Música 17 outubro 2008
Fuxan os ventos, historia viva do noso País

Moitos de nós medramos coas súas cancións, temas éstes que hoxendia seguen a ser verdadeiros himnos que nos falan de liberdade e democracia para tódolos galegos e galegas. Fuxan os ventos formáranse aló polo ano 1972, cando eu inda non nacera, a cidade de Lugo foi o berce dun grupo que chegou a se-lo máis senlleiro da canción protesta galega xunto con Suso Vaamonde, cancións como cantiga para adormiña-la lembraza, romance da lavandeira ou meu amor mariñeiro fanme tremer de emoción despois de máis de vinte anos escoitándoas, as súas letras fálannos das penurias e dificultades que os nosos pais e avós pasaron no seu dia e do dificil que foi acada-lo grao de autonomia e de liberdade que temos os galegos e galegas do século XXI.
Estes dias están de novo de actualidade, Fuxan os ventos voltan con novo disco após de máis de vinte anos sen subir a un escenario, presentarán Terra de soños este fin de semana en Compostela e algún afortunado poderaos ollar en directo, namentres eu déixovos con un dos mellores e máis coñecidos temas que gravaron, meu amor mariñeiro, unha canción que fala do mar e dos nosos mariñeiros, de liberdade e de esperanza nun futuro mellor para Galiza... o video non é oficial, é unha montaxe fotográfica que atopei no youtube, de tódalas maneiras disfrutádea igualmente.
chúzame -







o 2008-10-19 ás 11.36 am 1.Julio Torres dixo …
Que pena que non se sepa valorar na súa xusta medida a este grupo e a música galega en xeral.
Vivan Fuxan os Ventos por moitoa anos máis.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem