Cargando...

Política 20 outubro 2008

A campaña electoral comeza ben cedo

Dende o pasado fin de semana comezou unha campaña de acoso e derribo ao bipartito que governa actualmente na Xunta, ou alomenos iso é o que dan a entender cartaces coma o que hoxe mesmo puiden ollar perto de Pontevedra, concretamente ao pasar por diante do Centro Comercial A Barca, en Poio, aqui tedes un semellante, xa que nese intre ia conducindo e non lle puiden tirarlle unha foto.

O mural en cuestión, que non vai asinado, reproduce nun perfecto galego normativo o lema de GRACIAS POR NADA Y ADIÓS BIPARTITO (o de Poio estaba en castelán), non sei se desconfiar da xente de Galicia Bilingüe ou da Mesa por la libertad lingüistica, pero segundo puiden ollar en Libertad popular, dame que é cousa da xente da gaivota, que polo que semella andan moi convencidos de gaña-las vindeiras eleccións autonómicas. Non quero entrar a valorar o feito de facer unha campaña tan valente, inzando o País de cartaces anónimos pagados por Génova (supoño), pero amigo Alberto, asi coido que non se gañan unhas eleccións, non estamos nos EE.UU. para facer campañas de desprestixio deste calado, ¿que será o seguinte?, ¿sacar algún video morboso no youtube, tal vez algún pasado turbio de Quintana en Allariz ou de Touriño nas praias do Salnés ?, para pasado incómodo xa temo-lo de Manuel Fraga na ditadura.

Chuzame! chúzame -

11 comentarios a “A campaña electoral comeza ben cedo”

  1. o 2008-10-21 ás 6.34 pm 1.Nel dixo …

    Non vas descamiñado. Xa intentaron enmerdar nos xulgados a Caride co tema da ampliación da autovía do Barbanza ou levantan suspicacias sobre o Plan Eólico. Da banda de Prisa tamén dispararon a Táboas por mor dunha promoción en Pereiro de Aguiar e resultou ser un bulo….

    Eu mirei un deses valados enfronte da Autoridade Portuaria. Neste caso estaba en galego pero xa sabes que o PP de Poio, polo menos os seu voceiro, é moi fino e nada metido na campaña contra o galego. Se pensan que van gañar as eleccións cunha oposición baleira e titubeante van de cu. Rueda é un auténtico incapaz político (eu non sei se razoa ou xestiona ben pero o que é a oratoria… que para iso ocupa o cargo que ocupa: para falar ante os medios) e Feijoo desinflouse pouco a pouco, na miña humilde opinión.

    Disto danse conta até os militantes populares (tomo a ligazón de Chuza!):
    http://libertadpp.blogspot.com/2008/10/la-estrategia-de-mover-el-santo.html

    Aburiño!

  2. o 2008-10-22 ás 7.33 am 2.F. Míguez dixo …

    Eu tamén vin un letreiro de eses por Pontevedra o outro día, e púxenme de bastante mal humor. Primeiro, que falta alá para medio ano para as eleccións e, se empezan agora coa camapaña, vai ser un semestre duro de aturar. Segundo porque, por moi mal que o fixera o bipartito, o que non asina unha declaración política como esa, está sendo algo entre deshonesto e cobarde, que inspira máis ben pouca confianza se aspira adquirir responsabilidade política.

  3. o 2008-10-22 ás 3.11 pm 3.breogain dixo …

    Si Nel:
    polo que puiden ollar andan un chisco nerviosos nas ringleiras “populares”, pero de ahí a comeza-la campaña tan cedo, pois semella algo excesivo pola súa parte, que traballen máis e descalifiquen menos e cecais asi gañaran o voto dos galegos e galegas nas vindieras autonómicas, desprestixiando non se chega a ningures, traballando si.

