Cargando...

Cinema e televisión 13 xuño 2007

Diarios de la calle (Freedom writers)

     O pasado fin de semana puiden ver "Diarios de la calle", protagonizada por Hillary Swank (2007).

     A película trata dunha rapaza de 23 anos, con aspecto inda de estudante e que elixe para estrearse como mestra, un instituto onde os conflitos interraciais están á orde do dia, unha mostra da realidade norteamericana, nese lugar conviven formando ghettos, hispanos, afroamericanos, asiáticos... unha amalgama de nacionalidades e de orixes, que fan que o dia a dia sexa moi dificil, a película pode parecer unha de tantas, pero non é o caso, sinceiramente, non decidin mirala pola súa protagonista, Hillary Swank, senón porque hai uns cantos anos, bastantes penso, mirara aquela película protagonizada por Michelle Pfeifer chamada "Mentes peligrosas" e tiña un bo recordo dela, neste caso é parecido, a mestra trata dia a dia de gañarse aos seus alumnos e vai involucrandose máis e máis nas súas vidas, o seu estilo é rexeitado polo resto do claustro, principalmente pola xefa de estudos, como principal reclamo para acadar que os rapaces se involucren un pouco,  convídalles a conta-las súas vivéncias nun diário, a súa experiencia diária coa vida que teñen fóra, cousa que deparará máis dunha sorpresa.

Chuzame! chúzame -

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.