Pontevedra 25 setembro 2008
O ¿restaurante? Burger King chega a Pontevedra
A nosa cidade por fin estará á altura de outras coma Vigo, A Coruña ou mesmo Madrid, por fin as multinacionais norteamericanas do fast-food fixáronse na nosa cidade, tal vez porque somos un mercado emerxente ou cecais porque os nosos rapaces inda non teñen os índices de obesidade infantil que si se disparan noutras latitudes, e iso non se podia permitir por máis tempo..
O ano pasado neste post xa faláramos do tema, daquela o ruxe-ruxe apuntaba a un baixo na Praza da Ferrería, pero as débedas do Liceo Casino de Pontevedra facilitáronlle se cadra unha mellor oportunidade de negocio á xente de Burger King e polo que contan abrirán o seu local no baixo da Praza de Curros Enriquez antes deste vindeiro mes de nadal. Economicamente a instalación deste negocio na nosa cidade é claramente unha boa nova, pero particularmente coido que preferiria calqueira outro local de hosteleria ou restauración que unha macro-hamburgueseria deste estilo, supoño que o paso seguinte será a chegada tamén á nosa cidade do seu principal competidor, a xente do Happie Meal e do famoso paiaso (e non me refiro a Krusty o dos Simpson's), aos que tan ben retrataron no documental Supersize me. Pois nada, na man das nais e pais de Pontevedra confiaremo-la correcta alimentación dos seus fillos, agardemos non ter que laiarnos dentro duns anos ao falar de que a nosa cidade encabeza unha lista cós índices máis altos de obesidade infantil, con se-los primeiros en asmas e alerxias xa abonda.

Por certo, xa postos, agardo por parte do Concello de Pontevedra un control exhaustivo en canto ao tema de eliminación de resíduos e hixiene (máis que nada pola fama que teñen) e por suposto na rotulación exterior do local, que teñan en conta que estarán encravados no medio do casco vello da cidade, asi que non lle manden eses neóns tremendos como noutras cidades, un pouco de sentidiño por favor, asi todo, que podemos agardar dunha empresa que fai anuncios tan machistas e faltos de gusto coma este... en fin.







o 2008-09-25 ás 2.54 pm 1.bea dixo …
Creo que los bajos son del Casino Mercantil e industrial, no del Liceo Casino, son entidades diferentes.
o 2008-09-25 ás 4.01 pm 2.breogain dixo …
efectivamente Bea, graciñas polo apuntamento, é Casino Mercantil e Industrial, o Liceo Casino é o que está na Caeira..
Un saúdo
o 2008-09-25 ás 4.19 pm 3.alberto dixo …
eu tampouco son CLIENTE desta caste de establecimentos, non estou para nada dacordo có tipo de alimentación que ofrecen e moito menos coa elección do lugar de emprazamento, como ben apunta David, ben o podian levar para Vialia, máis que nada para sacalo do casco vello, posto que non creo que sexa un negocio para estar ali, na praza de Curros Enriquez e diante do busto de Alexandre Bóveda (se levantara a cabeza)e coido que estaria moito mellor como digo en Vialia, asi de paso tamén dalle un pouco de vida a todo o conxunto daqueles locales que están un pouco “de capa caida” dun tempo a esta parte.
En Vigo non fan algo asi, ¿porqué en Pontevedra’
o 2008-09-25 ás 5.15 pm 4.breogain dixo …
Ola David
Entendo e comparto a túa postura, tamén teño presumido da miña cidade polo seu casco histórico, no que os locais que ali temos van acordes có seu entorno, por iso digo que o Burger King ben poderia estar ubicado nun centro comercial como Vialia, cheo de rapazada que vai ao cine e tal, non no casco vello, en plena praza de Curros Enriquez, un fermoso enclave da nosa cidade que “sufrirá” dentro duns cantos meses a presenza deste tipo de locais que a pouco que me trabuque, inundarán aquel sitio de neóns, cartaces con grandes fotos na rúa, colectores de lixo cheo de restos que traerán animais e demais, sen contar coa xente que se porá a comer fóra… vamos, non me parece un tipo de negocio para estar concretamente nese sitio, que si, que no casco vello tamén hai taperias, bocaterias e hamburgueserias, pero non comparemos iso cun McDonald’s ou un Burger King.
Por suposto é unha opinión persoal, non quero que ninguén vexa detrás dela un antiamericanismo militante, un anticapitalismo ni nada diso jaja
o 2008-09-25 ás 8.51 pm 5.Carmiña dixo …
Ola, despois de tanto tempo.
