Pontevedra 30 Setembro 2008
¿Somos cidadáns ou somos vándalos..?
Esa é a pregunta que me fago despois de ler noticias coma a publicada hoxe na edición dixital e local de La Voz de Galicia, os casos de vandalismo na nosa cidade voltan a ser noticia unha vez máis, para a nosa desgraza os energúmenos de turno non tiveron outra cousa mellor que facer que destroza-las árbores dunha das rúas recén remodeladas da nosa cidade, nada novo, todos sabedes do famoso arco do violín que hai no conxunto escultórico da Praza de San Xosé, atacado en imnumerables ocasións, pero como iso papeleiras, fontes e demais elementos do mobiliario urbán..

Esa pregunta tamén vai para o concelleiro de Seguridade cidadá, o señor Guillerme Vázquez, non pode ser que dia tras dia, e sobre todo nas fins de semana, as nosas rúas amanezan con destrozos de toda índole, eu fun o primeiro en parabenizar ao Concello de Pontevedra pola súa decisión de translada-lo botellón do centro da cidade ás aforas, con iso gañamos en seguridade e tranquilidade, pero o que non se pode é tolerar o que acontece tódolos dias na praza de José Martí, onde individuos bébedos e skaters fan que os veciños apenas poidan desfrutar deste céntrico lugar da nosa cidade. Non serei eu quén abogue por sacar máis policia á rúa, pero un chisco máis de control terá que haber por parte dos organismos competentes, se temos unha cidade símbolo da recuperación do entorno urbán, premiada en varias ocasións por ter unha casco histórico que xungue o respecto ao noso patrimonio coa modernidade, non podemos permitir ataques coma os que se repiten dia tras dia contra o patrimonio urbán da cidade, que ao fin e ao cabo tamén é o de tódolos pontevedreses.
chúzame -







o 2008-09-30 ás 11.02 pm 1.David dixo …
Desgrazadamente no é a primeira-e coido que tampouco será a última- vez que este tipo de cousas acontecen na nosa cidade.
Eu sería partidario dunha maior vixilancia, mecanismos? dende mais policía na rúa ata unha opción que todo o mundo parece rexeitar, colocación de distintas cámaras en algúns puntos clave da cidade, que en certo modo van contra a intimidade da xente, totalmente dacordo, pero eu prefiro iso a ter que por exempro a estar amañando o violín cada fin de semana, todo sea dito, cuns cartos da cidadanía.
Poderíase analizar dun xeito mais profundo, porque a un mozo da nosa cidade “faille gracia” valeirar un contenedor de lixo ou romper unha árbore, pero neste tema xa entraríamos na educación e no valor que lle demos a cidade (a cal disfrutamos todos), nembargantes para analizar isto precisaríase moita mais que unha mera opinión.
o 2008-10-01 ás 1.02 pm 2.Fiz de Cotobelo dixo …
Desgrazadamente na nosa cidade (e en moitas outras tamén) hai algúns individuos impresentabeis que estagan o mobiliario urbán. Outra cousa é a quen lle debemos botar a culpa diso: seica hai mozos e mozas que logo do botellón dan volta ás papeleiras, pintan bancos e mexan nas rúas (mal está: persíganse, múltense, quítense do medio e déaselle solución ao problema); mais non é menos certo que quen máis destrozos causa no mobiliario urbano, quen máis gastos provoca para os diñeiros públicos son os coches, as motos, as furgonetas de carga e descarga…(mal está: persíganse, múltense, quítense do medio e déaselle solución ao problema)
Por outra parte falas da Praza de José Martí. Eu aínda pasei esta semana por alí e pareceume que o grupo de mozos e mozas que andaban cos seus patíns eran unha demostración da vitalidade desta cidade e do bonito que é vivirmos nunha vila na que os mozos e os nenos están na rúa a xogar como fixemos toda a vida (logo a vos non vos protestaban as señoras polas bicicletas? non lle destes nunca un balonazo a ninguén?).
Eu non gosto nada das reflexións que tenden a criminalizar á mocedade: estaren os mozos e as mozas na rúa, vivirmos nunha cidade que lles permite estar no espazo público, ver nenos e nenas a xogar ao balón, co patín, a correr e molestándonos aos vellos é un luxo que non ten case nengunha cidade.
E do botellón falamos outro día.
o 2008-10-01 ás 1.23 pm 3.David dixo …
Fiz de Cotobelo,
Totalmente dacordo contigo, a mocidade é boa parte do día a día dos espazos da cidade, e sen a súa presenza a cidade perde vida, chispa, ou como lle queiramos chamar.
Sempre me opuxen a idea xeral de que o botellón e sinónimo de vandalismo, ou que toda a nosa mocidade adícase a facer atrocidades deste tipo na rúa, agora ben, a estes últimos, afortunadamente acostuman ser grupos reducidos, habería que poñelos a limpar as súas pintadas, ou que pagaran todo aquelo que rompen, a partires de ahí, a bo seguro se reducirían este tipo de cousas…
o 2008-10-01 ás 8.37 pm 4.breogain dixo …
Non quixen para nada criminaliza-la mocidade pontevedresa, é máis, eu polo de agora considérome tamén parte dela
O que quixen dicir por é que senón lle poñemos freo a este tipo de actitudes e comportamentos vandálicos despois será demasiado tarde, é asi, eu cando paseo pola cidade e principalmente polo seu casco vello apenas vexo patrullas da policia, como moito un coche patrulla que pasa polo meu carón rapidamente e sen parar en ningures, ¿esa é a vixilancia que fan? onde están as patrullas a pé, que non caso de comportamentos subsceptibles de chamarlles á orde faríanno rapidamente, non sei se olláchedes non blogue de Sísar o video non que dous rapaces con monopatíns fan das súas na zona da recén restaurada balaustrada de pedra ao carón do Museo, iso valeu unha chea de cartos como para que se rompa por unha chorrada dun mozo destes, a iso me refiro, por suposto que estou a favor de que se divirtan na praza de José Martí, pero non en medio da xente que sae do supemercado e subíndose aos bancos cós monopatíns e aos bordillos de pedra que rompen por canta esquina hai…iso non, tamén por senón vos díchedes de conta, tódalas mañás hai un grupiño de catro ou cinco homes (de trinta anos para arriba)bebendo de boa mañá e meténdose coa xente, iso non é de recibo.
No tema do botellón estou totalmente dacordo có feito polo concello, eu tamén practiquei o mesmo, pero a miña pandilla debia de ser das poucas que recollian todo despois de pasalo ben, que para iso habia alí postos uns colectores de lixo, tampouco fun nunca dos que mexaban nos portais e rompian cousas, pero como por culpa duns cantos se criminaliza ao resto as cousas rematan por ser como son, o dito, unha boa medida a de leva-la movida para onde o parque de Rosalía de Castro, agora a ver que pasa no inverno, iso será máis complicado, como non lles poñan unha carpa.
Un saúdo e graciñas polos vosos comentarios
o 2008-10-03 ás 9.12 pm 5.Julio Torres dixo …
Estou contigo Breo!!!
Coido que deberiamos saber pasalo ben e coidar o noso entorno. ¿Ou acaso so sendo vándalos o pasamos ben? Iso so o pode pensar unha persoa irresponsable, inmadura ou vándala, chamémoslle x.
Pódese pasar ben sen tirar papeleiras ou vacialas, romper mobiliario urbano, etc.
Canto ó botellón máis do mesmo: pódese beber pero sen perxudicar a outros. E beber sen deixar todo tirado ou cristais rotos. Sexamos cívic@s. Noraboa Breo pola vosa pandilla. A ver se aprenden outras.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem