nada de nada, lamentable a actitude da xente que manexa o clube… moito teñen que cambiar, moito.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.