Eu son da opinión de que non terá moito éxito. Non vexo ao pontevedreses de “cunca e nécora” coa “hamburguesa e a Cola Cola”.
o 2008-09-26 ás 3.14 pm 6.breogain dixo …
Pois eu si vaticino que este novo negocio en Pontevedra vai ter o seu éxito, sen dúbida, está claro que para algúns de nós este tipo de alimentación non é nin de lonxe a máis sana, xa posto preferiria un Pans&Company ou un Bocatta non seu lugar, calqueira cousa mellor que unha hamburgueseria deste tipo, pero como hai público para tódolos gustos supoño que estará chea tódolos dias, ou alomenos as fins de semana, ademais non son parvos e van face-la inauguración no tempo de Nadal, cando toda a rapazada e moitos pais estarán de vacacións e poderán levalos, asi xa comezarán a colle-la súa clientela…
Como dí o outro,¡¡ éche o que hai !!
o 2008-09-26 ás 6.49 pm 7.Nel dixo …
Totalmente de acordo con Breogain, vai ter éxito entre o segmento da poboación máis débil e dianan da publicidade desta caste de “restaurantes”. E tamén entre moitos pais e nais con pouquiña cabeza que levan alí aos fillos para os aniversarios e outras festas. Ademais de festas nada orixinais, son horteras. Se os levasen ao Lago de Castiñeiras a brincar todo o día por alí.
A súa ubicación na praza e terrorífica e podería chamar por outro tipo de establecementos semellantes con neóns, rótulos e outros soportes publicitarios de reclamo totalmente aggresivos. A pregunta é: Pontevedra non ten algunha ordenanza de ornato específica da zona vella? Non hai ningunha figura patrimonial para a conservación destes espazos? En Santiago, pese ao que poida parecer pola proliferación de negocios cutres, sería impensábel.
o 2008-09-26 ás 9.13 pm 8.breogain dixo …
Nel
Polo que contaron nos xornais, dende o Concello de Pontevedra van coidar ao máximo o impacto visual deste establecemento, asi que agardo non ollar neóns de cores e tremendos rótulos na fachada do edificio, tamén que lle dean caña no senso de non permitir que os resto dos seus produtos estexan pola rúa, a súa publicidade non invada tampouco a vía pública e demais…. dende aqui fago esta encomenda ao noso concello, MÁXIMO COIDADO E CELO CON ESTA XENTE !!!
Polo demais, esta xente xunto cós de McDonalds son atractivos porque son baratos, non sei se olláchedes o fantástico documental SUPERSIZE ME, os menús son baratos e a comida rápida, é a máxima da sociedade consumista na que vivimos….
Un saúdo
o 2008-09-27 ás 12.42 am 9.Zyrtec dixo …
Ben, eu xa son vello dabondo é poido xurar que endexamais probei unha hamburguesa e coido que non vai ser desta. Eu non sei se será ou non negocio para Burger King, pero para que vai selo é para o Casino Mercantil que vai face-lo negocio que ven procurando dende fai tempo e que pode rematar cas penurias económicas que teñen a ésa entidade esmorecendo dende fai anos. Ainda que considero trasnoitados e decadentes este tipo de “clubes” alédome po-los socios (entre os qu teño bos amigos) que levan anos e anos mantendo en pé unha entidade qué, de non ser por esta operación, estaba abocada a desaparecer axiña. Tamén se dí que o contrato de aluguer inclúe cláusulas po-las que os fillos dos socios teñen preferencia a hora de contratalo persoal. Noraboa o Mercantil.
o 2008-09-28 ás 8.35 pm 10.Fiz de Cotobelo dixo …
Olá a todos e todas:
É a primeira vez que escrebo e quero dicer que estou de acordo con algunhas cousas que se din aquí e non con outras (pensades que a poboación albo e feble? vos vistes o vídeo?).
Chámame a atención esa importancia que lle dades ao Concello e nesa liña lanzo dúas perguntas: isto de que se instale uhha cadea de comida rápida estropeando o noso patrimonio, é cousa do Concello ou do mercado? E, se é cousa do Concello, por que mentres o Centro Histórico foi xestionado polo BNG non apareceron estes por aquí e en canto o colleu o PSOE…? Eu penso que isto ten que ver con que o PSOE ten menos sensbilidade polo respecto ao patrimonio que o BNG. Ademais, se lle facemos caso ao que di Teresa Casal, vai tentar que veñan máis negocios deste tipo para o centro histórico.
