Actualidade 16 xuño 2007
Alternativa aos “McDonalds”…?
En Pontevedra, cada dia cobra máis forza o ruxe-ruxe de que a cadea "Burguer King" está interesada nun baixo da Praza da Ferreria, onde antes habia un salón de videoxogos.
Para os que non teñen tempo suficiente para xantar, cousa cada dia máis habitual na sociedade de hoxendia, acaba de abrir a que pode ser a nova cadea de "fast-food" galega, o seu primeiro local está en Vigo e polo que contan pensan estenderse por toda a xeografia galega, chámase "Cocó" e agardan se-la competéncia na nosa comunidade aos McDonalds ou Burguer-King.
http://www.vieiros.com/nova/59076/primeira-cadea-galega-de-comida-rapida-e-natural







o 2007-06-16 ás 11.27 pm 1.Andrés dixo …
Pois o de MCDonald’s nese local tamén o escoitei moitas veces, pero non sei, non se acaba de concretar…¿xa están moi avanzadas as obras do baixo ou?
De tódolos xeitos…non me parecería mal que abrisen, máis variedade na cidade, outra cousa é que eu vaia, que posiblemente vaia nalgún intre, calqueira é libre de decidir onde come…e no outro, a verdade que sorprendiume moito cando o lin en Vieiros, e a ver se abren en Pontevedra tamén, pode ser interesante
o 2007-06-18 ás 11.27 pm 2.breogain dixo …
eu, a verdade fun so unha vez na miña vida a un mcdonals, foi cós meus pais en Madrid hai unha chea de anos, a segunda vez que fun a unha hamburgueseria yankie foi ao burguer king de Vigo, daquela levei unha decepcións inmensa, pedira a DOBLE JUMBO e a minucia que me trouxeron non cubria nin moito menos as miñas “expectativas”….moita foto pero pouca cousa.
o 2007-06-19 ás 4.42 pm 3.haikeroelo dixo …
pois parece que non ia ser mcdonalds,senon burguerking,pero semella que teñen problemas de licenzas.
en pontevedra coas boas bocaterias que temos non teñen moito futuro estas multinacionais
forza ñan!!
forza chiringuito!!
forza tris!!
xD
o 2007-06-19 ás 8.10 pm 4.breogain dixo …
ufff..ese “rei de picas” do tris, tremendo bocata que me teño tomado nese garito, o malo é que sempre estaba cheo e rara vez collia sitio
o 2007-06-20 ás 10.21 am 5.amilleiro dixo …
forza tris (ese criollo especial!)
haikeroelo, xa non hai problemas de licenzas..díxome un “pajarito”
o 2007-06-20 ás 10.03 pm 6.breogain dixo …
hai anos que non vou polo Tris,era tremendo, teño tamén ido polo “tio gilito” e non estaba mal, o Ñam xa era outra cousa..irei polo Burguer King un dia destes..? quén sabe, tal vez probe.
o 2007-07-02 ás 11.50 pm 7.breogain dixo …
por certo, esta tarde estiven no Centro comercial “Gran Via” de Vigo e mirei o restaurante do que falo nesta entrada, o “Cocó”, tiña boa pinta, comida moi saludable, sandwiches, ensaladas e demais..