O mundo da cervexa 18 Xuño 2007
Cervexa galega no Brasil.
Os brasileiros poderán desfrutar da nosa cervexa máis internacional moi cedo, segundo informan dende "Hijos de Rivera S.A.", chegaron a un acordo coa cadea norteamericana Wall-Mart para distribuir nos seus establecementos do Brasil as marcas de cervexa "Estrella Galicia" e "1906", unha proba máis da "globalización", agora que a marca de cervexa portuguesa "Super Bock" está facéndose un oco no mercado galego, a marca galega cruza o atlántico e vai dar a un país lusófono... en fin, cousas do mercado.
chúzame -







o 2007-06-21 ás 9.53 pm 1.deisler dixo …
agora os brasileiros poderán desfrutar da mellor cervexa do mundo…esperemos que non acaben levando todas a Brasil :P.
A Superbock non me convence…Estrella forever ! xD
o 2007-06-21 ás 11.52 pm 2.breogain dixo …
ummm, probaches a Super Bock de limón..? ao estilo da Shandy, está moi ben, eu a super bock normal probeina por primeira vez en Porto e a verdade, non me defraudou, moito mellor que a oura portuguesa, a Sagres, pero á Estrella non chegan nin de lonxe
un saúdo deisler !!
o 2007-06-22 ás 1.36 am 3.GRANATE_87 dixo …
Onde estean a Guiness e a nosa Estrella,que se quite o demais
APERTAS!!
o 2007-06-22 ás 1.52 am 4.breogain dixo …
Vas a ter razón, se escollo unha rubia, Estrella Galicia, e se escollo unha stout, ummm, estou entre a Tennent´s ou a Guiness…non sei
o 2007-06-23 ás 1.31 am 5.Valde dixo …
A Estrella Galicia fai tempo que emigrou, fíxoo o mesmo tempo que os galegos, e podo dar fe disto. Ainda conservo na miña carteira unha etiqueta dunha Estrella Galicia bebida nun bar español de Sydney, onde ademais, nunha tenda dun tio da Coruña, puiden comprar un pack de 6 cervexas para celebralo novo ano. O dito, a Estrella globalizouse cando os galegos decidiron buscar traballo noutros lares.
o 2007-06-24 ás 1.41 pm 6.breogain dixo …
Valde, déixasme flipado có teu comentário da “estella galicia” nas antípodas, eu de verdade, poderia imaxina-la en Suiza, Alemaña e Portugal, e claro,tamén no resto do Estado Español, pero que chegara a Australia xa me parecia ir demasiado lonxe, pero está claro, con este mundo globalizado, hai de todo en todas partes
o 2007-07-11 ás 11.53 pm 7.Suso dixo …
Chamarana no Brasil “Estrela Galiza”??
Xa que estamos postos a por preferencias, eu decántome porla Murphys, estiven na fábrica deste e tamén na da Guinnes e a da Kilkenny, iso si que é turismo e o demáis son parvadas! XD
Iso si, a que máis consumo é a Estrella Galicia… non podía ser outra sendo que o seu xenial inventor é o máis ilustre home que deu a miña vila de As Pontes!
o 2007-07-12 ás 12.12 am 8.breogain dixo …
pois está claro, a miña loira preferida a Estrela e se me quedo cunha stout pois poderia ser a Tennent´s que tomaba hai anos e que agora non atopo por ningures, non hai maneira, tamén gosto da guinness por suposto e algo da douglas, a kilkenny xa non me mola tanto, a beamish non está mal pero prefiro o resto..
o 2007-11-05 ás 6.04 am 9.Alex dixo …
VIVA VIVA
SOU BRASILEIRO E VOU TER AQUI NO BRASIL
A MELHOR CERVEJA DO MUNDO
o 2007-11-05 ás 5.15 pm 10.breogain dixo …
Alex, ben-vindo ao meu blogue, a Estrella-Galiza é a cerveja da que eu máis gosto, desconheço as cevejas do Brasil máis as de Portugal sim as tenho probado, a Super-bock e a Sagres preferentemente, saúdos dende a Galiza para toda a gente do Brasil
o 2007-12-01 ás 4.17 pm 11.sandokan dixo …
pareceme fantastico q vaian vender estrellas a brasil, porq a fabrica de coruña debe producir moitisimo para abastecer o mercado galego tan comido polos webos por mahou, heinikken, san miguel, dam, super bock, e de seguro q hai mais. o q non poden vender aqui o venden fora, pero custa mais levar os productos de coruña a brasil, inda asi de seguro é mais barata no brasil q na coruña.
os bebedores de sempre estamos olvidados, ben podian coidar a sua casa e logo sair fora os domingos e ben vestidos e peinadiños.
un coridal saudo
o 2007-12-01 ás 4.35 pm 12.breogain dixo …
sandokan, estou totalmente dacordo contigo, “Hijos de Rivera” (sic), os propietarios da marca comercial de Estrella Galicia xa podian coidar máis aos que teñen na casa, os galegos e galegas fumos dende sempre o seu principal activo, os que facendo o boca a boca cós amigos e tamén coa xente de fóra fixemos que a marca sexa coñecida alá onde hai un galego, eu polo miña parte sempre lles falei moi ben dela aos meus curmáns (da meseta) e agora véndese en Madrid e anúnciase nos valados publicitarios do estadio Calderón.. estrella galicia ten que coidar máis aos seus clientes porque senón corre o risco de morrer de éxito.
un saúdo e graciñas pola visita.