    F. Miguez:
    eu tamén concordo contigo no deshonesto da mensaxe, ou máis ben no feito de non ir asinada por ninguén, inda que a maioria da povoación galega sabe de sobra quén está detrás desa mensaxe, a campaña será dura e polo que semella longa, se comezan agora con ela non nos queda nada que aturar…

    un saúdo aos dous :)

  4. o 2008-10-22 ás 3.26 pm 4.maruxa dixo …

    Ola a tod@s!Aínda non tiven oportunidade de ollar esos letreiros,pero a verdade é que paréceme bastante patético por parte dos supostos pepeiros facer ese tipo de oposición a uns meses das eleccións… como non muden de rumbo,coido que o van ter moi jodido.O único desprestixio que acadan con iso é o deles mesmos.

    un saúdo

  5. o 2008-10-23 ás 4.06 pm 5.nemesis dixo …

    Eu, francamente, do PP empezo a estar farta. Nunca os votei, pero a verdade e que tampouco son acérrima a ningún partido (parece que cando suben, todos fan o mesmo). Ultimamente vou máis que farta, entre as chorradas de Rajoy, as estupideces (ver blog) da nosa alcaldesa, o de Poio (que o coñecín de casualidade e que mal me caeu)… e pasando logo por a falta de ética que ten o noso concello (sanxenxo), en fin, que xa me fixeron varias e xa distingo de que van. Si non ai maletín, NADA. ASI DE CLARO.

  6. o 2008-10-23 ás 10.03 pm 6.breogain dixo …

    Ola nemesis

    Coido que é a primeira ocasión que escrebes neste blogue, se é asi benvida, senón desculpa pola miña memoria de peixe :)
    Estou contigo en que algúns políticos xa comezan a fartar á xente, o tema dos 480.000 euros do coche de Touriño, das saidas de tono de Aznar có troco climático, dalgunhas tonterias de Rajoy falando de inmigración e algunhas cousas máis non axudan a que a xente confie neles e na politica como o medio para mellora-las súas vidas, se para algo lles votamos é para que nos solucionen os problemas, non para que supoñan un problema máis nas nosas xa de por si axitadas vidas, alomenos agora coa crise temos posta a confianza neles, eu alomenos, en que nos saquen deste grande problema canto antes e se pode ser con poucas baixas ou víctimas mellor.

    Un saúdo e graciñas por te pasares e por certo, segundo puiden ollar no teu blogue es veciña de Dorrón, eu teño un compañeiro de traballo que tamén é de ahí :)

  7. o 2008-10-24 ás 7.27 pm 7.Nel dixo …

    Xa tedes unha proba máis da oposición lela do PpdG nestes tempos. Hoxe, a deputada ourensá López Abellá insinuou que había coches oficiais da Xunta equipados con neveiras de 6000€. Como o debate era con Quinatana, este retouna a baixar logo da sesión para, en compañía dos xornalistas, botarlle unha ollada ao coche oficial do Vicepresidente. Ela non baixou, pero si os xornalistas. Había unha neveira, é certo, pero era de 15€ e mercada nun súper.

    Deixando a anécdota é curioso como veñen a facer política populista tras 16 anos de derroche continua das arcas públicas da Xunta. Calquera que teña traballado na Xunta pode coñecer mil e un gastos supérfluos de protocolo.

  8. o 2008-10-25 ás 3.10 pm 8.alberto dixo …

    jajaja, eu tamén escoitei o tama da neveira do carrefour de Quintana (carrefour ou froiz, non sei), tanto que levaba un minibar e tal e era unha puñeteira bola, xa vedes, difama que algo queda é a súa filosofia.

  9. o 2008-10-28 ás 12.57 am 9.David dixo …

    O do PP empeza a ser-cando menos-vergoñento, o último que lín é que se adican a criticar o custo do mobiliario do despacho de Touriño…, a quen se lle ocurre, si algo consiguen con isto e poñerllo mais doado o bipartito para acadar unha nova victoria electoral, eu ainda sin ser votante do PP se fixeran críticas constructivas-inclusive traducidas en propostas- pararíame cando menos a escoitalo, pero con este tipo de argumentos, tan só demostran que ainda non asumiron a pérdida do “trono”

  10. o 2008-10-28 ás 11.57 am 10.paideleo dixo …

    Éche o que hai.

    Quería felicitarte pola próxima paternidade e ogallá que todo saia ben que iso é o máis importante.

  11. o 2008-10-29 ás 10.09 am 11.breogain dixo …

    aquí tedes un artigo publicado por Manuel Jabois no diario de Pontevedra de hoxe, fala do xa famoso tema da neveira de Quin…non ten desperdicio.

    http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/19314.html?lang=gl

    Unha vez máis o humor ácedo de M. sorpréndeme, dende aqui un saúdo a un dos máis ilustres visitantes deste blogue.

    Paideleo, graciñas polas felicitación e pola visita :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.