Pois nada, unha aperta para todos e todas.
o 2008-09-28 ás 9.38 pm 11.breogain dixo …
Ola Fiz de Cotobelo (supoño que o teu alcume virá pola película da Fraga de Cecebre non?…jeje)
Pois a verdade non o sei, eu particularmente coido que o feito de que esta cadena de hamburgueserias vaia a instalarse no casco vello da nosa cidade non é cousa do concello e si do mercado, era evidente que se cidades máis pequenas coma o caso de Vilagarcía que conta con Burger King e MacDonald’s xa hai tempo que os tiñan, a Pontevedra máis cedo ou máis tarde habian chegar tamén, eu non estou para nada en contra da súa apertura, é máis, considero que aumentará o atractivo da nosa cidade (sic) e tamén dará postos de traballos (ou alomenos uns cantos) para a xente de Pontevedra, tamén pode ser que sexan para os fillos dos socios do Casino Mercantil como ben apuntaba Zyrtec, inda que eu a estes non os vexo manchando as mans có ketchup e a mostaza…
No caso da xestión do casco histórico, home, penso que máis sensibilidade polo noso patrimonio que un partido nacionalista non o ha de ter ninguén (sei que algún arremeterá contra min por afirmar isto) pero coido que o PSOE local non ha de ter menos conciencia do importante que é coidalo, eu penso que como dixen é algo que tiña que pasar e pasou agora e temos que “achantar” con elo, agora agardo que lles miren con lupa e que se instalen nesa ubicación conforme as exisencias de patrimonio e do Concello de Pontevedra, que non lles pasen unha.
Un saúdo Fiz, e graciñas polo teu comentario.
o 2008-09-29 ás 7.11 pm 12.Nel dixo …
Unha divertida metáfora sobre a uniformización cultural e lingüística, simbolizada na fast-food e o BIG MMAC, é canción da Korrika asinada porlo grande Fermín Muguruza:
http://www.youtube.com/watch?v=OXuffvjs_Ps&feature=related
Lexendada… con subtítulos.
o 2008-09-30 ás 10.10 pm 13.breogain dixo …
graciñas pola ligazón Nel, xa ollara hai tempo ese video, moi simpático, tamén o de Euskal Herria Jamaika clash pero nunca subtitulado e puiden botarlle unha ollada hai un chisco, ten moi bos temas, o de Bilbo tamén está moi guapo.
Un saúdo
P.D. gústame o ska entre outras músicas
o 2009-02-12 ás 10.46 pm 14.pablo dixo …
el burguer king lo abren emtre hoy o mañana osea k eso de k para navidad nanainanai jueves 12 de febreo
o 2009-03-12 ás 6.20 pm 15.Jonatan dixo …
Cuando algo nuevo y moderno a pontevedra, van y lo cierran. Jaja! eso por hacer mal las cosas..
y según los comentarios q leo akí, no me extraña que no llegaran antes los fast-food, puesto lo retrogrado de los pensamientos. La parte vieja se muere si no se hacen establecimientos de esta magnitud. (siempre y cuando sea controlados y que no destruyan nuestro patrimonio) NO digan que sean malas o buenos los alimentos, digo que es un servicio que debe y tiene que ofrecer una “ciudad” (aunque pontevedra tiene mas de aldea grande que de ciudad)
Y como apoyo, la iniciativa de pillabici! bien por ponte.
o 2009-03-15 ás 1.37 pm 16.breogain dixo …
Jonatan….
¿comentarios “retrógrados”? o bo dun sitio como éste é que cada un pensa como quere, na miña modesta opinión un burguer king non é máis que unha franquicia que por si mesma non vai a revitaliza-lo casco vello de Pontevedra, efectivamente está máis enfocado cara á hosteleria que a outra cousa, pero se as cousas fannas mal pois asi lles vai, que conste que non estou contento con que pecharan ese establecemento, ten que haber oferta para todo o mundo, e se hai xente que demanda un tipo de alimentación asi pois deberian ter tamén un sitio a onde acudir, pero que digas que aqui en Pontevedra cando temos algo novo e moderno o pechamos non é de recibo, dame a impresión que pensas que queremos voltar ao medievo e iso non é asi, Pontevedra debe medrar, pero tomando coma exemplo Santiago de Compostela ou A Coruña por exemplo, non coma Vigo, cidade desordenada e caótica (con todo o meu respecto aos vigueses) claro que quero unha cidade moderna e con industria e comercio, pero hai maneiras e maneiras de facelo, con orde e facendo as cousas ben basicamente.
Un saúdo e graciñas polo teu comentario.
por certo
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031300_15_305546__Pontevedra-Burger-King-ultima-para-reducir-gastos-mientras-espera-reapertura