Galiza & Política 21 Setembro 2008
Suso de Toro, George Steiner e o galego..

Mañá de domingo, son as nove e pico máis ou menos, érgome da cama con algo de resaca e non precisamente de alcool non, senón da victoria contundente, necesitada, e cando menos refrescante do Pontevedra C.F. onte á noite fronte á S.D. Ponferradina en Pasarón, unha victoria agardada por todos e celebrada por moitos máis.
Acendo o ordenador e pescudando algo de noticias na web de Elpais.com, atopo un artigo do galego Suso de Toro falando do affaire Steiner-Língua Galega de hai unhas semanas (ou cecais un mes, non me lembro ben), préstolle atención máis que nada por saber que lle contesta e porque o tema éste acontecido o pasado verán, chamoume poderosamente a atención, non entendo como unha persoa pode falar tan abertamente e dende o descoñecemento máis absoluto dunha língua coma a nosa, cun pasado extraordinario de séculos e un presente e futuro cando menos esperanzador (todo depende da paixón coa que a defendamos) por diante. Para os que non saibades do tema, Steiner nunha entrevista para un medio español contestaba ás seguintes preguntas do xornalista:
-Pero, cambiando de tema, me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego, dice en una entrevista a El País Semanal.
-Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
-¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?
Tales afirmación levantaron unha serie de reaccións por parte de escritores, xornalistas e público galego en xeral que deron a volta a todo o País, porqué temos que aturar ese continuo ataque ao noso idioma e ademais de xente de fóra, que descoñece a nosa realidade, ¿porqué dicir que o castelán está en perigo?, que a única língua de obrigado emprego é o galego, porqué tantas mentiras que alimentan á xente de Galicia Bilingüe e demais sectores da dereita máis ráncia e casposa, porqué crear artificialmente unha confrontación aberta galego-castelán...
Recoméndovos a lectura deste artigo de Suso de Toro no Pais.com titulado Steiner, no; nosotros.
chúzame -







o 2008-09-22 ás 11.44 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …
Segundo lin, o Steiner dixo o que dixo como un xeito de crítica ao “chovinismo rexional que ameaza a unidade de España” (cito de memória). Pero manda carallo que sempre nos toque a nós quedar de irmáns pobres, cando, como ben dis, temos unha literatura medieval impresionante e unha literatura moderna e contemporánea que deu, entre outros, a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Manuel Rivas. Claro que, dizendo o que diz, ao mellor o Steiner non ten nen idea de todo iso.
Por certo, cal será esa universidade galega na que é obrigatório falar galego? A ver ser a de “La Coruña”… Ten boa razón Suso de Toro:no fundo a culpa é nosa, porque somos nós os que difundimos eses prexuízos e somos nós os que deixamos que xente de fóra a crea.
o 2008-09-23 ás 10.30 am 2.María dixo …
Realmente indignante e intimidatoria amén de falsa toda esta campaña mediatica en contra do Galego e de aqueles que o empregamos, eu persoalmente non coñezo a NINGUEN que teña problemas de “entendemento” en Galiza, non coñezo a NINGUEN que non poida ser atendido no Medico en Español , nin no super ,nin na escola , nin na perruqueria, nin no xinnasio, nin no Bar , nin nas discotecas, nin no dentista …. pero si coñezo a MOITOS/AS que teñen problemas para escolarizar os seus nenos en galego , que teñen problemas para ser atendidaos na sanidade pública en galego , nas audiencias , no cine , en calquera acto por máis nimio que sexa da vida cotiá.
A pasada primavera , esperaba o meu fillo na porta do colexio e unha señora moi amable dirixiuse a min , para que lle asinara un documento “ES PARA QUE SE ENSEÑEN EL GALLEGO Y EL CASTELLANO AL 50 POR CIENTO, PORQUE TENEMOS DERECHO AL BILINGUISMO” E eu blanca , pois sin cortarme nada e diante de todas as mamas dos compis do meu neno (preescolar 3 anos)espeteille “Mira xa que temos dereito , repitemo en Galego, e mira xa postos eu asinariache polo 50 porcento , porque neste colexio non se imparten nin o que marca a lei de normalización lingÜistica Amiga Bilingue”
o 2008-09-23 ás 3.10 pm 3.Sísar dixo …
Yo escuchaba el otro día en Onda Cero una crítica exhacerbada hacia Steiner en la que afirmaban que estaba recibía un salario por parte de la Generalitat por un puesto relacionado con la Embajada Catalana en Alemania. Venían a decir que los favores hay que devolverlos. Estaba buscando por google algo de esto pero no he dado con ningún enlace.
o 2008-09-24 ás 12.25 pm 4.breogain dixo …
Para a nosa desgraza, as situacións comentadas por Maria son “o noso pan de cada dia”, realmente non alcanzo a comprender á xente que di que o galego está a desprazar ao castelán, que éste atópase amenazado e demais, cando o certo é que o dia a dia dun galegofalante é complicado por todo o comentado anteriormente, no traballo ou no ocio o galego non pode ser empregado con total liberdade e iso denota que o noso idioma non está normalizado, ese 50% de galego/castelán tiña que ser xa reclamado hai anos e anos, agora veñen con estas historia reclamando igualdade, cando eles son os que abogan por unha cruzada contra o galego…triste realidade a nosa.
Inda temos moito autonoxo os galeg@s