Cargando...

Caixón de xastre 13 outubro 2008

Comeza unha nova andaina na miña vida..

No ano e pico de vida deste blogue non tivera un paréntese sen publicar de tanto tempo, hai case dúas semanas que non escribia unhas liñas e abofé de que non era por non ter nada que contarvos, máis ben foi motivado pola falla de tempo. Para os que me coñezades, saberedes que nos vindeiros tres ou catro meses comeza o periodo no que teño máis traballo de todo o ano, asi que o número de publicacións descenderá notablemente polo tanto, ademais a isto haille que engadir unha importante novidade na miña situación familiar, para o vindeiro mes de marzal terei o meu primeiro fillo/a e supoño que todos comprenderedes que iso tamén influirá (e moito) en base a recurta-lo pouco tempo libre do que xa dispuña, atópome moi ilusionado e queria compartilo con todos/as vós, o meu pequeno mundo xa está a mudar e nuns meses farao todavia máis, enceto unha nova andaina na miña vida, a de ser pai e responsable dun cativo, unha tarefa para a que non recibín clases, non hai evaluacións nin notas finais, o dia a dia será o que me examine e pretendo facelo o mellor posible, alomenos porei toda a miña intención, folgos e ilusión para que así sexa.

Nestes dias nos que non publiquei aconteceron unhas cantas cousas interesantes, ademais da crise que nos atenaza e que pasa por se-o punto máis "quente" da actualidade e da que falamos a cotio, quixera destacar como algo significativo o feito de que por fin os políticos galegos se puxeran dacordo e ao unísono condenaran o franquismo -fóra das saidas de todo habituais de Manuel Fraga-, considero moi importante que o Partido Popular de Galicia rompera con Madrid por unha vez na súa vida e fora quén de condena-las atrocidades que se fixeron na Guerra Civil española, agardemos que a partir de agora se abra unha nova xeira na que o entendemento, ou alomenos os acordos puntuais entre os diversos grupos que conforman o arco parlamentar galego, sirvan para sacar adiante iniciativas e propostas que redunden no beneficio de tódolos galegos e galegas, dende aqui quérolle da-los parabéns a Alberto Feijoo e a todo o Pepé galego pola súa valentia, que sabedores da chuvia de críticas que lles caeria enriba fixeron o que debian facer, xa non somentes por principios, senón por solidariedade cós miles e miles de galegos represaliados despois do 1936. 

Chuzame! chúzame -

21 comentarios a “Comeza unha nova andaina na miña vida..”

  1. o 2008-10-13 ás 4.32 pm 1.Sísar dixo …

    Enhorabuena Breogain! Me alegro mucho.

    Menos mal que he entrado hoy porque te iba a dedicar un post en mi blog preguntando por tu ausencia inesperada, al igual que hiciera con el de Brugal.

    Lo de la condena es de sentido común pero es entrar en un juego político que no interesa a nadie. Nadie quiere repetir esa época, hay que investigar todo, hasta el final, pero sin buenos ni malos.

    Un saúdo

  2. o 2008-10-13 ás 7.24 pm 2.Xabier Pérez Igrexas dixo …

    Parabéns polo da próxima descendencia ;) unha aperta.

  3. o 2008-10-13 ás 9.43 pm 3.Julio Torres dixo …

    Noraboa amigo Breo!!!!!!!!

    En fin, xa se sabe que nesta vida hai prioridades. A min ultimamente tamén me pasa. Non son os mesmos motivos pero abofé que son moi importantes. Nesta vida hai que priorizar cando a falta a falta de tempo para certas cousas se impón.

    Un saúdo, e noraboa polo pequeno que ben en camiño. E falando de camiño, éste faise ó andar. E so discrepo nunha cousa: sí hai avaliación finais. Un neno que foi ben educado é unha moi boa nota. Hai país e nais que se relaxan é pretenden educar un fillo con 11 anos ou máis. Aí xa é difícil. Non obstante estou totalmente convencido que ti vas ser un bo mestre e que non vas ser ningún irresponsable.

    NORABOA E QUE VEÑA CON SAÚDE, COMO SE SOE DICIR.
    Un saúdo desde Sanxenxo e nunca mellor dito: CARPE DIEM

  4. o 2008-10-13 ás 9.51 pm 4.maria dixo …

    Noraboa!!!
    Creo que imos coincidir algunha que outra vez na consulta de xinecoloxía , parece que imos contribuir a tentar minimizar o impacto da crise de natalidade que vai sufrir Europa e principalmente Galiza , o meu vai ser o segundo e creo que me planto … pero a experiencia de ter un neno é maravillosa ninguen deberia perdela por non poder compaxinalo co traballo ou por estar agoniados coa hipoteca .. pensadeo xeración do 74 en adiante .. estades na idade..

    Felicidades Breo…e a ela tamén…

  5. o 2008-10-13 ás 11.31 pm 5.Luis dixo …

    Moitisimas felicidades!!! Menuda ledicia saber que vas ter un fillo!!! Alédome moitísimo por ti, a verdade é que ter un fillo é algo marabilloso, de seguro que serás un bo pai, xa o verás!
    Noraboa de novo, unha aperta!!

  6. o 2008-10-13 ás 11.38 pm 6.Brugal con Cola dixo …

    Bueno bueno bueno, mis más sinceras felicitaciones por lo máximo que puedes hacer en tu vida, traer un hijo al mundo.

    Estoy muy contento por ti. Y no te preocupes por el blog, que las prioridades son las prioridades.

    Saludos

  7. o 2008-10-14 ás 9.13 am 7.Ulmo de Arxila dixo …

    Xa me parecia a min que estas auséncias tiñan que ter a sua xustificazón, e vaia xustificazón! Muitos parabéns por ese blogueiriño que vén en camiño, Breo!

  8. o 2008-10-14 ás 12.25 pm 8.M. dixo …

    Parabéns, querido amigo.

  9. o 2008-10-14 ás 10.38 pm 9.Carmiña dixo …

    Noraboa!
    Preparate a fondo, acabouse a boa vida. Seino de boa tinta… A min quedame todavía un pouco de parques infantis… igual coincidmos… Eu de ti empezaria por hacer acopio de houras de soño, dorme moito, que logo o botaras en falta…

  10. o 2008-10-14 ás 11.01 pm 10.Nel dixo …

    Caramba… parabéns!

  11. o 2008-10-14 ás 11.45 pm 11.maruxa dixo …

    Parabéns para ti e Chus novamente!!Estou segura de que ides ser uns pais exemplares.bks

  12. o 2008-10-15 ás 4.32 pm 12.O Traveseiro dixo …

    Imaxino que lle sacarás o carnet do Pontevedra, ¿non? Como cantaban os Eskorbuto: “Nada más nacer, empiezan a corrompernos”, jaja.

    Moitos parabéns! ;)

  13. o 2008-10-16 ás 3.23 pm 13.breogain dixo …

    Moitas gracias a todos e todas polos vosos comentarios e as vosas mostras de afecto, como xa vos dixen é algo que ultimamente ocupa unha boa parte do meu tempo de lecer, pero prometo seguir posteando de cando en vez.

    Inda restan uns cantos meses para o feliz dia e polo de agora estoume preparando para facelo ben cando toque, un sitio que vos recomendo para cando algún de vós tome a decisión de ter un fillo é un blogue chamado http://www.papaenapuros.com , un blogue con infinidade de información para futuros pais coma min. Polo de agora pouco máis vos podo dicir, agardo que todo vaia ben e para a primaveira do 2009 teña o meu primeiro fillo que no caso de ser un neno supoño farei socio do Pontevedra C.F…jeje.

    Un saúdo a todos , Sísar, Brugal, Travesseiro, Manuel Jabois, Nel, Carmiña, Ulmo de Arxila,Luis, Julio Torres, Maria, Xabier Perez e Maruxa (que xa o sabia), graciñas a todos unha vez máis.

  14. o 2008-10-16 ás 7.02 pm 14.M. dixo …

    “Agardo que todo vaia ben e para a primaveira do 2009 teña o meu primeiro fillo que no caso de ser un neno supoño farei socio do Pontevedra CF”

    Hostias!!!

    ¿Y si es niña qué pasa con ella?, ¿la hacemos socia de un club de calceta?, ¡Hombre, no me jodas! ¿No hay aficionadas en Pasarón? ¿No tiene el Pontevedra una vicepresidenta?

    Un saludo.

  15. o 2008-10-16 ás 8.56 pm 15.breogain dixo …

    M.

    jajaja, si home, non é un comentario machista pola miña parte nin moito menos, faltaria máis !! somentes estaba a mostra-la miña predilección porque fóra un rapaciño e levalo conmigo tódolos domingos aos partidos, no caso de que sexa unha nena pois tamén, pero como na miña familia non temos ningunha muller afeccionada ao fútbol pois xa non contaba con elo :)

    de tódalas maneiras véxote atento e “ao quite”, agardo non fagas unha “columna” deste desliz meu, xa estou imaxinando o encabezado.

    “O blogueiro machista (e iso que se definía de esquerdas)” :)

    Un saúdo afectuoso

  16. o 2008-10-16 ás 11.24 pm 16.M. dixo …

    Ah, ya sé lo que quieres! Un niño, pero no un niño que se siente en la grada comiendo pipas contigo (porque eso también lo podría hacer una niña, después de todo, aunque con menos garbo), sino un niño que a los dieciséis años esté ya metiendo goles en Pasarón y llenando de orgullo a su padre, ¿eh? Acabáramos! Tú quieres un pichichi! Entonces claro que no es machismo… Es interés!! Jajaja.

    Un abrazo

  17. o 2008-10-18 ás 12.46 am 17.RamiroPereira dixo …

    PARABENS BREO!!

    A FALARLHE GALEGO! HEHE

  18. o 2008-10-19 ás 8.37 pm 18.F. Míguez dixo …

    Por razóns ben diferentes, eu tamén lle estou bastante distante da blogosfera, pero non vou deixar pasar a ocasión para mandarlle os meus parabéns.
    ¡Unha aperta!

  19. o 2008-10-20 ás 2.36 pm 19.breogain dixo …

    Graciñas de novo a F. Miguez e a Ramiro Pereira….

    F. Miguez: Eu como xa comentei, ando bastante liado (e máis que andarei có paso dos meses) pero nembargantes tentarei postear algo de cando en vez…:)

    Ramiro Pereira: Descoida que así o farei, alomenos o meu fillo/a ha de ser bilingüe, aprenderá o galego na casa e na escola dende cativo.

    Un saúdo a todos :)

  20. o 2008-10-22 ás 11.19 pm 20.deisler dixo …

    Moitas felicidades !!!
    Fai tempo que non deixo ningunha resposta no teu blogue , pero o feito de que vaia aumentar a familia granate en pouco tempo merece a pena…:-P

    un saúdo !

  21. o 2008-10-23 ás 9.52 pm 21.breogain dixo …

    Ola Deisler

    Graciñas por te pasares de novo por aqui e graciñas pola túa felicitación, agardemos que todo vaia ben e que efectivamente teñamos outr@ siareir@ granate máis

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.